"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ideolóxica e práctica de quen, nun país sometido a un réxime de ocupación, propugna e segue unha política de entendemento e colaboración co invasor. O termo refírese, sobre todo, á actitude mantida nalgúns países ocupados por Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial, como foron Iugoslavia, Noruega e, fundamentalmente, Francia, tanto dende a intelectualidade (Rasemblement National Populaire) como na participación en milicias (Milicie Française).
-
-
Relativo ou pertencente ao colaboracionismo.
-
Que participa ou propugna o colaboracionismo. Ex: Foi un destacado colaboracionista na Francia ocupada.
-
Partidario do colaboracionismo. Ex: Ao rematar a guerra tomáronse duras represalias contra os colaboracionistas.
-
-
-
Que ou quen colabora. Ex: Os mestres colaboradores apoiaron o proxecto. Os colaboradores da Cruz Vermella participaron na organización do concerto.
-
Persoa que colabora nun xornal ou revista, aínda que sen pertencer ao seu cadro de persoal. Ex: O colaborador asinou un novo artigo para a Revista Galega do Ensino.
-
Persoa que realiza traballos para unha empresa, sen formar parte do seu cadro de persoal. Ex: O colaborador da empresa de pneumáticos non está contento co trato que recibe.
-
-
-
-
Traballar en común con alguén para facer ou acadar algunha cousa.
-
Contribuír, de modo altruísta, co propio traballo ou con algún donativo á consecuación ou execución de algo determinado. Ex: A ONG colaborou na reconstrución da vila que fora destruída pola guerra. Os veciños colaboraron con cadansúas mil pesetas para mellorar a canalización da auga.
-
-
Redactar artigos e outros escritos de modo habitual nun xornal ou revista. Ex: A miña irmá colaborou ao longo de dous anos nunha revista científica.
-
Realizar algún traballo para unha empresa, sen formar parte do seu cadro de persoal. Ex: Colaborou co concello para cambiarlles a instalación eléctrica da casa do concello.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos colémbolos.
-
Insecto da orde dos colémbolos.
-
Orde de insectos de pequeno tamaño; as especies de maior tamaño acadan os 5 mm de lonxitude. A coloración das distintas especies é moi variable e presentan seis patas coas tibias e os tarsos soldados e, as máis das veces, rematadas nunha uña. O abdome aparece dividido en 6 segmentos. O primeiro segmento presenta un tubo ventral denominado colóforo, con dúas vesículas no extremo que producen unha secrección pegañenta, empregada para adherirse ao substrato. Esta estrutura ten a súa orixe nos vestixios dun par de patas abdominais, que utilizan tamén para a absorción da auga e para controlar os procesos de ósmose. No terceiro segmento abdominal teñen unha estrutura, denominada retináculo ou hámula, onde se prende a furca, presente no cuarto segmento, que permanece pregada e que, ao soltarse e golpear o substrato, lle permite realizar un gran salto, aínda que sen unha orientación definida; ademais, pódelle servir para evitar a depredación de pseudoescorpións, ácaros e formigas. No quinto...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
mobella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade cultivada de col con follas que non forman cabeza e cunha gran raíz carnosa que se emprega, sobre todo, na alimentación do gando.
-
PERSOEIRO
Político. Foi membro da Convención, da que foi elixido presidente en 1793, e do Comité de Salvación Pública. Trala toma de Lyon (1793), que se levantara en contra da Convención, foi enviado por Robespierre para executar as decisións que adoptara a Convención, feito que provocou unha durísima represión. Participou no golpe de estado de Termidor (27.7.1794), en oposición á política de Robespierre; sen embargo, non evitou a acusación de complicidade con Robespierre, feito polo que foi expulsado á Guyana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Primate do xénero Colobus, da familia dos colóbidos, de tamaño grande, formas esveltas e rabo moi longo, pero non prénsil. A lonxitude do corpo, sen ter en conta o rabo, oscila entre os 56 e os 76 cm. Ten as extremidades anteriores e posteriores máis ou menos da mesma lonxitude, presenta calosidades isquiáticas e o seu pelame é de cores variables. De costumes arborícolas, aliméntase de follas e de talos tenros. Habita nas selvas da África tropical e ecuatorial.
-
Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor en xeral negra, cun manto branco que se estende dende os ombreiros ata o inicio da cola e polas patillas; a barba e a parte terminal da cola tamén son brancas. Vive nas selvas da conca do río Congo e dos Grandes Lagos. Tamén se coñece co nome de guereza.
-
Primate de ata 66 cm de lonxitude de corpo, de cor xeralmente negra, coas patillas e a parte dianteira agrisadas e coa cola enteiramente branca e sen guedella terminal. Vive nas altas selvas e na sabana de Guinea ao longo das ribeiras dos ríos.
-
Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor en xeral negra, cun conxunto de longos pelos brancos sobre os ombreiros, coas patillas brancas e a cola distalmente branca. Vive nas selvas e nas galerías da cubeta do río Congo.
-
Primate de ata 71 cm de lonxitude de corpo, de cor negra ou gris escura na parte superior e avermellada na inferior, co nariz dirixido cara a arriba sobre o beizo superior engrosado. Vive nas altas selvas de Guinea.
-
Primate de ata 76 cm de lonxitude de corpo, de cor enteiramente negra e cola sen guedella terminal. Vive nas altas selvas do S do golfo de Guinea. Tamén se coñece co nome de mvon.
-
Primate de ata 56 cm de lonxitude de corpo, de cor verdosa na parte superior e agrisada na inferior, coa cola como a parte superior pero máis agrisada por debaixo e con dúas manchas grises na fronte. Vive nas ribeiras dos ríos, nas selvas pantanosas e entre as matogueiras das altas selvas de Guinea.
-
Primate de ata 71 cm de lonxitude de corpo, de cor xeral entre avermellada e parda, cunhas manchas negras nos ombreiros e coa parte inferior que oscila dende a cor branca ata a gris. Vive nas altas selvas e galerías da cubeta do río Congo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Defecto anatómico conxénito que afecta a unha ou a diversas partes do globo ocular, como o iris, o corpo ciliar, o cristalino ou a retina. Sitúase na parte inferior do ollo e está causado por unha deficiencia na soldadura da fendedura fetal.
-
CAPITAIS
Capital de Sri Lanka e do distrito homónimo (615.000 h [1990]). Está situada na costa occidental da illa, no Océano Índico, ao S da desembocadura do río Kelani. É o principal porto da illa e escala das liñas de navegación de Europa cara ao Extremo Oriente; esta característica fai dela un centro comercial importante, tanto de exportación (principalmente de produtos como té, caucho, coco, grafito, cacao e pedras preciosas) como de importación (arroz, azucre e produtos lácteos). Non obstante , o tecido industrial da cidade non está moi desenvolvido. Foi colonizada no s XVI polos portugueses, que axiña a converteron no centro do comercio das especias, e en 1656 foi ocupada polos holandeses, que a mantiveron no seu poder ata que os británicos a conquistaron no ano 1796.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Sri Lanka (699 km2; 2.062.000 h [estim 1994]). A capital é Colombo (615.000 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andrés García de la Riva Colombo.
-
PERSOEIRO
Político italiano. Deputado da Democracia Cristiá desde o ano 1946, no ano 1970 foi nomeado presidente dun goberno de centro esquerda, cargo que ocupou ata o ano 1972. Membro do Parlamento Europeo dende 1976 a 1980, ocupou a súa presidencia durante o período 1977-1979. Nos anos oitenta volveu asumir tarefas de goberno, como a de ministro de Asuntos Exteriores (1980-1983 e 1992-1993) e de Finanzas (1988-1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar de orixe galega. Capitán dos tres batallóns que integraban o rexemento da Morte ou da Victoria, creado por el en marzo de 1809 co obxecto de levantar a poboación da Terra de Montes fronte á ocupación francesa. Debido á falta de previsión do marqués de la Romana, xefe supremo do exército de Galicia, enfrontouse co xuíz de Cotobade, Manuel Taboada Cotón, no transcurso destas operacións. En marzo de 1809 participou, á fronte das súas milicias e xunto coas de Morillo e Cachamuíña, na conquista da cidade de Vigo, que estaba en mans francesas. Trala reconquista, a Xunta de Defensa da cidade nomeouno gobernador militar; sen embargo, a presión popular obrigou a substituílo poucos días despois por Cachamuíña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto para a cooperación e o desenvolvemento económico do sur e sueste asiáticos ideado na cidade de Colombo en 1950, que entrou en vigor no ano 1951. Os 24 países que o forman divídense en dous grupos: os países desenvolvidos de fóra da área (Australia, Canadá, EE UU, Reino Unido, Xapón e Nova Zelanda) que se comprometen a proporcionar axuda económica e asistencia técnica, e os países da área beneficiarios desa axuda, como a India, Sri Lanka e Tailandia, entre outros.
-
PERSOEIRO
Médico italiano. Foi profesor nas universidades de Pisa, Roma e Padua; nesta útlima sucedeu a Vesalius na cátedra de Anatomía en 1544. Autor, entre outros, de diversos estudios sobre a anatomía da pelve e do oído, así como sobre a fisioloxía da dixestión, sinalou a existencia da pregadura do peritoneo e deu unha descrición exacta do mediastino. Son tamén notables os seus descubrimentos en fisioloxía circulatoria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pombal de grandes dimensións no que se crían as pombas que participan nas competicións de columbofilia e que constitúe a meta que teñen que acadar para finalizar a proba.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de criar pombas para potenciar as súas calidades naturais de orientación empregándoas como mensaxeiras. Dende a Antigüidade aproveitouse a súa capacidade de regresar ao niño para enviar mensaxes. Do uso bélico das pombas mensaxeiras hai testemuño nas primeiras grandes civilizacións do Crecente Fértil: mesopotámicos e exipcios precederon aos gregos e romanos na súa utilización, que se prolongou ata despois da Segunda Guerra Mundial. A súa importancia estratéxica era tan grande que para interceptalas, os exércitos inimigos utilizaron falcóns. Malia os avances das telecomunicacións, as pombas mensaxeiras continúan a empregarse para fins militares e civís; ademais, converteuse nunha disciplina deportiva practicada en todo o mundo. En 1894 creouse a Real Federación Española de Colombofilia. As competicións desenvólvense sempre deste xeito: os ovos incúbanse durante 17 días; unha semana despois do seu nacemento colócaselles un anel de identificación; aos 30 días trasládanse ao pombal de...
-
-
Relativo ou pertencente á columbofilia.
-
Persoa afeccionada á cría e mellora das pombas.
-