ceifa

ceifa

(< ár çaifa ‘verán, sega’)

  1. s f

    Colleita do cereal.

    Sinónimos: sega, seitura.
  2. s f

    Época na que se realiza a recolección dos cereais.

    Sinónimos: sega, seitura.
  3. s f

    Temporada na que se leva a cabo un labor determinado.

  4. s f

    Esforzo que comporta a realización dunha tarefa.

    Sinónimos: xeira.

Palabras veciñas

Ceibe | 2 ceibo | 1 ceibo -ba | ceifa | Ceilán | ceilanés -sa | ceilómetro