"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Que é pouco útil ou que xa non serve para o uso.
-
Que ten mal aspecto ou que é ridículo.
-
-
PERSOEIRO
Matemático italiano. Estudiou o problema da rectificación da elipse e da parábola, e na Opere mathematiche probou que, dada a diferenza de lonxitudes de dous arcos, existen infinitas solucións para determinalos sobre estas curvas. Leonard Euler baseouse nos seus métodos para a demostración do teorema de adición das integrais elípticas. Foi membro da Royal Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Botar faíscas.
-
Brillar con moita intensidade.
-
Caer neve ou chuvia miúda.
-
-
PERSOEIRO
Político inglés. Vizconde de Falkland. Membro do Parlamento desde 1640, opúxose ao establecemento do Ship Money e á abolición do episcopado antes de converterse en 1642 no conselleiro do Rei Carlos I. Participou no sitio da cidade de Gloucester e na Batalla de Newbury.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer pasar por verdadeiro algo que é falso.
-
Cambiar o verdadeiro carácter dunha cousa coa finalidade de enganar a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óleo de Francisco de Goya que representa o Rei Carlos IV e a súa familia. Encargado en 1800, trátase dun lenzo de grandes dimensións (2,80x3,36 m). Goya comezou a súa realización en Aranjuez, onde estaba o monarca, e finalizouna en Madrid. Sobre unha estancia do palacio situou as trece figuras de pé que parecen posar ante o pintor, e autorretratouse na esquerda do lenzo, como fixera Velázquez en Las Meninas. Os personaxes distribúense en grupos de catro, con dous homes e dúas mulleres en cada un, e aparecen retratadas segundo a percepción do pintor; cómpre destacar que Goya non mostrou o rostro da dona do futuro de Fernando VII por non selo no momento da realización do lenzo. No eido técnico, destaca a riqueza cromática, baseada en amarelos e ouros combinados con vermellos e azuis, o emprego da luz sobre os rostros, os traxes e as xoias das personaxes e a pincelada solta.
-
GALICIA
Pintor e militante anarcosindicalista. Secretario dunha Federación Local de Sindicatos (CNT) en Santiago o 18 de xullo de 1936, artellou a resistencia dos obreiros coruñeses. Trala derrota, fuxiu dende Muros cara a Francia e dende alí retornou á zona republicana e converteuse no artífice da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, radicada en València. Estivo exiliado en Francia e nos anos sesenta defendeu na Coruña a volta da CNT, sindicato no que militou ata a súa morte nos anos noventa.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo e militante anarcosindicalista. No ano 1946 formou parte do Comité da CRG na clandestinidade; detido trala desarticulación do comité en 1947 pasou varios anos na cadea. Liberado a comezos dos anos 50, morreu pouco despois a causa dos malos tratos sufridos na prisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e militante anarcosindicalista. Foi un dos responsables, xunto con Ezequiel Rey, da masiva afiliación a partir de 1919 das sociedades de oficio santiaguesas á CNT e da conformación da Federación Local de Sindicatos. Asumiu a secretaría da CRG-CNT entre 1925 e 1930. Durante a Segunda República foi secretario liberado pola Federación Regional de Industria Pesquera, domiciliada en Vigo, cargo que exerceu durante todo período. Agochado no seu domicilio compostelán entre 1936 e 1945, retornou á militancia cenetista e, un ano máis tarde, volveu aceptar o cargo de secretario da CRG. Detido en 1947, pasou cinco anos na cadea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escachar os bordos de algo.
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista italiano. Formado con Monteverdi, foi Konzertmeister en Dresden. Introduciu innovacións técnicas no violín e sonatas para este instrumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Participou na revolta de 1831 e foi desterrado dos Estados Pontificios en 1843. Amnistiado por Pío IX (1847), retornou e foi nomeado subsecretario do ministerio de Estado (1848). Ao dimitir o goberno (1849), foi exiliado a Turín, onde colaborou con Cavour no xornal Il Risorgimento. En 1851 naturalizouse piemontés e ocupou os cargos de ministro de Educación (1851-1852) e de Interior (1860-1861), comisario en Modena (1859) e primeiro ministro (1862-1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, mosaicista e deseñador de vidreiras. Formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando, onde foi profesor. Relacionouse cos membros de El Paso e dedicouse á arte non figurativa; empregou a miúdo a colaxe e incorporou o relevo nas súas composicións. Entre as súas obras destacan a decoración mural dos aeroportos de El Prat (Barcelona, 1967) e Madrid-Barajas (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘almorzar’.
-
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra, fillo de J. F. Fasch. Virtuoso clavecinista, traballou na corte de Federico II de Prusia e fundou e dirixiu a Berliner Singakademie. Compuxo obras vocais sacras e profanas, pezas instrumentais e para teclado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal que reunía os sindicatos de industria pesqueira de Cariño, Espasante, O Barqueiro e Cedeira afectos á CNT. Foi constituído a comezos do ano 1936, conforme ao mandato do pleno da Federación Regional de Industria Pesquera de outubro de 1935, enfocado cara ao agrupamento dos sindicatos mariñeiros de cada bisbarra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en 1927 en Edimburgo para proporcionarlles aos bibliotecarios de todo o mundo un foro no que intercambiar ideas, promover a cooperación, a investigación e o desenvolvemento internacional nos diversos campos da actividade bibliotecaria. En 1971 estableceu a súa sede na Royal Library da Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico que pertence ao grupo dos carbamatos e que actúa como acaricida por contacto sobre ovos, larvas e individuos adultos. Está autorizado en cítricos (agás limoeiros) e outras árbores froiteiras, aínda que nestas últimas presenta problemas de fitotoxicidade se se aplica despois da parada invernal.
-
GALICIA
Actor. Participou nos espectáculos Don Hamlet, príncipe de Dinamarca e Os vellos non deben de namorarse, presentado este último pola Asociación Teatral Iberoamericana na Coruña en 1959 e 1961. Continuou a súa andaina teatral na compañía Tespis, coa que actuou ata 1983.
VER O DETALLE DO TERMO