Ceibe

Ceibe
[PUBLIC]

oceiro da Asamblea Nacional Popular Galega (ANPG), que comezou a súa edición en 1977. Trátase dun boletín de tendencia nacionalista no que as seccións varían segundo o número. Trata todo tipo de temas, xa sexan relacionados coa política, coa cultura ou coas noticias internacionais ou nacionais sobre emigración, mar ou agro. Dá conta tamén das xuntanzas e das actividades internas da Asamblea. Na última folla aparece unha viñeta que trata un tema de actualidade. No número de abril de 1980 publicou as “Coplas contra o decreto do bilingüismo”, compostas polo Gaiteiro de Ventosela para o Día das Letras Galegas de 1980. Tanto os debuxos como as citas de Castelao están sempre presentes.

Palabras veciñas

ceibado -da | ceibar | ceibe | Ceibe | 2 ceibo | 1 ceibo -ba | ceifa