"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. En Roma, xunto con A. da Sangallo o Novo, proxectou a catedral de Montefiascone e a capela Petrucci na igrexa de San Domenico, Orvieto (1518-1521), seguindo o estilo severo de Bramante. Despois de 1527 traballou en Verona, onde levantou o Palazzo Bevilacqua (1531?) e levou a cabo as defensas militares da cidade (Porta Nuova, 1533-1540; Porta Palio, 1542-1547). En Venecia fixo o Palazzo Grimani (1556-1561).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Carballeda (Piñor). O seu cumio acada os 692 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Fujian, China, situada na beira do río Sha Hsi (160.691 h [1990]). Ten unha planta de aceiro e ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Membro da corte dos reis de Aragón en Nápoles, formou parte da Academia Pontaniana co nome de Actius Syncerus. Escribiu Gliuommeri, monólogos satíricos de carácter popular, Farse, Sonetti e canzoni, cinco Eglogae piscatoriae, tres libros de Epigrammi e tres de Elegiae, a novela pastoril L’Arcadia (1480-1484), en prosa e verso, e o poema relixioso De partu Virginis (1513-1526).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facies do Estampiano Inferior, do que se considera unha subdivisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Sannoisiano.
-
PERSOEIRO
Pintor. De nome Ansano di Pietro de Mencio, é un dos representantes da escola sienesa e foi xefe dun obradoiro gótico. Influído por Il Sassetta, o seu estilo caracterízase polo refinamento e o decorativismo aínda trecentista. Destacan Coronazione della Madonna e Madonna col bambino (1450?).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘deus’.
-
PERSOEIRO
Pintor xaponés. Protexido polo shōgun Toyotomi Hideyoshi, conseguiu unha gran fama. Decorou o palacio Mamoyama (1592) e realizou os murais de Dainak’Kuji en Kyoto (1620).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Catedrático de economía, foi profesor de dereito político, administrativo e economía política na Universidade de Santiago do Compostela entre 1854 e 1858. Foi subsecretario do ministro de Finanzas Laureà Figuerola i Ballester, quen ademais o iniciou no coñecemento de H. Ahrens. Durante a súa estancia en Santiago de Compostela, onde tivo como discípulos a Uxío Montero Ríos e Saturnino Álvarez Bugallal, enfrontouse ao clero compostelán pola súa oposición á influencia teocrática. Escribiu Mis memorias (1852-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Especializado en pintura de historia, evolucionou cara a temas realistas. Foi director do Museo del Prado (1873). Das súas obras destacan Episodio de Trafalgar e Alfonso XII, e as decoracións dos teatros Real, Apolo e La Zarzuela de Madrid e o alcázar de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos revolucionarios provenientes dos estamentos populares, durante a Revolución Francesa. O nome deriva do feito de levar, a partir de 1792, o pantalón longo de raias en lugar do culotte ou calzón curto, considerado un dos símbolos do Antigo Réxime. Caracterízanse por unha ideoloxía democrática e radical, participaron activamente nos alborotos revolucionarios, e a súa influencia foi importante no período xacobino (1793-1794). Foron neutralizados definitivamente por Napoleón (1799).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio dun só andar, obra de J. W. von Knobelsdorf, construído preto do palacio real de Potsdam en 1744 e en 1747, para Federico II de Prusia. Combina as influencias do clasicismo francés e do barroco alemán.
-
-
Relativo ou pertencente ao sánscrito.
-
Forma ‘elaborada’ (ṣa
-
Literatura escrita en sánscrito que está constituída polos catro vedas, escritos en sánscrito védico, que conforman a literatura védica. Á parte desta, a literatura sánscrita está representada polos textos dos śruti e pola inmensa literatura épica do Mahābhārata e do Rāmāyana. No xénero narrativo destaca Panchatantra, unha colección de fábulas didácticas. Por outra banda, unha sección importante da literatura doutrinal é coñecida como Sūtra, Śastra, Tāntra, āgama e Purāna, ademais dos comentarios e divagacións dos representantes das diferentes escolas filosóficas. En sánscrito tamén pode localizarse a literatura primitiva búdica, ademais da literatura conformada por obras representativas do dereito, da medicina, da álxebra, das matemáticas, da astroloxía e do erotismo, onde destaca o Kama-Sutra.
-
-
PERSOEIRO
Política e economista. Foi asesora do secretario de Estado de Universidades e Investigación (1994-1996), vicerreitora de Estudantes (2000-2003) e vicerreitora para a converxencia europea na Universidad Carlos III (2003-2004). En 2004 foi nomeada ministra de Educación e Ciencia no goberno de José Luis Rodríguez Zapatero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe feudal, unha das sete máis importantes do Reino de Nápoles polos grandes feudos que reuniu e polos personaxes ilustres que deu. Ten por xenearca ao normando Turgisio, compañeiro (1045) de Robert d’Hauteville, conde de Puglia-Calabria, que lle deu a señoría de Sanseverino. En 1463 formáronse as dúas grandes liñas da liñaxe: a liña primoxénita dos condes de Marisco e príncipes de Salerno, que se extinguiu á morte de Ferrante de Sanseverino (1507-1568), e a liña dos condes de Tricarico e príncipes de Bisignano, que extinguida en 1606 pasou á rama dos condes de Saponara, que se extinguiu en 1888. Por graza real os títulos foron herdados polos descendentes da filla do derradeiro príncipe de Bisignano, que pasaron a apelidarse Costa-Sanseverino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das agaváceas, acaules e rizomatosas, ou ás veces arborescentes, de follas grosas, ensiformes, de flores brancas ou rosadas, dispostas en acio, e de froitos baciformes. Consta dunhas 50 especies, que habitan en África e Asia tropical. Empréganse como fibras téxtiles e en xardinaría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do hebreo, diminutivo de shamash ‘sol’, polo tanto ‘pequeno sol’ ou ben ‘fillo do sol’. Chegou ao galego a través do grego Samsón e do latín Samson ou Sampson. A Biblia di realmente Simsôn, pero como o texto orixinal non escribía as vogais, a restauración da vogal por i considérase errada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Último dos sete xuíces de Israel, foi o heroe nacional da loita contra os filisteos. Consagrado nazareno, despois de confiar a Dalila o segredo da súa forza, que residía nos seus cabelos longos, foi rapado e entregado por esta aos filisteos, que o cegaron e o encarceraron. Durante unha festa derribou o templo de Dagon, onde perdeu a vida xunto coa de milleiros dos seus inimigos.