"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
GALICIA
Escribán público. Realizou estudios sacerdotais en Santiago de Compostela, de dereito en Montevideo, a onde se trasladara en 1886, e finalmente obtivo o título de escribán público en Bos Aires. En 1904 comezou a organizar a Biblioteca América, hoxe integrada na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, inaugurada en 1926. Así mesmo, foi promotor dunha Universidad Libre Hispanoamericana, que tería a súa sede en Santiago de Compostela. En 1922 logrou que o claustro universitario aprobase o regulamento do Padroado da Universidade. Foi membro da Unión Hispano Americana Pro Valle Miñor, entidade que tiña por obxecto dotar a Galicia de escolas. Ademais, fundou e dirixiu a revista Cervantes e o Boletín da Biblioteca América. En 1934 recibiu o título de doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santiago de Compostela. Construída a finais do s XIII, conserva do primitivo templo románico o arco triunfal de medio punto, dobrado e lixeiramente apuntado, que descansa sobre dúas columnas que presentan capiteis con decoración vexetal a base de grandes follas e que rematan en bólas e en pequenas volutas. No exterior, no cumio do tellado, consérvase unha cruz de entrelazos xeométricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do Epiro setentrional, actualmente en Albania, fronte á illa de Corfú, á beira do lago de Buthroton. Foi a Colonia Augusta Buthrotum dos romanos e, durante o imperio bizantino, foi un importante centro que conservou parte do seu poderío baixo o dominio da República de Venecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido butírico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contemporánea do teatro danza xaponés, desenvolvida nos anos cincuenta por Hijikata Tatsumi e Kazuo Ohno. Na danza Butoh déixase sentir o peso da tradición, pero tamén a importancia de indagar e investigar as máis vangardistas e novidosas propostas. Ushio Amagatsu, creador e director do grupo Sankai Juku, destaca que o Butoh é a danza das tebras, unha danza experimental e revolucionaria, totalmente introvertida e en relación permanente co propio silencio interior. Por esta razón, un dos seus elementos fundamentais é a exploración do movemento que, por veces, se volve extremadamente lento, curvo, retorcido, ritual, e que sempre contén, como os nosos soños e pesadelos, unha enorme tensión dramática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía da familia austronésica e do grupo de linguas malatyo-polinesias occidentais, subgrupo célebes. Ten aproximadamente uns 200.000 falantes.
-
PERSOEIRO
Escritor flamengo. Desenvolveu unha obra novelesca no marco do nouveau roman. Publicou, entre outras, as novelas L’emploi du temps (O emprego do tempo, 1956), La modification (A modificación, 1957), Degrés (Graos, 1960), Intervalle (Intervalo, 1973) e os ensaios Repertoire (Repertorio, 1964-1976), Boomerang (Búmerang, 1978) e Quadruple Fond (Cuádruplo fondo, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos ardeidos ao que pertence a garza verdella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade do Epiro setentional, actualmente en Albania, situada fronte á illa de Corfú e á beira do lago de Butroto. Foi a Colonia Augusta Buthrotum dos romanos, e acadou importancia baixo Bizancio e Venecia. Aínda conserva restos de murallas, o teatro e a acrópole.
-
PERSOEIRO
Zoólogo e embriólogo alemán. Profesor de zooloxía e paleontoloxía na Universidade de Heidelberg (1878-1918). Publicou diferentes traballos sobre a secuencia da mitose, a meiose e as primeiras etapas do desenvolvemento embrionario nas células animais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
miñato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ángulo que forma un estrato ou un filón coa horizontal. Exprésase en graos, ou milésimas de radián.
-
CIDADES
Cidade do voivodato de Katowice, na Alta Silesia, ao SO de Varsovia, Polonia (227.600 h [1997]). É un importante centro mineiro (carbón, cinc e chumbo), núcleo industrial (industria siderúrxica e mecánica) e centro cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura isomorfa de aluminosilicatos de sodio e de aluminio. É unha plaxioclasa intermedia entre a labradorita e a anortita.
-
GALICIA
Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na escola de Llotja en Barcelona e foi discípulo de Federico de Madrazo en Madrid e de Delaroche en París. É autor de composicións de tradición romántica e de decoracións murais, como a do Liceu de Barcelona; así mesmo, destacou como retratista. Obtivo a medalla de ouro na Exposición Universal de Barcelona de 1888.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador e empresario. Coñecido como Gene Cabaleiro, logo dunha etapa como futbolista, iniciou a súa andaina profesional como deseñador e empresario nos anos sesenta, cando fundou cos irmáns Regojo a empresa Atir, dedicada á comercialización e fabricación de pantalóns de vestir. En 1968 comezou a súa traxectoria profesional en solitario, ao adquirlles aos irmáns Regojo a súa participación na empresa. En 1974, fundou en Vigo a empresa D’aq e a marca comercial D’aquino que produciu todo tipo de prendas para home e, posteriormente, especializouse en roupa de espectáculo e fantasía. Nos anos oitenta os seus deseños acadaron o seu máximo apoxeo e comercializáronse en Europa, nos EE UU e nos países árabes. Considerado como un gran creador e un gran técnico no uso das cores e dos tecidos, intérpretes como Elton John ou Miles Davids, entre outros, empregaron o seu vestiario. Inaugurou comercios propios en París, Anveres, Colonia, Saint Tropez, Vigo ou Eivissa. Recibiu numerosas mencións e condecoracións...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Superposición dun anticlinal sobre outro sen que se separe da súa base e cun ángulo de buzamento inferior a 45°.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade cultural vasca do s XVIII, de ideoloxía ilustrada, fundada no 1748, que deu orixe á Sociedad Económica Vascongada de Amigos del País.