"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Outes. Construída no s XVIII, conserva no seu interior os restos de san Campio traídos desde Roma en 1774 á igrexa de Santa María a Real ou Santa Tasia de Outes. Venéranse nunha furna de 1801 situada no altar maior, sobre a que aparece unha imaxe do santo. Ten planta de cruz latina e cuberta abovedada con cúpula no cruceiro. No interior destacan o retablo maior (1796), obra de Xosé Ferreiro, do que só se conserva a imaxe de santo Ourente. O escultor noiés tamén realizou os retablos da Nosa Señora do Rosario, san Francisco Xavier e a Soidade. No exterior, destacan a escalinata, a torre de tres corpos coroados por unha cruz e o adro. Celébranse dúas festas, o primeiro domingo de xullo e a romaría do 29 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumba escavada na rocha, preto do Calvario, xunto aos muros de Xerusalén, onde, segundo a tradición, Xesús Cristo foi enterrado e da que resucitou. A construción da terceira muralla integrouno no recinto urbano e foi cuberto polo foro e o capitolio da nova Aelia Capitolina de Adrián (135). Constantino fíxoo escavar e construíu (335) sobre el unha rotonda coñecida como Anástase (Resurrección), e a carón dela, separada por un claustro ao redor do Calvario, edificou unha basílica de cinco naves. A construción actual, denominada Anástase polos gregos e Santo Sepulcro polos latinos, erguérona os croatas (1130) e une nun só edificio as tres construcións constantinianas. De planta cruciforme, contén a rotonda sobre a edícula do sepulcro, a capela alta do Calvario, a igrexa, que en parte corresponde á antiga basílica, e a cripta de Santa Helena ou da Invención da Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde militar fundada por Godofredo de Bouillón tras a conquista de Xerusalén na Primeira Cruzada, o 15 de xullo de 1099, coa misión específica da custodia do Santo Sepulcro e de atender o servizo relixioso da súa igrexa. Esta dicotomía de funcións deu lugar a dúas ramas ben definidas dentro da orde: ao dos Cóengos agrupados nun Cabido de Cóengos Seculares, e a dos Cabaleiros, dedicados preferentemente a tarefas militares, que xustificaban o cualificativo de orde militar, agora convertidos en orde de cabalaría aristocrática co nome de Orde de Cabalaría do Santo Sepulcro de Xerusalén. Coa toma de Xerusalén polos turcos, os Cabaleiros trasladáronse a Europa estendéndose por Polonia, Francia, Alemaña e Flandes. En 1480, o Papa Inocencio VII incorporouna á orde de Xerusalén e en 1904 o Papa Pío X reservouse o Gran Mestrado. Antigamente existían tres clases de cabaleiros: de Honra e Devoción, de Xustiza e de Graza Maxistal, nomeados polo Gran Mestre a título honorífico. Modernamente, divídense...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano eclesiástico que rexeu a Igrexa rusa entre 1721 e 1917. Foi creado por Pedro I de Rusia en substitución do Patriarcado de Moscova. Era unha especie de ministerio de culto e estaba presidido polo mesmo tsar, xefe supremo da Igrexa, que se facía representar polo procurador superior laico e por dez ou doce membros eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, que está situado na serra de Cazorla e drenado polo Guadalquivir (2.304 h [2001]). Ten industria derivada da agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción megalítica situada no Valadouro. De dimensións reducidas (non supera a altura máxima de 1,5 m), construíuse cunha única cámara, da que se conservan catro lousas chantadas e a tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquia de Ventoxo (Forcarei) e Parada (Cercedo). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Dorna (Cervantes). O seu cumio acada os 1.407 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría do Barqueiro situada na parroquia de Mogor (Mañón).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Louzarela (Pedrafita do Cebreiro). O seu cumio acada os 1.059 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Petín baixo a advocación de santa Oalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor xaponés. De nome Iwase Denzō, iniciouse escribindo libros pornográficos ata que foi condenado polas autoridades, en 1791. Destacan Mukashigatari inazuma-byōshi (As armas dos lóstregos, unha vella historia, 1805) e Honchō suibodai zenden (A iluminación na embriaguez, historia completa, 1809). Ilustrou tamén moitas das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, cos capítulos pedunculados, flores en flósculo de cor amarela e aquenios sen vilano. En Galicia podemos atopar a especie S. rosmarinifolia que florece entre xuño e agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Compoñente do Fronto Nuovo delle Arti e de Otto pittori italiani, en 1944 ilustrou Grand air de P. Eluard. Pintou a base de manchas de cor con formas e contornos pouco delimitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento situado en Ourense. A data de ocupación fixouse entre os ss I e III con posible continuidade ata o s V. Estaba defendido por tres murallas, que albergaban no interior as vivendas, das que destacan unha edificación organizada arredor dun pórtico central con dúas escadas que daban acceso a un piso superior e a un piso inferior, dividido en seis estancias. Esta vivenda estaba dotada dun sistema de calefacción. Noutro sector, apareceu unha edificación constituída por varias estancias rectangulares e un pórtico que actuaría como patio interior, semellante ao atrium dunha casa romana. Dos restos materiais destaca a cerámica sigillata ou común, fragmentos de vidro e moedas de diferentes cronoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a São Tomé e Príncipe, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de São Tomé e Príncipe.

    3. Crioulo de base portuguesa que se fala en São Tomé. OBS: Tamén se denomina forro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Murcia situado ao NL da capital, que está drenado polo río Segura e delimitado ao L pola Comunitat Valenciana (11.726 h [2001]). É un dos primeiros produtores de limóns e conta con industria da madeira e do moble.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que esaxera a súa devoción relixiosa.

    2. Persoa, en xeral anciá, que nalgunhas relixións -especialmente no Islam-, se dedica a prácticas ascéticas e que merece unha veneración tanto en vida coma despois de morta, sobre todo no que se refire ás súas tumbas.

    3. Persoa moi influínte nunha colectividade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos santóns.

    2. Individuo do pobo santón.

    3. Antigo pobo de orixe celta que habitaba en Saintonge, na Galia Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO