"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
GALICIA
Reposteiro. Foi o creador da Casa Rei das Tartas de Mondoñedo, de gran sona pola calidade dos seus produtos. Obtivo numerosas distincións e condecoracións, entre as que cómpre destacar a Medalla al Mérito Turístico (1977), o premio Monsieur Maitre Rotisseur (1981), Gallego Ilustre (1986) e Fillo Predilecto de Mondoñedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método que ten por obxecto rexistrar graficamente os ruídos cardíacos grazas á transformación das vibracións en enerxía eléctrica mediante un micrófono reforzador e un oscilógrafo de espello. Permite obxectivar a existencia de ruídos cardíacos imperceptibles ao oído humano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico que se obtén mediante a fonocardiografía.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Vilagarcía de Arousa. Construída en estilo románico entre os ss XII e XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular con cuberta de madeira. O arco de triunfo é de medio punto peraltado e arranca dunha liña de imposta decorada con billetes que se apoia en semicolumnas pegadas. Na ábsida destacan as pinturas murais dispostas en dous corpos separados pola liña de impostas. Datadas no s XVI, representan no testeiro a Anunciación, na parte superior, e os apóstolos Pedro e Paulo na inferior; nas paredes represéntase a santa Elena e, posiblemente, o Apóstolo Santiago. As figuras caracterízanse por ter un canon próximo ao natural e pola súa composición inmersas nun escenario paisaxístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Martiño que dá nome ao concello de Forcarei.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca administrativa de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao NL co concello de Silleda (na comarca do Deza), ao L co de Lalín (Deza), ao S cos do Irixo e Beariz (ambos os dous na comarca do Carballiño) e A Lama e Cotobade (na de Pontevedra), ao O co de Cerdedo e ao NO co da Estrada. Abrangue unha superficie de 168,4 km 2 , nos que acolle unha poboación de 4.428 h (2007), distribuídos nas parroquias de Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, Quintillán, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras e Ventoxo. A capital municipal é a vila de Forcarei, situada a 42° 35’ de latitude N e 8° 20’ de lonxitude O, 44 km ao NL de Pontevedra e 52 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial da Estrada e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A elevada altitude media... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión da República de Guinea (4.625 km2; 116.464 h [1983]). A capital é Forécariah.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico norteamericano. Foi perseguido polo maccarthismo a raíz da súa participación en guións como Champion (Campión, 1949) e en High Noon (Alto mediodía, 1952). Trasladouse posteriormente a Inglaterra, onde escribiu o guión de The Bridge over the Kwai River (A ponte sobre o río Kwai, 1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Introduciu novos métodos na terapéutica da tuberculose e das enfermidades do tórax coa construción do pneumotórax artificial.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora e profesora de Ensino Secundario. Presentou o seu libro Carmen, Carmela, Carmiña ao Premio Planeta en 1994. En marzo de 2001, a Audiencia Provincial de Barcelona admitiu a trámite a súa querela interposta contra o premio Nobel Camilo J. Cela a quen acusaba de plaxiar a súa obra en La Cruz de San Andrés, gañadora do Premio Planeta de 1994.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Formouse con Dolores Díaz Baliño. Pintou ao óleo e á augaforte fundamentalmente paisaxes, caracterizadas pola pincelada ancha e fluída. Realizou exposicións en París, Londres, Madrid, Barcelona, A Coruña e Vigo, entre outras cidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ter relacións sexuais, especialmente fóra do matrimonio.
-
GALICIA
Historiador e canonista. Doutor en Xurisprudencia e licenciado en Canons (1835), foi catedrático en Barcelona, Salamanca e Sevilla antes de converterse no reitor da Universidad Libre de Vitoria. Colaborou coa Igrexa en materia de dereito canónico e na continuación do libro do padre Flórez La España Sagrada. Dirixiu La Gaceta de Oñate e foi redactor de La Esperanza. Entre os seus escritos destacan “Instituciones canónicas de Devoti”, “Concordia de la Iglesia y el estado en la época de la España goda” (1857), “Estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II” (1860) e un traballo inédito sobre o Colexio de Fonseca. Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor. Realizou os estudios musicais na súa cidade natal e en Vigo, e logo ingresou na banda do Rexemento de Murcia. Formou parte de numerosas orquestras e bandas, tanto en España como en América, e estableceuse en Cuba. Da súa produción destaca Camiño longo, Noite de lúa, A fouce esquecida e Melodía gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Protexer un lugar con construcións para defenderse do inimigo.
-
Dar a alguén ou a algo forza física ou resistencia.
-
Facer forte ou máis forte algo inmaterial.
-
Realizar construcións nun lugar para se protexer do inimigo.
-
Adquirir alguén ou algo forza física ou resistencia.
-
Facerse forte ou máis forte algo inmaterial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘durmir’.
-
PERSOEIRO
Poeta, narrador e dramaturgo. A súa obra está vinculada ao Movemento Dramático Rexional, que apostaba pola recreación da Galicia rural, unhas veces desde a exaltación e outras desde unha denuncia tímida de problemáticas como o caciquismo ou a emigración. Da súa autoría son O rei da carballeira (1917) e Vaites..., vaites! (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Comezou como axudante de dirección do seu tío Jesús Franco e con pequenas curtametraxes como El desastre de Annual (1970). Dirixiu a película Pascual Duarte (1976), baseada na obra de Camilo José Cela. Outras películas destacadas da súa produción son Los restos del naufragio (1978), El sueño de Tánger (1986), Oh, cielo! (1994) e La buena estrella (1997), que recibiu varios Goya.
VER O DETALLE DO TERMO