"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis García de Valdeavellano Arcimis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feito de armas acontecido o día 26 de xullo de 920 entre ‘Abd al-Ra ḥ mān III e o exército navarro-leonés de Ordoño II e Sancho Garcés I, en que venceu o primeiro. A batalla foi consecuencia do desexo do califa cordobés de resarcirse da anterior derrota que sufrira en Santo Estevo de Gormaz (917), e non alterou substancialmente as fronteiras existentes.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Valladolid, Castela e León (1.576 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura, a gandaría e a manufactura da madeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das valerianáceas, con follas en roseta, flores hermafroditas, pequenas de cor branca ou azulada e dispostas en inflorescencias terminais e froito sen vilano. En Galicia está presente a especie V. locusta.
-
GALICIA
Mestre e historiador. Fundou a Irmandade da Fala de Betanzos (1917), o Museo Pedagóxico Rexional na Coruña (1926) e dirixiu as Colonias Escolares Coruñesas e o Anuario Brigantino. Fundou a revista pedagóxica El Normalista (1913). Cronista de Betanzos desde 1940, das suas obras destacan El blasón de Betanzos de los Caballeros (1968), Los enterramientos de la iglesia de San Francisco (1931) e Las antiguas rutas jacobeas del territorio brigantino: 4º itinerario (1975). As súas poesías recompiláronse en Obra poética de Francisco Vales Villamarín (2000). Secretario perpetuo da Real Academia Galega, foi membro da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu, entre outros galardóns, o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a encomenda da orde de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Casa de Odín ou Wotan na mitoloxía escandinava, onde se reúnen os heroes caídos no combate. A Edda descríbeo como unha casa de ouro, ornada de espadas e trofeos, con 540 portas, onde todas as noites os heroes beben nela o hidromel, servida polas valquirias.
-
PERSOEIRO
Humanista. Traduciu ao latín a Homero, Esopo, Tucídides, Herodoto e Demóstenes. En Pavia reaccionou contra os averroístas, nominalistas e xuristas e en Roma (1448) foi oficial da curia e secretario apostólico. Estivo ao servizo do Rei Afonso VI de Aragón (1443-1448) e foi un dos creadores da moderna crítica histórica e bíblica. Da súa produción destacan De voluptate ac de vero bono (1431) e Elegantiarum lingua latinae libri tres (1441?).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e fundador dunha seita vixnuíta. Autor de numerosos tratados filosóficos, fundamentados no Vedanta, sostivo un monismo puro (śuddhadvaita). Oposto á vida ascética, predicou unha devoción amorosa e xubilosa cara a Krixna.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (3.111 h [2001]). A principal actividade económica é a industria do moble de vime.
VER O DETALLE DO TERMO -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas escudo axadrezado de ouro e goles, de corenta e dúas pezas (6x7). Outro, escudo axadrezado de ouro e azul, de corenta e dúas pezas; bordo de ouro, cheo. Outro, escudo partido: 1, de azul, cun león de prata; 2, axadrezado de 21 pezas de prata e goles (3x7).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), foi xefe superior de Administración Civil, ata que en 1866 decidiu retirarse da función pública. Colaborador en diversas publicacións periódicas, como El Eco de Galicia, Galicia, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela, contribuíu á elaboración do Dicionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar (1845-1850), de Pascual Madoz, en especial no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. No ámbito da etnografía recolleu datos sobre folclore galego que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, inédito ata 1970) e Novo apéndice ao Cantigueiro popular (1887). Destacou o seu labor como gramático con Elementos de gramática gallega (datado en 1892, pero inédito ata 1970) e, sobre todo, como lexicográfico coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Formouse na Escuela de Bellas Artes de Madrid e na Escola de Canteiros de Poio, onde se converteu na primeira muller en obter o título de mestre canteiro, e en Carrara. Desde 1990 organiza no Grove o Simposio Internacional de Escultura. Realiza esculturas tanto de pequeno tamaño como monumentais e esculturas públicas, en que a luz e a forma son as protagonistas. Traballa o mármore, o granito e outras pedras. Das súas obra destacan Arco do Atlántico (Baiona, 1993), Fervenza de auga (Maltatal, Austria, 1993), Pegada dunha vida (Maalot, Israel, 1993), Battaglia di Tassera (Como, Italia, 1994) e Herida breve (Guadalajara, México, 1996)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terzo de infantaría fundado en 1643 por Fernando de Valladares e Sarmiento e composto por 11 compañías formadas por xente de Vigo e a súa comarca. Durante o s XVII participou nas guerras contra Portugal e Flandres. En 1702 foi destinado ao exército do Baixo Rhin e interveu na campaña do Palatinado. Volveu a Vigo en 1710 e en 1714 tomou parte no sitio de Barcelona, incorporado ao exército do duque Bermick. Desapareceu en 1715, coa reforma da infantaría.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Castela e León, capital da provincia homónima, situada no centro de La Meseta, á esquerda do Pisuerga (316.580 h [2001]). É un centro industrial metalúrxico do aluminio, químico, alimentario, téxtil e do automóbil. É tamén centro de ensino superior e sé do arcebispado. Foi capital política de Castela grazas aos foros e privilexios reais. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606, mais o traslado da capitalidade a Madrid e o incendio de 1561 marcaron o inicio da súa decadencia. Filipe III converteuna en capital de 1600 a 1606. O conxunto histórico de Valladolid foi declarado BIC en 1978. Destacan a catedral de Nuestra Señora de la Asunción (BIC, 1931), a igrexa de Santa María la Antigua (BIC, 1897), o mosteiro de Santa María de las Huelgas (BIC, 1931) e o colexio maior Santa Cruz (BIC, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Castela e León, formada por 225 municipios (8.345 km2; 498.094 h [2001]). A súa capital é Valladolid. Posúe un hábitat concentrado aínda que existen algunhas vilas e aldeas dispersan onde se conservan as casas tradicionais. Ademais da capital, destacan os núcleos de Medina del Campo (19.907 h [2001]), Laguna de Duero (19.013 h [2001]) e Tordesillas (8.045 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e a gandaría. As principais industrias dedícanse á elaboración e procesamento de produtos agropecuarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tregua asinada en Valladolid o 7 de decembro de 1453 entre Xoán I de Navarra (futuro Xoán II de Aragón) e o seu fillo Carlos de Viana por intervención da raíña María, que lle valeu a liberdade a Carlos.
-
PERSOEIRO
Poeta indio en lingua malaialam. A súa obra reflicte a influencia dos clásicos da literatura sánscrita, especialmente o poema épico Chitragoiam (1907). Outras compilacións son Badhiravilapam (O pranto do xordo, 1914), Sahityamanjari (1917-50), Bandhanasthanaya Anituddhan (Aniruddhan no calabozo, 1914) e Sishnayum makanum (Aprendiz e fillo, 1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Científico. Creou unha editorial en Ferrol para publicar as súas obras científicas. Escribiu En los umbrales de la era atómica: vulgarización científica, sobre la energía atómica y sus posibilidades industriales (1949) e Tratado práctico de Física elemental con orientación marítima (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
itoria do exército revolucionario francés, na localidade homónima, na Champaña, sobre as tropas prusianas, mandadas polo duque de Brunswick, o 20 de setembro de 1792.