"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político e militar colombiano. En 1810 uniuse aos independentistas e foi un dos lugartenentes de Simón Bolívar, que o nomeou vicepresidente de Nueva Granada e da República de Colombia (1821). Proporcionoulle cartos, homes e víveres a Bolívar, o que fixo posible a continuación da campaña. O separatismo venezolano enfrontouno a Bolíva, pois defendeu a constitución federal de 1821. Morto Bolívar, foi proclamado presidente de Nueva Granada (1832-1836).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Santander ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, situado no extremo meridional da illa (8.875 h [2001]). A agricultura de secaño dedícase aos cereais e ás froiteiras de secaño, pero a base da súa economía é a actividade turística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que presenta escudo partido e medio cortado: 1, en campo de ouro, unha cigoña de prata, e á súa destra, unha árbore de sinople con froitas de ouro, de cuxo flanco destro colga un caldeiro de sable pendurado por unha cadea sobre ondas de prata e azul; 2, en campo de sinople, un castelo de ouro, aclarado de sable, destrado dun home vestido de goles e no sinistro dun guerreiro armado de prata, empuñando unha espada fendente; 3, campo de ouro, con tres faixas de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Pará, Brasil, situada na confluencia do Tapajós co Amazonas (288.628 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, en Ribatejo, Portugal, situada á esquerda do Tejo (27.683 h [2001]). É un centro comercial e predomina a industria téxtil. Cambiou a miúdo de dominadores ata que Afonso I lla conquistou aos árabes en 1147. Destacan as igrexas góticas de São João de Alporão, convertida en museo arqueolóxico, e de Graça.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal (6.723 km2; 454.506 h [2001]). A súa capital é Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobás (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 946 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Santarém ou as seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Santarém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jorge Ruiz de Santayana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa radicada nas Gándaras de Budiño (O Porriño) creada en 1968 como Censa e que tomou o nome actual en 1987. Dedícase á fabricación de reactores, intercambiadores de calor, columnas de fraccionamento e destilación e refinarías, muíños, fornos de todo tipo e material para buques como temóns e máquinas para a pesca ou a carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Trabada baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lebozán (Lalín). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que rende culto excesivo ás imaxes.

    2. Persoa que coida un santuario.

    3. Persoa que fai ou vende imaxes de santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Estrada. Construída en estilo románico na segunda metade do s XII, foi reformada en épocas posteriores. Ten planta basilical. O arco triunfal é de medio punto e destaca a fachada occidental, románica, cunha porta de dobre arquivolta apoiada en dous pares de columnas acobadeladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fogo de san Telmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista luxemburgués. Membro do Chrétien-Social du Luxembourg/ Chrëschtlich-Sozial Vollekspartei Lëtzebuergesch (PCS/CSV), foi primeiro ministro de Luxemburgo (1984-1995). Deputado no Parlamento Europeo desde 1975, foi vicepresidente (1975-1977) e presidente do grupo democratacristián (1987-1989). En 1995 foi elixido presidente da Comisión Europea, cargo do que dimitiu en 1999 despois de que un informe demostrase irregularidades na xestión da Comisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na toma da Bastilla (1789) e foi o principal dirixente do asalto ás Tulleries (1792). Comandante da garda nacional de París e, máis tarde, xeneral, foi o encargado da protección da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Quintillán (Forcarei). O seu cumio acada os 580 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO