"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Francisco Gómez de Sandoval Rojas y de Borja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e historiador. Monxe beneditino, foi bispo de Tui (1608-1612) e Pamplona (1612-1620). Escribiu Antiguedad de la ciudad y iglesia catedral de Tuy y de los Obispos que se save aya auido en ella: sacada de los concilios y cartas reales y otros papeles (1610).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo industrial químico suízo, con domicilio en Basilea. Fundouse en 1886 para dedicarse á fabricación de colorantes e en 1938 constituíuse en sociedade anónima estendendo as súas actividades aos produtos farmacéuticos, alimentarios e agroquímicos. En 1967 adquiriu o control de Wander e entrou no mundo da dietética. Está presente en España a través de Sandoz SAE, establecida en Barcelona desde 1924. En 1996 fusionouse con Ciba-Geiby para formar Novartis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bocadillo feito con dúas ou máis rebandas de pan de molde recheas de distintos ingredientes.

    2. Estrutura dos metalocenos que se caracteriza pola disposición do átomo central do metal de transición entre os dous anións do conxunto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de pequenas illas da Antártida occidental, de orixe volcánica e con vulcanismo activo nalgunhas delas (337 km2). Descubertas por J. Cook en 1775, constituíron unha dependencia das Malvinas ata que en 1985 se converteron en territorio británico coa illa de Xeorxia do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Antigo nome das illas Hawaii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser saneado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de sanear.

    2. Control das condicións ambientais durante a produción, transformación, envasado, acondicionamento e consumo dos alimentos, para evitar contaminacións biolóxicas ou impurezas químicas.

    3. Obrigación legal de carácter dispositivo que ten o vendedor de garantir ao comprador a posesión pacífica da cousa alienada (saneamento por evición) e a inexistencia de gravames ou defectos ocultos na cousa aínda que os ignore (saneamento por gravames ou vicios ocultos).

    4. Conxunto de medidas técnicas, organizativas e financeiras para reconstruír as bases eficientes dunha empresa que se atopa nunha situación crítica, coa intención de mantela e salvar os postos de traballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mellorar as condicións hixiénicas e de salubridade dun determinado ambiente ou lugar.

    2. Controlar os alimentos aplicando técnicas de saneamento.

      1. Asegurar a reparación dun dano que pode sobrevir.

      2. Acondicionar un terreo ou construción, liberándoo de problemas de humidades ou fugas de auga.

      3. Amañar ou por en bo estado algo.

    3. Cumprir, o vendedor ou alienador, a obriga de saneamento.

    4. Levar a cabo operacións reais ou contables encamiñadas a obter grandes beneficios, sexa a curto ou a longo prazo, como eliminar aqueles activos que reducen a rendibilidade dun patrimonio ou imputar a custos a parte dos activos no proceso produtivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación xudía que tiña a suprema autoridade relixiosa, con atribucións xudiciais, en Xudea, ou Palestina, baixo o dominio de Roma, ata que o Imperio Bizantino aboliu o patriarcado da antiga provincia romana. Antes da destrución de Xerusalén (70 d C) estaba formado por sacerdotes do templo baixo a presidencia dun gran sacerdote. Posteriormente foi constituído por mestres da lei baixo a presidencia dun patriarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Ortoá (Sarria). O seu cumio acada os 666 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe. De época preislámica, tivo unha vida errante e fóra da lei, e converteuse no heroe da literatura clásica de aventuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Arte e Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), desde ese ano foi director de Radio Fene. Participou na fundación da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, da que foi secretario desde 1989. Relator en numerosos encontros, publicou Pública e local: radio municipal en Galicia (1993), Maniños no pasado (1995), con Mª X. Arias, As orixes de Astano (1996) ou O Seixo no pasado (1998), con varios autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. De nome Antonio Giamberti, foi axudante do seu irmán Giuliano da Sangallo. Arquitecto militar, restaurou Castel Sant’Angelo (desde 1493) e construíu a Rocca de Civitacastellana (1494-1499), Poggio Imperiale de Poggiobonsi (1495-1513) e Nepi (1499-1503). En 1515 proxectou e iniciou a fortaleza vella de Liorna. Desde 1518 centrou a súa actividade en Montepulciano, onde construíu ao gusto do s XVI, os palacios Tarugui, Contuci, Cervini e Del Pecora, e a igrexa de San Biagio de Montepulciano (1518-1529).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, sobriño de Antonio e Giuiliano da Sangallo. De nome Antonio Cordiani, especializouse en fortificacións. Traballou en Roma desde 1503 con D. Bramante. Construíu Santa Maria di Loreto (1507) e, unha vez morto R. Sanzio, dirixiu as obras de San Pedro do Vaticano. Para a familia Farnese construíu a Rocca Oaolina en Perusa, a capela Paolina e sala rexia no Vaticano, parte de vila Farnese en Caprarola e o Palazzo Farnese en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e medallista, fillo de Giuliano da Sangallo. De nome Francesco Giamberti, foi coñecido tamén como il Margotta. Fixo a estatua de Paolo Giovino, no claustro da igrexa de San Lorenzo en Florencia (1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Giuliano Giamberti.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Roscón feito con fariña, manteiga, ovos e mel ou azucre.

    2. Conxunto dos ingredientes necesarios para preparar este roscón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circunscrición administrativa do Imperio Otomán que equivalía a un distrito. Un conxunto deles constituía unha provincia.

    VER O DETALLE DO TERMO