"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Calidade ou condición de provinciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a unha provincia ou ao seus habitantes.

    2. Natural ou habitante dunha provincia, en oposición ao que é da capital.

    3. Que ou quen se caracteriza por unha estreiteza de espírito que leva a un excesivo apego á mentalidade ou aos costumes propios dunha provincia ou dun círculo social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República federal que xurdiu pola Unión de Utrech (1579), coa unión de sete provincias dos Países Baixos do Norte (Gelderland, Holanda, Zelanda, Utrech, Frisia e, desde 1594 Overijssel e Groningen), tras obter a independencia da monarquía hispánica. En 1648 sumáronse parte dos Países Baixos meridionais e recoñeceuse definitivamente a súa independencia pola Paz de Münster. Alcanzou unha gran prosperidade e expansión comercial, acompañada no interior pola laicización da cultura e a tolerancia relixiosa e política. A competencia con Inglaterra provocou a súa crise, agravada definitivamente cos ataques franceses xa que, aínda que formaba parte da Liga de Augsburgo, non puido evitar a invasión de 1795, que provocou o exilio do príncipe de Orange e o cambio do nome das Provincias Unidas polo de República Batava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario editado en València a partir do 31 de xaneiro de 1866, que interrompeu a súa edición entre 1936 e 1939. Fundado por Teodoro Llorente e Josep de Domènech, aos que Josep de Campo cedeu a propiedade de La Opinión a condición de que cambiasen a cabeceira, en 1872 subtitulouse “Diario Mercantil”. A propiedade do periódico estivo sobre todo ligada aos descendentes de Domènech e en 1931 converteuse en sociedade anónima. Politicamente, achegouse ás posicións dos grupos da dereita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de prudente.

    2. Conduta cauta e moderada que trata de evitar perigos ou riscos.

    3. irtude cardinal que consiste no discernimento do que é xusto ou non, para seguilo ou fuxir del e que, polo tanto, conduce á fin última do home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á prudencia.

    2. Que é moderado ou suficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que provén do latín Prudentius, de prudentĭa ‘coñecemento, sabedoría’, derivado á súa vez de prudens ‘previsor, prudente’. O nome tamén pode ser tomado, no cristianismo, dunha das catro virtudes cardinais, que permite distinguir o bo do malo. Presenta o hipocorístico feminino Pencha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno polo que un organismo heterocigótico para un par de alelos perde unha porción do cromosoma do alelo dominante, que fai que o alelo recesivo se manifeste fenotipicamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. puberdade.

    2. Calidade de pubescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición ou calidade de pudoroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse pola Universidad Central de Madrid en 1867. Foi alcalde de Santiago de Compostela (1870-1871), deputado en Cortes polo distrito de Santiago de Compostela (1871-1871) e polo da Coruña (1884-1886), e gobernador do Banco Español en La Habana (1891). Foi senador pola Real Sociedad Económica Matritense de Amigos del País (1891) e pola provincia cubana de Matanzas (1893). Ao volver de Cuba foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo (1895). Defendeu a M. Curros Enríquez, cando foi condenado por Aires da miña terra e publicou Informe oral pronunciado por (...) en defensa de D. Manuel Curros Enríquez (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secreción cerosa que cobre o tegumento de certos insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de purulento.

    2. Presenza ou formación de pus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de putrescente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de tres reunións que se desenvolveron en Québec. Froito da primeira conferencia (1864) xurdiu a British North America Act (1867), polo que se creou o dominion do Canadá. Na segunda (1943) e terceira (1944), F. D. Roosevelt e W. Churchill discutiron a estratexia da guerra en Europa, pero non chegaron a ningún acordo definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queratite profunda, propia dos neonatos, caracterizada por un abrandamento da córnea, que remata perforándose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano, fillo do escultor e ourive Pietro d’Angelo. De nome Pietro di Piero d’Angelo di Guarnieri, tomou o seu nome de Quercia Grossa, lugar de orixe da súa familia. Participou no concurso para realizar as portas do baptisterio de Florencia (1401). Das súas primeiras obras, fieis aos canons góticos, destaca o sepulcro de Ilaria del Carretto (1406?) na catedral de Luca, e Il Giudizio di Salomone (1408) para o Palazzo Ducale de Venecia. O seu estilo evolucionou cara ás pautas renacentistas nos relevos da Fonte Gaia (1414-1419) e nos da pía do baptisterio da catedral de Siena, onde traballou con Donatello e Ghiberti (1417-1431). En 1425 comezou os relevos da portada de San Petronio, en Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instinto dos homes e dalgúns animais de volver a un lugar, especialmente a aquel en que se criaron.

    2. Afecto por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de quiescente.

    2. Interrupción temporal no desenvolvemento dun insecto que se debe a factores externos e que volve ao seu curso cando estes factores volven ser favorables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz que acompaña a algúns procesos químicos e bioquímicos en que se orixinan moléculas en estado excitado.

    VER O DETALLE DO TERMO