"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, drenado polo río Tajo (2.810 h [1996]). A economía baséase na produción agrícola (cereais, hortalizas, algodón e tabaco) e na gandería ovina e bovina. Destaca a igrexa parroquial do s XVII e o castelo de Villalba que pertenceu aos Templarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Cebola.
-
-
ceboliño.
-
Aplícase aos nenos e nenas grosos.
-
-
-
Aplícase a calquera animal que se ceba.
-
escrofularia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porco que se ceba para unha segunda matanza no mes de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto espiñento de follas caducas e trifoliadas, de cor verde clara, de ata 7 cm de lonxitude. As flores son hermafroditas e de cor vermella, e dispóñense en grupos; os froitos, en legume, son de cor negra. Orixinaria de Brasil, foi introducida en Europa en 1771. En Galicia está presente en parques e xardíns. OBS: Tamén recibe o nome de árbore de coral.
-
-
de ceibar.
-
ceibe.
-
-
PERSOEIRO
Arpista. Coñecida artisticamente como Esmeralda Cervantes, estudiou en Barcelona, París e Viena. Realizou unha brillante carreira como concertista por Europa e América do Sur. Fundou en Barcelona unha Academia de Ciencias, Artes e Oficios (1885-1887) dedicada á formación da muller. É autora da obra Historia del arpa (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xoán Pacheco.
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Construción situada normalmente nas periferias e zonas máis humildes dos centros urbanos, elaborada con materiais ruíns ou de refugallo. Dedicada a uso residencial, pode catalogarse como infravivenda debido ás súas deficiencias estruturais e a que carece das instalacións e subministracións fundamentais (electricidade, traída de auga, saneamento, etc).
-
Construción sinxela destinada a conter distintos elementos, como artes de pesca, ferramentas, aparellos de labranza ou empregada como refuxio para os pastores.
-
Casa pequena e humilde.
-
Compartimento situado na proa do barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno urbano consistente na construción espontánea de infravivendas (barracas ou chabolas) na periferia dunha cidade. Está presente tanto en países non desenvolvidos, nos que a precariedade económica non permite dispor da infraestrutura necesaria para acoller o inmenso éxodo rural dirixido cara ás grandes aglomeracións urbanas, coma nos países desenvolvidos, nos que os colectivos de poboación máis desfavorecidos non teñen a posibilidade de acceder á vivenda debido, fundamentalmente, a motivos económicos (especulación urbanística e elevados prezos do solo e da vivenda), burocráticos (irregularidades documentais dos inquilinos) ou sociais (marxinación étnica, desestruturación persoal e familiar, drogodependencia, desemprego), razóns que en moitas ocasións se producen de xeito simultáneo e interrelacionado. Algunhas das manifestacións máis características deste fenómeno son os bidonvilles dos países africanos, as palafitas fluviais na península de Indochina, as favelas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que vive nunha chabola.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo francés. Especializado en xeografía urbana e rexional, foi director do Instituto de Xeografía da Universidade de París. As súas obras máis importantes son Les villes (As cidades, 1948) e o Traité de Géographie Urbaine (Tratado de xeografía urbana, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico alemán. Emigrado a Inglaterra nos comezos do nazismo (1933), traballou con H. Florey en Oxford no estudo das substancias antibacterianas de orixe orgánica. Publicou Penicillin as a Chemostherapeutic Agent (A penicilina como un axente químico-terapéutico, 1940), que foi o punto de partida da utilización terapéutica da penicilina. Recibiu, xunto con A. Fleming e H. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de arquitectos londinense que en 1952 gañou o concurso para a construción dos edificios que eran propiedade do estado na City de Londres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de chambar.
-
-
Que ou quen é pouco hábil para levar a cabo aquilo que realiza ou que o fai mal.
-
Persoa que compra e vende cousas usadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción propia dun chambón.
-
PERSOEIRO
Compositor e clavecinista. Descendente dunha saga de coñecidos organistas, está considerado como o precursor dos grandes clavecinistas franceses. Foi primeiro clavecinista de cámara de Luís XIV e tivo numerosos discípulos, entre eles os Couperin, Robert Cambert e Jean-Henri d’Anglebert. Compuxo obras exclusivamente para clave dunha elaborada ornamentación, como a colección Pièces de clavecin (Pezas de clavecín, 1670).
VER O DETALLE DO TERMO