"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oratorio composto por J. S. Bach sobre un libreto de F. Henrici, en que se narra a paixón, a crucifixión e a resurrección de Xesús Cristo seguindo o Evanxeo de san Mateo. Estreada en 1729 na igrexa de Santo Tomás de Leipzig, onde Bach era organista, está considerada unha das principais obras da música relixiosa do Barroco. O oratorio, dividido en dúas partes, inclúe arias, recitativos e corais. Despois de quedar practicamente apartado dos círculos musicais, en 1829 F. Mendelssohn encargouse de dirixir unha nova versión previamente reactualizada por el mesmo.
-
PERSOEIRO
Citólogo romanés. Estudou medicina na Universidade de Bucarest, onde foi profesor, e traballou no Instituto Rockefeller de Nova York e na Universidade de Yale. Estudou a estrutura das células animais, en que descubriu os ribosomas e a estrutura das mitocondrias. En 1966 recibiu o Premio Lasker de Investigación Médica Básica e, xunto con C. Rene de Duve e A. Claude, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1974), polos seus descubrimentos da estrutura e da organización funcional das células.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos fósiles, da familia dos castóridos, que presentaban características similares ás dos actuais castores pero co corpo robusto e de gran tamaño. Viviron en América do Norte durante o Mioceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á consoante prepalatal que se articula no límite entre os alvéolos e o padal duro, tendo como articulador inferior a punta ou a rexión predorsal da lingua.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta páleas.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carral baixo a advocación de santo Estevo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pale(o)-.
-
-
Relativo ou pertencente aos paleoacantocéfalos.
-
Acantocéfalo da clase dos paleoacantocéfalos.
-
Clase de acantocéfalos, que inclúe especies coas espiñas da rexión cefálica dispostas en círculos concéntricos alternativamente. Os seus hóspedes definitivos son acuáticos e abundan no tubo dixestivo dos paxaros mariños.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da antropoloxía que estuda os homínidos, os primates fósiles e a súa evolución. Emprega conceptos e métodos da antropoloxía física, a anatomía comparada e a teoría da evolución. Para interpretar os restos de ósos e de utensilios fósiles utilízanse a etnoloxía e a arqueoloxía, e para datar os fósiles recórrese á análise dos estratos xeolóxicos e á proporción de radioisótopos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Determinación da batimetría ou profundidade dos fondos do mar en que tivo lugar a sedimentación nun momento da historia xeolóxica terrestre. Para levar a cabo esta tarefa empréganse uns indicadores batimétricos que poden agruparse en indicadores paleobiolóxicos e indicadores litolóxicos e mineralóxicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que se ocupa dos organismos que viviron na Antigüidade e intenta coñecer, a través dos vestixios que quedaron deles, os fósiles e os aspectos biolóxicos, deixando de lado os xeolóxicos. Á parte da sistemática e da evolución, a paleobioloxía ocúpase tamén da bioquímica, da fisioloxía, do comportamento, da ecoloxía e, en xeral, de todos os aspectos de estudo biolóxico dos seres vivos antigos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paleobioloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda a distribución antiga dos seres vivos e a dinámica do seu cambio xeográfico nas eras xeolóxicas. Trata de identificar a composición biótica das rexións nos diferentes tempos xeolóxicos e de buscar as razóns desta distribución dos organismos que depende do lugar de orixe dos diversos taxons, das súas capacidades migratorias, dos condicionamentos xeográficos para a dispersión, e tamén dos parámetros que definen o medio en que viven ou poden vivir os organismos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da botánica que estuda as plantas fósiles e que emprega os métodos de estudo da paleontoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carst fósil, recuberto ou non de sedimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleoceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira serie do Terciario inferior, que se sitúa sobre o Cretáceo e baixo o Eoceno. A súa duración pode estimarse nuns 10 millóns de anos (65.000.000-55.000.000). Adoita dividirse en dous estadios: o Daniano e o Tanetiano. É a primeira serie do Terciario e implica unha ruptura total, sobre todo faunística, cos tempos cretáceos que a precederon. Neste período apareceron grupos importantes de foraminíferos e comezaron a atoparse mamíferos en abundancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
paleocénico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
palicinesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clima dos períodos xeolóxicos e históricos anteriores á invención dos aparellos destinados ás medidas meteorolóxicas.