"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Economista. Definiu a economía política como unha simple exposición da forma de como se crean, se distribúen e se consumen as riquezas. O empresario compra os servizos produtivos (terra, traballo e capital) e distribúe entre eles o valor dos produtos, que xa non dependen só do traballo, senón tamén da utilidade. Formulou unha lei dos mercados. Publicou Traité d’économie politique (1803).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema montañoso de Asia central, situado entre Siberia Meridional e Mongolia, o altiplano do lago Baikal e o extremo noroeste dos montes Altai. Fórmano unha serie de serras paralelas, con alturas desde os 500 m ao N e 900 m ao S, ata máis de 3.000 m na parte central (Munku-Sardyk, 3 491 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos šaybanī.

    2. Membro da dinastía musulmá sunnita uzbeka, fundada por Šaybānī ḫān, que gobernou a Transoxiana (1500-1599), con capital en Samarcanda e Bukhara. Unha rama da familia estableceuse en Siberia, ata que no s XVII foi derrocada polos mongois calmucos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das umbelíferas, ao que pertence a agulla pastor (S. pecten-veneris).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. De nome Lippo di Dalmasio e coñecido como Maso da Bologna, formouse en Boloña e Florencia, onde adquiriu firmeza de debuxo e un certo modo solemne na composición, que incorporou ao seu estilo goticista. Destacan Coronazione della Madonna e Madonna col bambino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como André Suarès, cultivou sobre todo o ensaio. Das súas obras destacan Présences (1925) e Pages (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado en Roma, trasladouse a Nápoles (1683), onde escribiu un gran número de óperas que deron forma e estrutura á ópera napolitana posterior con elementos como a aria da capo. Compuxo oratorios e cantatas, como Il giardino d’amore, música instrumental, a ópera cómica Il trionfo dellónore (1718) e o Stabat Mater.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista italiano. Perfeccionou o coñecemento morfolóxico do sistema nervioso, do peritoneo, do aparato xenital e de zonas anatómicas completas, como o triángulo de Scarpa. Fixo achegas á fisioloxía da visión e da audición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comuna de Liechtenstein (26,85 km2; 5.454 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Estudou en Múnic, onde tomou contacto co expresionismo. Integrado no círculo dadaísta de Zúric, foi ilustrador da revista Sirius (1915), e inventou as schadografías, fotografías abstractas resultado da combinación da técnica da colaxe e o fotograma. A partir de 1920 o seu estilo evolucionou cara ao realismo. Traballou con Otto Dix e George Grosz, e participou en exposicións no MOMA de Nova York (1936), en Londres (1970) e Berlín (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e augafortista. Residiu en Italia (1785-1787) e foi escultor da corte e director da Academia de Berlín. Tinxiu o idealismo de realismo. Destacan a Quadriga da Porta de Brandenburg de Berlín (1784), o sepulcro do conde da Marca (1790-1791), en Santa Dorotea en Berlín, e o grupo As princesas Luísa e Federica de Prusia (1795-1797). O seu fillo e discípulo Wilhelm von Schadow (Berlín 1788-Düsseldorf 1862), pintor retratista, foi membro dos nazarenos en Roma e director da Academia de Düsseldorf (1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Das súas obras destacan   The Best Man (1964), The War Lord (1965), Planet of Apes (1967), Patton (1970, Oscar ao mellor director en 1971), Papillon (1973), The Bois from Brazil (1978) e Welcome Home (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico polaco naturalizado estadounidense en 1962. En 1939 trasladouse a Escocia, onde se doutorou en 1955. En 1977 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con R. Guillemin e R.Yalow, polos seus importantes traballos sobre a produción de hormonas hipotalámicas que controlan a actividade hormonal periférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar alemán. Vetado por Napoleón I, actuou na clandestinidade ata que, iniciada a guerra (1813), fixo as funcións de xefe de estado maior de G. L. Blücher. Morreu na Batalla de Grossgörschen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Colaborou con Bruno Taut, con quen se asociou (1925) en DerRing, a unión berlinesa de arquitectos, defensora da arquitectura moderna, e urbanizou a Siemensstadt. Despois da Segunda Guerra Mundial participou na reorganización do urbanismo alemán, fixo o rañaceos Romeu e Xulieta (1957-1963) e a Sala de Concertos, en Stuttgart, a Nationalbibliothek de Berlín (1963) e a Filharmónica de Berlín (1956-1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Foi deputado polo partido socialdemócrata, do que foi vicepresidente (1911). Xefe do goberno (febreiro-xuño de 1919), dimitiu para non aceptar o Tratado de Versailles. Exiliouse por oposición ao nazismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Foi mestre de capela na corte de Weimar (1615), cantor e director de música da Tommasschule de Leipzig (1616). Das súas obras destaca Venus-Kräntzlein (Grilanda de Venus, 1609), colección de música vogal e instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político israelí. Coñecido como Ariel Sharon. Alistouse no Haganah e participou nas Guerras Árabe-israelís ao mando de diferentes brigadas militares, -especialmente durante a Guerra dos Seis Días- ata acadar o grao de Xeneral Maior. En 1973 cofundou o Likud e resultou elixido deputado do Knesset ou Asemblea Nacional (1973-1974 e 1977). Tras participar na Guerra do Yom Kippūr (1973) foi relevado do mando pola súa constante insubordinación e as súas posturas políticas extremas. En 1974 fundou o Shlomtzion que, en coalición co Likud, formou o primeiro goberno conservador da historia de Israel, durante o que foi presidente da Comisión Ministerial sobre os Asentamentos, ministro de Agricultura (1977-1981) e de Defensa (1981-1983). Deposto deste cargo e acusado de crimes de guerra, ocupou posteriormente, baixo a presidencia de I. Shamir, o posto de ministro sen carteira (1983-1984), o de Comercio e Industria (1984-1990) e o de Construción e Vivenda (1990-1992). Con B....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico, irmán de Margarete Schell. Destacou polos seus papeis escuros e intelixentes, como Judgement at Nuremberg (1961, Oscar ao mellor actor), Topkapi (1964), Krakatoa, East of Java (1969), Sarajeviski atentat (1975) e Festival in Cannes (2001). Como guionista e realizador, sobresaen Erste Liebe (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1970) e Der Richter und sein Henker (Concha de Prata no Festival Internacional de Cine Donostia 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO