2 ceibo
2 ceibo
Nome científico:
[Eryhrina crista-galli, Fam das fabáceas]
s
m
[PLANTA]
Arbusto espiñento de follas caducas e trifoliadas, de cor verde clara, de ata 7 cm de lonxitude. As flores son hermafroditas e de cor vermella, e dispóñense en grupos; os froitos, en legume, son de cor negra. Orixinaria de Brasil, foi introducida en Europa en 1771. En Galicia está presente en parques e xardíns. OBS: Tamén recibe o nome de árbore de coral.