"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escritor neerlandés. Considerado o creador da escola novelística neorromántica neerlandesa, escribiu Een Zwerver verliefd (Un vagabundo namorado, 1904), Der Liefde bloesems (Flores de amor, 1921) e a triloxía Een Hollands drama, De rijke ma e De Grauwe vogels (Un drama holandés, O home rico e Os paxaros terrosos, 1935-1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Executando unha composición musical ou un fragmento de maneira lixeira, viva e alegre.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse co seu irmán, Bernardo Schiaffino (Xénova 1678-1723), e en Roma, con C. Rusconi. Traballou en Xénova (1724), onde realizou Il ratto di Proserpina, Sant’Anna e Madonna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo italiano. Foi director do observatorio de Brera, en Milán. Estudou as variacións do aspecto e da luminosidade da cabeza do cometa Pons-Brooks (1833) e demostrou que a órbita dos meteoritos do enxame das Perseidas coincidía coa órbita do cometa observado en 1826. Foron moi importantes as súas observacións do planeta Marte, do que a partir de 1877, difundiu a existencia de canles, descubertas por A. Secchi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta flamengo. Coñecido como Paul Snoek, da súa obra destaca Gedichten voor Maria Magdalena (Poemas para María Madalena, 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Foi o principal representante do pragmatismo en Inglaterra, que denominou humanismo para recalcar a dimensión de satisfacción de necesidades ou utilidades humanas que caracteriza e dá valor a toda manifestación cultural. Corrixiu o relativismo do criterio pragmatista de verdade mediante o principio selectivo de eficacia social. Escribiu Studies in Humanism (1907 e Logic for Use. An introdution to The Voluntarist Theory of Knowledge (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. A influencia de Rousseau e dos poetas do movemento Sturm und Drang, fixeron crecer a súa ideoloxía revolucionaria contra a tirania dos gobernos, que reflectiu en Die Räuber (Os bandidos, 1781). Desertou do exército e tivo que fuxir a Mannheim (1782), onde presentou pezas teatrais republicanas, e fundou a revista Rheinische Thalia. Despois, dedicouse á investigación histórica e en 1789 obtivo unha cátedra na Universidade de Jena. A pesar de ser cidadán de honra da nova República Francesa (1792), distanciouse das consecuencias reais da revolución que defendera teoricamente, e interesouse pola filosofía idealista de Kant. Coa edición das revistas Die Horen (1794) e Musenalmanach (1796-1800), iniciou unha constante colaboración con Goethe. Da súa obra dramática, dogmaticamente idealista, destacan Luise Millerin, titulada posteriormente Kabale und Liebe (Cábalas e amor, 1784), Don Carlos, Infant von Spanien (1787),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e xeógrafo alsaciano. Especializouse en citoloxía e elaborou unha teoría sobre os plastos, ademais de introducir o termo cloroplasto. Considérase un precursor da moderna ecoloxía. Publicou Pflanzengeographie (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. En 1725 iniciou a construción do castelo de Brühl, continuado despois por R. de Cotte e B. Neumann. En Münster fixo o Clemenshospital (1744-1753), a residencia Erbdrostenhof (1754-1757) e o palacio episcopal (1767).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e filósofo. Está considerado o teólogo do romanticismo alemán, tanto pola súa obra Der Christliche Glaube nach den Grundsätzen der Evangelischen Kirche (A fe cristiá segundo os principios da Igrexa Evanxélica, 1821-1822) como pola súa interpretación do feito relixioso en Über die Religion (Sobre a relixión, 1799) ou Monologen (Monólogos, 1800). Destacan tamén Dialektik (Dialéctica, 1903) e Hermeneutik (Hermenéutica, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Plan estratéxico establecido polo xefe do alto estado maior o mariscal de campo Alfred von Schlieffen (Berlín 1833-1913), que foi posto en práctica polo seu sucesor, Helmuth von Moltke, ao declararse a Primeira Guerra Mundial (1914). Prevía cercar o exército francés para ameazar París. Foi frustrado pola resistencia belga, a intervención británica e a vitoria francesa do Marne.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo. Descubriu a situación da Troia homérica no outeiro de Hissarlik (preto dos Dardanelos, Turquía), escavando a cidadela fortificada con nove estratos sobrepostos (Trojanische Altertümer, 1874). En Micenas, descubriu o mégaron e as tumbas da acrópole, que identificou coas dos Atrides (Mykenä, 1878). Escavou o tesouro de Orcomeno (Orchomenos, 1884) e descubriu o palacio de Tirinto (Tiryns, 1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista alemán. Xunto con A. Gide, foi un dos fundadores da Nouvelle Revue Française (1908-1909), que codirixiu con J. Copeau e A. Ruyters ata 1912. Cultivou a novela, o conto, o ensaio e o teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor, arquitecto e decorador. Establecido en Berlín, a súa arte foi influída polo estilo neerlandés de Arturo Quellinus (Estatua do elector Federico III, 1697) e polo estilo francés (Monumento ecuestre do Gran Elector, 1698-1703). Como arquitecto interveu na dirección do palacio do Arsenal, pero a inhabilidade na construción das torres da Moeda puxo fin á súa carreira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor. Realizou o primero estudo dialectal dunha área do galego feito in situ na Baixa Limia, que foi a súa tese de doutoramento, Studien zum Galizischen des Simiabeckeus, baseado no método Wörter und Sachen (palabras e cousas). Das súas obras destacan El gallego, idioma agonizante y próximo a desaparecer?, Sobre el Estatuto autonómico de Galicia e Encuesta mundial sobre la lengua y la cultura gallegas... (1974) e Algunas nociones sobre la lengua gallega, Das Galicische e Die Galicische Literatur. En 1971 recibiu o Pergameo de Honra do Pedrón de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro musical fundado en París en 1894 por C. Bordes, A. Guilmant e V. d’Indy, que foi o seu director desde 1909. Destinado ao ensino do canto litúrxico e da música relixiosa, incorporou a música profana no seu programa converténdose así nunha escola superior de música.
-
-
Estrado de planta rectangular, relacionado co bema siríaco, situado no centro da nave das basílicas cristiás, diante do altar, que se reservaba para os cantores.
-
Institución romana dos s VI-VII ao servizo do canto para a liturxia cristiá. Na Alta Idade Media atopábase en moitas catedrais e mosteiros de Europa. Modernamente, refírese aos grupos dedicados ao gregoriano para a liturxia.
-
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Descubriu o ozono (1840) estudando o olor característico que observara nos arredores dunha fábrica eléctrica, e inventou o algodón pólvora (1846) que permitiu a fabricación da primeira pólvora sen fume.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento simple e rápido para a acilación de alcohois e aminas con formación de ésteres e amidas. Realízase axitando unha mestura do alcohol e a amina cunha base acuosa e un exceso dun haloxenuro de acilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método para determinar o índice de refracción de partículas cristalinas, coa axuda do microscopio. Utiliza a iluminación oblicua, e a determinación realízase sempre respecto a líquidos de índice de refracción coñecido.