"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PRAIAS

    Praia da beira occidental da Illa de Arousa, situada na parroquia e concello homónimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Verdugo, entre os lugares de Comboa e Romariz (Soutomaior), coñécese tamén como ponte de Soutomaior e ponte Canal. Presenta marcas de canteiro iguais ás do castelo de Soutomaior. Trátase dunha ponte do s XV con tres vans de cantería, con bóveda de medio punto e tallamares graduais. Formou parte do camiño local de Romariz a Comboa e posiblemente pertenceu á vía 19 do Itinerario Antonino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller solteira que vive cun home casado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Book of Common Prayer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización económica internacional fundada en París en 1951 por acordo dos gobernos da República Federal de Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos. O texto institucional comezou a súa vixencia en 1952, cunha duración de 50 anos, e co obxectivo de acadar a integración económica no sector do carbón e do aceiro. A súa dirección está formada por unha serie de persoas que se elixen cada seis anos con sede en Luxemburgo. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da Illa de Ons, na parroquia homónima do concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cartón que leva adherida unha viñeta de diversos tamaños, que serve como apoio para explicar unha idea publicitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Foi autor dunha concepción psicolóxica sensualista que exerceu unha grande influencia sobre os ideólogos, como Destut de Tracy ou Cabanis. Prolongou a análise gnoseolóxica de Locke e sostivo que a reflexión non era unha segunda fonte do coñecemento, senón un efecto natural e espontáneo das sensacións que, ao combinarse entre elas, facían xurdir desde o exterior (antiinnatismo), e de xeito progresivo, todas as ideas e facultades. Este sensualismo determinou tamén a súa concepción da vida social e económica, que se baseou na sensación de necesidade. Na súa análise da linguaxe afirmou que non existía unha correspondencia entre signo e significado e que polo tanto a linguaxe non era perfecta. Estimou entón que unha ciencia para ser perfecta tiña que ter unha linguaxe perfecta e definiu a ciencia como unha linguaxe ben feita. Das súas obras destacan Essai sur l’origine des connaissances humaines (Ensaio sobre a orixe dos coñecementos humanos, 1746), Traité des...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado formado pola unión de Bolivia e Perú en 1836. O Pacto de Tacna (1837) concedeu a presidencia da Confederación ao boliviano Andrés de Santa Cruz e dividiu o novo estado en tres repúblicas confederadas: Bolivia, o norte de Perú e o sur de Perú. Chile e Arxentina declaráronlle a guerra; trala Batalla de Yungay (1839) a Confederación disolveuse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia na que se reúnen algúns estados pertencentes ás Nacións Unidas para tratar diferentes aspectos relacionados coa situación da poboación do planeta e onde se ofrecen as pautas a seguir en política demográfica. A I Conferencia Internacional de Poboación tivo lugar en Roma en 1954, e a II Conferencia en Belgrado, en 1965. Na III Conferencia, levada a cabo en Bucarest en 1974 (Ano Mundial da Poboación), os países desenvolvidos presentaron o Plan de Acción Mundial sobre Poboación, baseado nun maior control da natalidade, coa intención de frear a desmesurada explosión demográfica mundial. Os países desenvolvidos opuxéronse ao plan por considerar que atribuía á superpoboación as causas do subdesenvolvemento, orixinado en realidade pola explotación dos países pobres por parte dos ricos. A IV Conferencia tivo lugar en México en 1984, e a V Conferencia no Cairo en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro goberno xurdido trala Revolución de Outubro de 1917. Estaba presidido por Lenin e tiña como comisarios, entre outros, a Trockij (comisario de Asuntos Exteriores), Stalin (comisario das Nacionalidades) ou Kollontai (comisaria de Asuntos Sociais e da Muller).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano consultivo da Comunidade Autónoma de Galicia adscrito á consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Creado pola Lei 7/1988, do 12 de xullo, está integrado por representantes das organizacións sindicais de traballadores e do empresariado e ten competencias en materia de dereito laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emboscada feita contra outra para inverter o seu efecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escudo cortinado que se divide en dúas metades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile, no centro do país, entre as rexións de Atacama, ao N, e Valparaíso, ao S (40.656 km2; 569.800 h [estim 1999]). A súa capital é La Serena. Sitúase en latitudes subtropicais. No extremo oriental érguese a cordilleira dos Andes, que acada no Pico Mercedario, no SL da rexión, na fronteira coa provincia arxentina de San Juan, os 6.770 m de altitude. Ademais da capital, os principais núcleos urbanos son Coquimbo e Ovalle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da rexión de Coquimbo, Chile, á beira da baía de Coquimbo (126.886 h [1997]). O lugar onde se asenta a actual cidade foi ocupado polos incas do Perú. En 1864, o goberno chileno ordenou a construción de instalacións portuarias na súa baía, feito que favoreceu o desenvolvemento urbano e económico do núcleo, que recibiu o título de cidade en 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario. Coñecido como o rei do petróleo portugués, pertenceu a unha familia orixinaria de Caritel (Pontecaldelas), lugar no que viviu entre 1906 e 1913. Fundou a Sociedade Nacional de Petróleos (SONAP) e a GALP, e presidiu diversos bancos e sociedades en Portugal, Brasil, Francia, Kenya, a República Sudafricana e Moçambique. Intentou instalar unha refinería en Monteferro xunto con Valentín Paz Andrade e o almirante Salvador Moreno. Dedicouse tamén á produción de viño de Porto. Doou o edificio onde está situado o Centro Galego de Lisboa e o colexio de primaria de Pontecaldelas que leva o seu nome. Entre as condecoracións que recibiu destacan a Medalla Castelao (1991), a Gran Cruz do Mérito Industrial portuguesa, a Medalla do Eixo Atlántico (1996) e a Medalla de Galicia a título póstumo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico e teórico da evolución. Logo de licenciarse en Farmacia pola Universidad Central de Madrid, exerceu como profesor de química orgánica na mesma universidade. Durante a Guerra Civil encargouse do armamento destinado á defensa de Madrid. Unha vez rematada a contenda, pasou quince meses no cárcere. En 1941 comezou a traballar nos laboratorios Zeltia de Porriño baixo a dirección de Fernando Calvet, con quen descubriu a estreita conexión entre a ciencia experimental e o pensamento evolucionista no estudo da natureza. En 1945 vinculouse aos laboratorios IBYS de Madrid, nos que dirixiu dende 1956 o departamento de investigación. Entre 1967 e 1969 foi profesor invitado na Universidad de Puerto Rico. Ao seu regreso a Madrid fundou o Instituto de Biología Aplicada, centro que dirixiu ata 1977, e posteriormente, a Fundación para la Biología Evolucionista, que dirixiu dende 1978. Os resultados das súas investigacións levárono a formular a teoría dos niveis de integración evolutiva. Así, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe da mitoloxía grega, natural de Argos. Cando o Rei Crotopo se enterou de que a súa filla, Psámate, tivera descendencia de Apolo, mandou que a matasen e que lles tirasen aos cans o seu neto que acababa de nacer. Daquela, Apolo, anoxado co rei e sedento de vinganza, enviou á cidade un monstro chamado Poine en grego ποιν ή ‘castigo, vinganza’, para que devorase os fillos dos arxivos. Corebo logrou matar a fera, pero cando comprendeu que este feito obedecía á vontade divina acudiu a Delfos coa intención de reparar a súa falta. O oráculo respondeulle que non volvese a Argos e que cargase ás costas cun trípode sagrado do templo, de maneira que no sitio onde caese, debía fundar unha cidade; deste xeito naceu Mégara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé de catro sílabas, da métrica grecolatina, formado por un troqueo e un iambo; isto é, de dúas sílabas breves entre dúas longas. Era preferentemente un ritmo de danza. Empregárono sobre todo os tráxicos e os poetas da lírica coral.

    VER O DETALLE DO TERMO