"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Estudo dos paleoclimas ao longo dos tempos xeolóxicos e das causas das súas variacións. Emprega unha serie de indicadores paleoclimáticos, é dicir, uns fenómenos xeolóxicos que dependeron parcialmente do clima, en que a súa interpretación se fai por similitude cos fenómenos actuais, de métodos físicos, como é o da determinación das paleotemperaturas, que se basea na relación de isótopos de osíxeno 18O/16O. As evidencias paleoclimáticas poden ser biolóxicas, litolóxicas ou morfolóxicas. Establecéronse diversas hipóteses sobre as causas dos cambios climáticos, e as principais baséanse nas variacións da radiación solar de longa duración, nas variacións orbitais periódicas da Terra ou en causas terrestres, como o efecto das grandes oroxéneses, variacións da salinidade mariña que modificaron as correntes oceánicas e polo tanto o equilibrio térmico ou migración dos polos magnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente antiga que existiu nun momento determinado da historia xeolóxica, de cuxa dirección e sentido se pode deducir e medir mediante o estudo das texturas e as estruturas das rochas sedimentarias. Estas correntes poden ser aéreas (paleoventos) ou acuáticas (fluviais, mariñas e turbidíticas), correntes de lavas ou de piroclastos, de desprendementos subaéreos ou submarinos, de lama e pedregullo, do paso dos glaciares e das morenas glaciares asociadas. O seu estudo constitúe un dos elementos esenciais para o estudo das antigas concas sedimentarias e dos elementos que se poden atopar nelas como fosfatos, carbón, sales, hidrocarburos e metais sedimentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos primeiros tempos do cristianismo, especialmente no campo da arte.

    2. Arte propia dos primeiros séculos do cristianismo que participou da arte profana romana, pero que se diferenciou dela pola funcionalidade relixiosa e a iconografía. O período rematou coas invasións xermánicas e na banda oriental do Imperio Romano, esta arte enlazou coa bizantina. A pintura e a escultura apareceron nas catacumbas de San Calisto e de Domitila en Roma, nos ss III-IV. Son frecuentes as representacións do Bo Pastor, a imaxe do orante, temas de orixe mitolóxica, do Antigo Testamento, milagres de Xesús Cristo Salvador ou da Derradeira Cea. Os sarcófagos máis antigos datan do s III (Santa Maria Antica, en Roma). A arquitectura cristiá xurdiu coa pacificación constantiniana (313) e apareceu un tipo de templo de planta central coñecido como martyrium. Destacan as construcións sobre o Santo Sepulcro e a da Ascensión en Xerusalén, a da Natividade en Belén, e os antigos baptisterios como o de Letrán en Roma ou o dos ortodoxos en Ravenna. As outras formas do templo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da ecoloxía que estuda a relación dos fósiles co medio en que vivían.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleoecoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Endemismo antigo que deriva frecuentemente da persistencia na residencia, nunha área restrinxida, de especies que anteriormente poboaran áreas máis vastas e que, por efectos da competencia ou do cambio nas condicións ambientais, quedaron reducidas á área que agora ocupan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • antigo eslavo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie extinguida que representa un segmento, delimitado arbitrariamente, dunha liña evolutiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos paleognatos.

    2. Ave da infraclase dos paleognatos.

    3. Infraclase de aves que se caracterizan por presentar prevómeres de grandes dimensións e pterigoides soldados aos palatinos. Son aves corredoras que perderon a capacidade de voar e carecen de quilla, como por exemplo as avestruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda as escrituras e os signos gráficos (formas, orixe e evolución) e a súa interpretación axeitada (lectura, datación e localización). O seu suxeito son os alfabetos e toda clase de escrituras desde a Antigüidade ata a época actual. O seu obxectivo primordial é a lectura e transcrición correcta do texto escrito, pero tamén a datación das escrituras en que non aparezan indicacións de tempo ou lugar. Como ciencia auxiliar, proxéctase sobre a codicoloxía, a diplomática, a papiroloxía, a epigrafía, a tipografía, a filoloxía, a edición de textos, a sixilografía, a numismática, a historia das ciencias e, en xeral, sobre calquera investigación histórica de primeira man que empregue fontes escritas. A análise paleográfica que se aplica ás letras e a outros signos gráficos para explicar a súa formación e evolución ten en conta os elementos que integran as letras, os seus elementos adventicios e os factores que as transforman. Dos primeiros destacan a forma, o módulo, o dutus,...

    2. Rama da musicoloxía que se encarga da lectura, da transcrición e da interpretación axeitada dos antigos sistemas de notación musical anteriores á proporcional ou medida. Ten unha importancia especial no estudo do antigo canto litúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en paleografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pegada que deixa na rocha un organismo antigo. Clasifícanse pola súa forma, situación no estrato e comportamento que representan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda as pegadas que deixan os organismos antigos e que se conservan nas rochas. A análise das pegadas antigas representa unha contribución importante ao coñecemento dos antigos organismos desprovistos de esqueleto e fornece información sobre o comportamento dos animais antigos e a súa contribución á sedimentación. En sucesións sen fósiles, as pegadas antigas poden cumprir o seu papel na análise estratigráfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome que creou J. Lubbock para designar a época que se coñecía como idade da pedra tallada. É a etapa máis antiga da prehistoria e ocupa a maior parte da era cuaternaria. Os xacementos europeos foron a base de traballos importantes que permitiron efectuar tres grandes divisións no Paleolítico: o inferior, o medio e o superior. O Paleolítico, coñecido tamén como cultura dos cantos tallados, durou aproximadamente desde 3.000.000 ata 500.000 anos a C. Os seus instrumentos, obra dos australopitecos, consistían en machadas de man ou bifaces e lascas. Entre o ano 90.000 e o 35.000 a C desenvolveuse o Paleolítico Medio ou Musteriano, que presenta industrias dunha relativa uniformidade, estendidas por Europa, África e Asia, obra dos homes de Neanderthal. O Paleolítico Superior, aproximadamente entre 35.000 e 10.000 anos a C, deu paso tras unha época intermedia, ao Epipaleolítico e Mesolítico, á Revolución Neolítica. As industrias anteriores evolucionaron cara ás de follas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Paleolítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe nobre bizantina que, desde o s XI, proporcionou ao imperio numerosos guerreiros e homes de estado, frecuentemente aliados e emparentados coa dinastía reinante. Coñécese sobre todo a partir de Andrónico Paleólogo , doméstico da corte de Xoán III Vatatzes en Nicea, e gobernador de Tesalónica. O seu fillo, Miguel VIII Paleólogo coroouse emperador (1259), inaugurando a dinastía que reinou ata a caída do Imperio Bizantino (1453). Os Paleólogos presidiron os derradeiros anos da historia bizantina e, aínda que a actuación política de todos eles foi moi desigual, o papel cultural que tiveron acadou cotas moi elevadas. Sobreviviron á caída de Constantinopla e diversas ramas súas arraigaron noutros países, como os Paleólogos de Monferrato, que exerceron a soberanía deste marquesado de Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especialista en paleoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo das culturas antigas e das súas linguas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo do magnetismo terrestre natural remanente co fin de determinar a intensidade e a dirección do campo magnético terrestre no pasado xeolóxico, que se desenvolveu lentamente durante as primeiras décadas do s XX. No campo da estratigrafía (magnetoestratigrafía) trata especificamente do estudo do magnetismo fósil ou remanente das rochas para establecer nelas unidades estratigráficas e facer unha correlación a escala mundial. Tomando mostras de rochas orientadas e ben datadas xeocronoloxicamente, é posible reconstruír a migración dos polos no transcurso da historia xeolóxica. Así, demostrouse que os minerais magnéticos das correntes de lava, os primeiros en cristalizar, adquiren a orientación do campo magnético terrestre e esta permanece fixada para sempre no momento da consolidación da rocha, se a temperatura é inferior ao punto de Curie (magnetización termorremanente). Outras veces son os grandes imáns aciculares sedimentarios os que, ao depositarse nun fondo de augas tranquilas,...

    VER O DETALLE DO TERMO