"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Castelo situado cerca de Blois (Orléanais), no departamento de Loir-et-Cher, unha das mostras máis destacadas da arquitectura renacentista francesa. Foi construído por orde de Francisco I sobre un antigo pavillón de caza dos condes de Blois. As obras iniciáronse en 1519 pero non se remataron ata 1659. É probable que o italiano Bernabei Domenico da Cortona fixera os planos, non obstante levounos a cabo Pierre Nepveu, chamado Trinqueau. Tamén se pensa que Leonardo da Vinci puido traballar neste proxecto cando vivía na corte de Francisco I. O corpo central, de planta cadrada e coroado por un gran número de chemineas, conta cunha dobre escaleira helicoidal. No exterior destacan as torres cilíndricas nos ángulos do edificio e no corpo central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e naturalista francés. Coñecido como Adelbert von Chamisso, dirixiu o xardín botánico de Berlín e introduciu o concepto de alternancia de xeracións (1819). Entre 1815 e 1818 realizou unha viaxe ao redor do mundo que describiu en Reise um die Welt mit der Romanzoffischen Entdeckungsexpedition (Viaxe ao redor do mundo coa expedición descubridora de Romanzoff, 1821). Ademais, publicou Peter Schlemihls wundersame Geschichte (A marabillosa historia de Peter Schlemihl, 1814). Como poeta cultivou baladas e outras formas románticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e teórico chinés do marxismo. Incorporouse á base comunista de Yan’an, onde se converteu en secretario político de Mao Zedong. Membro do buró político do partido comunista chinés, entre as súas obras políticas cómpre salientar Dez anos de guerra civil (1944), As catro grandes familias da China (1946) e Un inimigo do pobo: Chiang-Kai-shek (1954). Tivo unha participación decisiva na Revolución Cultural de 1966. Acusado de facer complot contra Mao Zedong, encarcerárono (1971) e condenárono a dezaoito anos de cadea (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría da cabra ata que deixa de mamar.

    2. Macho da cabra adecuado para procrear.

    3. Anzol sen carnada. Ex: Botei o chibo e collín tres maragotas.

    4. Aparello con dous anzois que se emprega para pescar a castañeta.

    5. Especie de barba do gando cabrío.

    6. Pequena barba que se deixa medrar na parte central do queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán dos Andes, no Ecuador, no ángulo noroccidental da provincia de Chimborazo (6.272 m). É a cima máis elevada do estado. É un volcán apagado. A primeira ascensión que coroou a cima foi a de Edward Whymper e J. A. Carrel no 1880.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘gaita’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘música’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Khristov.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico de número atómico 82 e peso atómico 207,2, que pertence ao grupo IVA da táboa periódica. Aínda que se atopa raramente en estado natural e é relativamente escaso, localízase en depósitos extensos, feito que facilita notablemente a súa explotación. O mineral máis importante do que se extrae é a galena (PbS). A obtención do metal ten lugar coa transformación dos minerais no óxido (PbO) e coa súa redución posterior con carbón. O refinado do metal efectúase mediante un proceso electrolítico. O metal ten unha cor branca azulada característica, con brillo metálico, e é moi brando, dúctil e maleable. É un mal condutor da electricidade pero un bo absorbente do son, das vibracións e, pola súa elevada densidade, da radiación γ. O chumbo natural está constituído por catro isótopos naturais estables, 204 Pb (1,48%), 206 Pb (23,6%), 207 Pb (22,6%) e 208 Pb (52,3%); tamén se coñecen 17 isótopos radioactivos. Malia o valor do seu potencial...

      2. acetato de chumbo(II) [Pb(CH 3 COO) 2 ]

        Sólido cristalino branco, soluble en auga e glicerol e pouco soluble en alcohol, que funde a 280°C. Forma un trihidrato, chamado azucre de chumbo, que se emprega na preparación de sales insolubles de chumbo, como mordente na tinguidura do algodón, como impermeabilizante, na manufactura de vernices, en medicina e como reactivo analítico.

      3. arseniato de chumbo(II) [Pb 3 (AsO 4 ) 2 ]

        Cristais brancos insolubles en auga que funden con descomposición a 1.042°C. Emprégase como insecticida.

      4. dióxido de chumbo [PbO 2 ]

        Sólido cristalino marrón, altamente oxidante, soluble en ácido acético e insoluble en auga, que funde con descomposición a 290°C. Emprégase como oxidante, mordente, reactivo analítico e acelerador de polimerizacións.

      5. nitrato de chumbo(II) [Pb(NO 3 ) 2 ]

        Cristal branco, moi tóxico e oxidante, soluble en auga e alcohol, que se descompón a 470°C. Emprégase na preparación doutros sales, como mordente, oxidante, na preparación de explosivos e como pigmento.

      6. óxido de chumbo(II)

        litarxirio.

      7. tetraacetato de chumbo [Pb(CH 3 COO) 4 ]

        Cristais incoloros ou dunha lixeira cor rosa, solubles en ácido acético quente, benceno e cloroformo, que funden a 175°C. Emprégase como oxidante selectivo en síntese orgánica.

    1. Peza de chumbo que se coloca nos aparellos de pesca para que se afundan.

    2. Bala dunha arma de fogo.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. figo chumbo.

    2. chumbeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘muíño’.

    2. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘forno’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.

    2. Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.

    3. Bóveda semiesférica dun edificio.

    4. Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.

    5. Copa grega con forma de flor de nenúfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘casa’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [afrikaans: Kaapstad; ingl: Cape Town] Capital da provincia do Cabo e capital lexislativa da República Sudafricana, á beira do Atlántico, situada no extremo setentrional da península do cabo de Boa Esperanza (854.616 h [1991]), entre o monte Table e a bahía de Table. O crecemento urbano absorbeu as áreas suburbanas circundantes ata constituír unha grande aglomeración urbana (2.350.157 h [1991]). O seu porto é o máis importante de Sudáfrica e a industria está notablemente diversificada. Fundada en 1652 polo neerlandés Jan van Riebeeck, foi obxecto de disputas de ingleses e holandeses. Desde 1795 ata 1802 estivo baixo dominio británico, feito que se fixo definitivo no 1806. O primeiro Parlamento constituíuse en 1854. O desenvolvemento económico chegou coa concesión do primeiro ferrocarril, que unía a cidade con Wellington (1857). No 1909 foi sede da Convención nacional na que se aprobou a Constitución da Confederación da África Meridional Inglesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Construción de forma poligonal ou cilíndrica que serve de base a unha cúpula e que descansa sobre os arcos construídos na intersección de dúas naves ou arcos torais. Permite iluminar o interior do edificio a través das aberturas feitas no seu perímetro.

    2. Construción ou torre elevada sobre o cruceiro de planta cadrada ou poligonal que adoita rematar nun chapitel.

    3. Bóveda semiesférica dun edificio.

    4. Especie de baldaquino con forma de cúpula, sostido por columnas, que se eleva sobre o altar maior dunha igrexa.

    5. Copa grega con forma de flor de nenúfar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia circumboreal.

    2. Provincia bioxeográfica da rexión boreoalpina, no N das rexións eurosiberiana, norteamericana occidental e norteamericana oriental, entre a provincia ártica, no N, e o límite meridional da taiga, no S. O clima xeral é o bosque de aciculifolios ou taiga. Algúns autores tamén inclúen os pisos subalpinos de coníferas das montañas medioeuropeas e norteamericanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Jawa Barat (Xava Occidental), Indonesia, situada á beira do mar de Xava (254.406 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Bolívar, Venezuela, situada ao S do país, na marxe dereita do río Orinoco (253.112 h [1992]). É o principal centro agrícola, gandeiro, mineiro (manganeso, bauxita e ferro) e comercial do Estado. O Orinoco é unha importante vía de comunicación fluvial. Fundada en 1764 por Joaquín Moreno de Mendoza co nome de Angostura, en 1846 cambiouno polo actual. Do seu patrimonio arquitectónico destaca a catedral barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entá pequena ou na parte alta dunha parede, protexida con vidros, que ten por obxecto iluminar o interior da estancia onde está situada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bimensual dedicada á literatura que se editou en León. No seu consello de redacción figuraban Agustín Delgado, L. Mateo Díez ou J. Antonio Fierro. No ano 1967 publicouse un número dobre dedicado á poesía social-realista galega. Este monográfico, da autoría de Basilio Losada, dividía os traballos de dezaseis poetas galegos en dúas partes, acompañados dun estudo introdutorio. Na primeira parte aparecían mostras de autores, como Pimentel, Seoane, Cunqueiro, Celso E. Ferreiro e Cuña Novás, así como testemuños da Guerra Civil. A segunda parte acollía poetas da xeración dos 50, como Neira Vilas, Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardino Graña, X. Torres, Salvador García, Xosé L. Franco, X. A. Cribeiro, Méndez Ferrín, Carlos Casares e A. López.

    VER O DETALLE DO TERMO