"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Mártir. Xunto co seu compañeiro Baco, sufriu martirio baixo a persecución de Diocleciano. A tradición di que forón oficiais das tropas romanas destacadas na fronteira oriental. A súa festividade celébrase o 8 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que sesea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biplano que ten unha das súas ás, xeralmente a inferior, de superficie menor ca a outra.
-
GALICIA
Poeta, arquitecto e político. Integrante do grupo dos Novísimos, participou no movemento estético socialrealista da década de 1960, aínda que co tempo a súa obra foi adquirindo trazos máis persoais. Emigrado a Venezuela (1962), exerceu como catedrático de Deseño Arquitectónico da Universidad Central de Caracas e cofundou o grupo de esquerda “La Causa R” (1971), co que participou activamente na política dese país, e foi nomeado ministro de Cultura da República Bolivariana de Venezuela (2004). Dos seus deseños arquitectónicos destacan o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela ou a Plaza del Bicentenario. É autor de Da estrela e da fouce (1967) e UPGpoemas (1973), escritos e difundidos na clandestinidade; Porta aberta (1976), Por unha muller (1976), de carácter amoroso; Isolda. Porta Aberta (1990), La más nueva poesía de Venezuela (1981), unha falsa escolma escrita por el mesmo en castelán; Arte poética. Poema...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Milán, Lombardia, Italia (75.421 h [2001]). É un centro industrial do sector nororiental da área metropolitana de Milán, da que dista uns 9 km. A principal rama industrial é a de fundición de aceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico que enfrontou a Ingaterra e Prusia contra Francia, Austria e os seus aliados, entre 1756 e 1763. Foi provocada pola rivalidade colonial entre Inglaterra e Francia e polo intento por parte de Austria de recuperar Silesia, ocupada por Prusia. As tropas prusianas de Federico II ocuparon Saxonia (1756), pero a alianza entre Saxonia, Rusia e Suecia con Austria e Francia (Tratado de Versailles, 1757) obrigounos a abandonar as súas conquistas. O exército prusiano derrotou os franceses e saxóns en Rossbach (1757), os austríacos en Leuthen (1757) e os rusos en Zorndorf (1758), mais foi derrotado en Kunersdorf (1759) polos rusos. O acceso ao trono do Tsar Pedro III, bo admirador do espírito prusiano, significou a retirada de Rusia da guerra, seguida tamén por Suecia. A superioridade naval de Inglaterra permitiu o bloqueo das costas francesas. Os británicos ocuparon Québec (1759) e Montréal (1760) e derrotaron os franceses en India (Pondichery, 1761). A intervención de España, provocada...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída en estilo románico (s XII), ten nave rectangular e ábsida dividida nun tramo recto e outro semicircular, cuberto con bóveda de canón e de cuarto de esfera, respectivamente. A ábsida está decorada con pinturas murais coa representación do Xuízo Final. Destaca a figura de Xesús rodeado de anxos trompeteiros e a de san Pedro cunha chave nas mans ao tempo que abre as portas do ceo. A porta principal está formada por unha soa arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída en estilo románico a finais do s XII ou comezos do s XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular. No interior destacan as pinturas do arco triunfal e do muro que o rodean, atribuídas ao chamado mestre de Seteventos. Están presididas pola figura do Pantocrátor rodeado dos benaventurados e dos condenados. No extradorso do arco triunfal represéntase a Anunciación. Os ocos decóranse con formas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar interior de Xapón, situado entre as illas de Honshū, Shikoku e Kyūshū. Comunícase co Pacífico polos estreitos de Kii e de Bungo, e co mar de Xapón polo de Shimonoseki.
-
LAGOS
Lago montañoso de Armenia, o máis grande do Cáucaso, situado a 1.903 m de altitude, no altiplano armenio (1.360 km). Nel nace o río Razdan, aproveitado para a produción de electricidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Parroquia do concello de Navia de suarna. baixo a advocación de San xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que provén do latín Severianus, xentilicio de Severo. De feito en Roma as termas severianas foron as que mandou construír Septimio Severo.
-
-
Relativo ou pertencente aos severianos.
-
Individuo do pobo severiano.
-
Pobo eslavo que, antes da formación dun primeiro estado ruso, habitaba na rexión de Kiev.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Monxe e presbítero, foi enviado en 509, a Constantinopla por protestar polas persecucións monofisitas. Converteuse en patriarca de Antioquía en 512, foi favorable ao Henōtikón. Deposto polo Emperador Xustino (518), fuxiu a Exipto, onde desenvolveu unha grande actividade literaria durante dez anos. Ao retornar a Antioquía, frecuentou Constantinopla, onde coa protección da Emperatriz Teodora, traballou pola causa monofisita ata que, novamente exiliado, en 536 se refuxiou definitivamente en Exipto. As súas obras conserváronse sobre todo en traducións siríacas, destacan a colección de Cartas e unha serie de 125 Homilías; moitas das súas composicións poéticas consérvanse no Oktoekhos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Ravenna. Tecelán de profesión, unha pomba pousoulle na cabeza mentras agardaba a elección do bispo e foi el o elixido. Viste con mitra, como bispo, e leva un peite para cardar a la e unha pomba sobre o ombreiro, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 1 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alexandre Severo.
-
PERSOEIRO
Bispo de Barcelona (615-636). Morreu furándolle a cabeza cun cravo. Represéntase vestido de pontifical, con casula ancha, mitra e báculo, como bispo; cun cravo afundido no cranio e ás veces cunha pomba, xunto á cabeza, como atributos persoais. A súa festividade celébrase o 6 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. De nome Igor Vasil’evič Lotarev, foi compañeiro de Majakovskij e un gran dominador e innovador da lingua e da poesía. Destacan Zarnicy mysli (Raios de pensamento, 1908) e Kolokola sobora čustv (Dos sentimentos da campá da catedral, 1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma andaluza da danza da seguidilla castelá e manchega. No seu desenvolvemento alternan o compás de 3/8 e de 2/8. OBS: Adoita empregarse en plural.