"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas arbustivas ou arbóreas, da familia das anacardiáceas, que presentan as follas alternas e as flores dispostas en inflorescencias en cima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de primates, da familia dos cébidos, que presentan unha lonxitude duns 80 cm, dos que a lonxitude da cola representa a metade. Aliméntanse de froita, insectos e mel, e habitan na Güiana e nunha parte de Brasil. A especie P. pithecia coñécese co nome de saki.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de planificación, de carácter indicativo, vixente en España entre 1964 e 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa para o fomento da produción e a explotación racional do marisco e para outorgar unha protección especial ás zonas de produción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plan educativo que se levou a cabo despois da aprobación da Lei Xeral de Educación de 1970. En 1971 a Secretaría Xeral Técnica do ministerio de Educación e Ciencia deu a coñecer o informe de planificación educativa en Galicia. Nese documento, facíase un diagnóstico do sistema educativo galego en que se asumían as carencias na política oficial e se marcaban obxectivos e accións de desenvolvemento para todos os sectores educativos sobre a base dun mapa de cabeceiras comarcais de concentración dos servizos educativos. Con este Plan pretendeuse, ademais, asegurarse a participación do Banco Mundial. Os obxectivos básicos de actuación en Galicia foron: a) lograr a escolarización total de alumnos en período de ensino obrigatorio (6-13) e b) realizar concentracións escolares co fin de mellorar a calidade do ensino e reducir os custos de funcionamento dos centros, reconvertendo as escolas unitarias e mixtas en grupos escolares. Polo que respecta ao ensino universitario primouse o crecemento da oferta...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura (36.690 h [2001]). Centro comercial dunha rica rexión agrícola, desde o s XII é sé episcopal. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, formada por dous edificios construídos en diferente época (ss XIII-XIV e 1498), e as igrexas de San Nicolás e San Pedro (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piso do Plioceno situado debaixo do Calabriano e por riba do Zancliano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Plasenciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma creada en 1976 e controlada pola Federación Gallega do PSOE, en que se integraron as forzas da esquerda non nacionalistas de Galicia. Versión galega da Plataforma Nacional de Convergencia Democrática, aceptou a reforma política negociada cos sectores aperturistas que procedían do Franquismo e a recuperación do Estatuto de Autonomía plebiscitado en 1936. Formou parte de Coordinación Democrática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en xullo de 1975, integrada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE), varios partidos socialdemócratas e democristiáns, e algunhas organizacións de extrema esquerda, como a Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) e o Movimiento Comunista de España (MCE). Mantivo un diálogo co goberno e tivo grandes dificultades para coordinar criterios e actividades, ata que se uniu en 1976 coa Junta Democrática de España, promovida polo Partido Comunista de España (PCE), e formou a Coordinacion Democrática en marzo de 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pleno poder que confire un xefe de estado a alguén. Preséntase ao comezar a exercer unha misión diplomática e habilita os diplomáticos a acreditar a súa capacidade xurídica, para contratar e obrigar en nome do propio estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa revestida dos máis amplos poderes dun xefe de estado para levar a cabo a súa misión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
polivalencia.
-
-
Forma de goberno en que o poder reside nun grupo social minoritario ou reducido, privilexiado polo seu poder económico, ou no que o criterio de elección dos gobernantes ou dos que participan nela se mide segundo a riqueza que posúen.
-
Conxunto dos ricos que teñen poder ou influencia debido á súa riqueza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección producida por pneumococos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos do Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ferrol a partir de decembro de 1981. Editada pola Sociedade de Artistas de Ferrol, nun primeiro momento naceu como separata da revista Arte Galicia para logo converterse en publicación independente. De periodicidade anual, aínda que irregular, estivo dirixida por Antonio M. Barcón, Guillermo Rocha, Carlos Barcón, Manuel Vázquez e Elia Rico. Dedicada á poesía española e galega, contou coa colaboración de destacados poetas das xeracións de posguerra.
-
-
-
Organización e regulamentación interna dun estado ou dunha colectividade.
-
Regulamento establecido para o manter a orde e a seguridade pública.
-
-
-
Corpo ou forza que vela polo cumprimento e o mantemento da orde e a seguridade pública. Ten o deber de garantir as liberdades e os dereitos individuais e colectivos. As súas funcións adoitan distribuírse en tres ramas: policía administrativa, policía de seguridade e policía xudicial. O precedente da policía moderna foi a creación por parte de Luís XIV de Francia do cargo de lugartenente de policía da cidade de París (1660). Joseph Fouché fixo un corpo de policía política. No campo da policía política foron especialmente inhumanas a okhrana rusa e a Gestapo, as SS e as SD alemás. Despois de 1945 a Interpol coordinou os servizos policiais dos países de Europa e outros continentes. En España fundouse en 1908 a garda de asalto. Durante o Franquismo a policía xudicial dependeu do poder executivo. Dividida en dúas xefaturas superiores e dúas delegacións especiais (Illes Balears e Canarias), a súa entidade fundamental estaba constituída pola comisaría, servida...
-
Axente que pertence a un dos distintos corpos de policía.
-
policía autonómica
Corpo policial civil, xerarquizado, cunha competencia e unhas funcións situadas teoricamente entre as da policía nacional e as da policía local. As comunidades autónomas creárona de acordo co establecido no artigo 149.29 da Constitución de 1978. En Galicia creouse en 1991 co nome de Policía Autonómica Galega mediante a adscrición dunha unidade da Policía Nacional á comunidade autónoma e ao servizo da Xunta de Galicia, segundo o previsto no artigo 27.25 do Estatuto de Autonomía de Galicia e a Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade. O financiamento depende do ministerio de Interior e da Xunta de Galicia. Da súa competencia é, entre outras, a vixilancia de edificios e sedes oficiais e a protección de autoridades e do patrimonio histórico. En Catalunya creáronse os Mossos d’esquadra e en Esukadi a Ertzaina. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía local
Corpo policial dependente dun concello, agás Barcelona e Madrid, onde se denominan Guàrdia Urbana e Policía Municipal, respectivamente. As súas funcións son a protección das autoridades locais, a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións, a organización do tráfico urbano, a colaboración coas forzas e corpos de seguridade nacionais e coa policía autonómica cando sexa necesario, e a resolución de conflitos privados. Só poden actuar no ámbito do municipio, salvo en situacións de emerxencia e previo requirimento das autoridades competentes. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía nacional
Corpo nacional de policía creado coa súa estrutura actual en 1978 para protexer os dereitos e liberdades dos cidadáns e garantir a seguridade cidadá. Coa Lei Orgánica 2/1986, de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade, unificouse o Cuerpo de Policía Nacional e o Cuerpo Superior de Policía no Cuerpo Nacional de Policía. Das súas funcións no Estado destacan a expedición do Documento Nacional de Identidade e do pasaporte, e o control de entrada e saída do territorio nacional de españois e estranxeiros. Depende do ministerio de Interior. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
policía secreta
Policía nacional que non leva uniforme regulamentario pola confidencialidade do seu traballo.
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á policía.
-
Tipo de cine que combina a acción e a intriga. Malia que as producións cinematográficas deste xénero comezaron a principios do s XX, o seu florecemento produciuse en EE UU a partir da década de 1930, en paralelo ao cine negro, e especialmente tras a estrea do filme The Lights of New York (1928), a introdución de ideas visuais procedentes do expresionismo alemán e a presenza de actores que se converteron en prototipos do xénero, como James Cagney ou Humphrey Bogart. Este primeiro ciclo pechouse co filme The Roaring Twenties (1939), de R. Walsh, e un novo comezou coa produción The Maltese Halcon (1941), de J. Huston, en que o detective privado se consolida como protagonista principal. A partir deste momento, realizadores como B. Wilder, S. Heisler, T. Garnett, O. Welles e A. Hitchcock levaron á gran pantalla destacadas producións cinematográficas. Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn, The Godfather I (1972) e The Godfather II (1975) e,...
-
Subxénero literario baseado na investigación de actos criminais por parte das forzas policiais e, especialmente, pola acción de investigadores privados. Caracterízase pola intriga e o misterio que, levados ata o final, permiten manter a atención do lector. Co tempo acentuáronse os trazos de violencia e erotismo coa novela negra. Os comezos deste subxénero remóntanse a mediados do s XIX, con Edgar Allan Poe, e o seu máximo florecemento deuse na escola anglosaxoa con sir Arthur C. Doyle e G. K. Chesterton. Destacan tamén outros autores posteriores como A. Christie, E. Wallace, W. Irish, Ellery Queen (Frederic Donnay e Manfred Bennington), R. Stout e o belga G. Simenon. Na literatura hispanoamericana cómpre salientar a J. L. Borges e A. Bioy Casares, na española a M. Vázquez Montalbán e na literatura galega Carlos G. Reigosa pódese considerar o iniciador dun tipo de novela que continúan, entre outros, Carlos Jaureguizar, Xabier López, Aníbal Malvar e Xosé Manuel Villanueva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
obesidade.