"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
-
furúnculo.
-
Nube moi negra.
-
cardume.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu, nas épocas medieval e moderna, a illa de Eubea. Dominio de Venecia no s XIII, cando os cataláns ocuparon o ducado de Atenas apoderáronse tamén da illa (1317). En 1351 foi defendida por cataláns e venecianos aliados contra os xenoveses. Caída en poder dos turcos no s XV, incorporouse a Grecia en 1821.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de negro.
-
ILLAS
Illa do centro de Filipinas, situada no arquipélago das illas Visayas. A cidade máis importante é Bacolod. É moi montañosa, aínda que tamén posúe chairas fértiles. Destacan os cultivos de arroz, trigo, cana de azucre, cocos e tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Redondela baixo a advocación de santo Estevo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Escuridade intensa.
-
Capa de sucidade.
-
Estado ou sentimento de tristeza ou melancolía.
-
-
-
Calidade de negro.
-
Escuridade intensa.
-
Estado ou sentimento de tristeza ou melancolía.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola lingüística alemá que se desenvolveu durante o último cuarto do s XIX e comezos do XX na universidade de Leipzig. Nos seus principais postulados teóricos defenden un estudo diacrónico da lingua, a concepción das linguas como unidades desprezando as influencias externas que poden aparecer, a crenza da existencia dunha fronteira lingüística delimitada e rigorosa e a consideración dos fenómenos lingüísticos como feitos illados sen atender ao conxunto do sistema. Estableceron a existencia de leis fonéticas que se cumpren sen excepción e que a analoxía é un factor normal na transformación lingüística. Interesáronse tamén pola lingua falada, e ampliaron así a limitación dos seus predecesores á lingua escrita. As súas teorías aparecen en Morphologische Untersuchungen (Investigacións morfolóxicas, 1878-1910) de Osthoff e Brugmann. Outros integrantes da escola foron Berthold Delbrück, Herman Paul e Wilhelm Meyer-lübke.
-
-
Relativo ou pertencente á neogramática.
-
Partidario ou seguidor da neogramática.
-
-
-
Aplícase á arte, historia, literatura e lingua gregas correspondentes aos períodos medieval, moderno e contemporáneo de Grecia.
-
Lingua grega do phylum indoeuropeo, diferenciada do grego clásico, que se fala e escribe desde a época medieval.
-
-
IGREXAS
Igrexa cristiá oriental formada polos cristiáns do antigo Imperio Parto-sasánida. Coñecida tamén como Igrexa Asiria, Sirio-oriental ou Caldea, a evanxelización partiu de Edessa, e iniciouse antes da caída do Imperio Parto (226). Un sínodo convocado en Seleucia (410) constituíu un catolicosado, que en 424 se converteu practicamente en autónomo. En 486 esta igrexa aceptou o nestorianismo. No s XIII, e baixo a protección de Khublai Khan, fundador da dinastía Yuan, chegou a ter bispos e comunidades en moitas cidades chinesas, que desapareceron coa chegada da dinastía Ming (1368-1644). Chegou tamén, xa desde o s IV, á costa de Malabar (India). En 1552, das comunidades nestorianas do Oriente Medio, xurdiu o grupo unido en Roma que se coñeceu co nome de Igrexa Caldea. Organizada xerarquicamente, en 1830 erixiuse o patriarcado católico de Babilonia dos caldeos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Procedemento de ensaio non destrutivo que permite analizar por transparencia os corpos opacos á luz visible. A causa do seu elevado custo, a súa utilización está moito menos estendida ca a gammagrafía ou a radiografía.
-
Imaxe que se imprime polo procedemento neutronográfico nunha placa sensible.
-
-
Radiografía que se realiza mediante un feixe de neutróns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
lei da atracción universal.
-
PERSOEIRO
Segundo gospodar (1860-1910) e primeiro rei de Montenegro (1910-1915), fillo do gran voivoda Miguel de Montenegro e de Anastasia Martinovič e sucesor, como gospodar, do seu tío Danilo II de Montenegro. Conseguiu a independencia do seu país con respecto aos turcos e dedicouse a modernizalo e a engrandecelo. Durante a Primeira Guerra Mundial (1914-1918) o país foi invadido por Austria e tivo que exiliarse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (858-867). Interveu na controversia do patriarcado de Constantinopla e enfrontouse con Lotario I, que esixía o divorcio de Teuberga. A súa festividade celébrase o 13 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresaria. Coñecida como Elizabeth Arden, educouse en Canadá e naturalizouse estadounidense, abrindo o seu primeiro salón de beleza en Nova York en 1910. Considerou a saúde e o repouso coma os fundamentos da beleza, de aí a súa idea de crear “granxas de beleza”, en Maine e en Arizona, onde se levaban a cabo curas de repouso. Máis de douscentos salóns levan o seu nome polo mundo enteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en 1998 coa vontade de recuperar a memoria galega a través de libros coidados e ilustrados. Con Gonzalo Allegue Otero como director, a súa liña editorial centrouse no ensaio, o turismo, a historia e a etnografía. Destacan as coleccións “Retrato de Galicia”, “Andaina”, “Libros da Brétema” e “Colección Maior”.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Fiz que dá nome ao concello de Nigrán, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Vigo, situado no SO da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra ( 42° 08’ 12” de latitude N e 8° 47’ 30” de lonxitude O). Limita ao N con Vigo (comarca de Vigo); ao S con Gondomar e Baiona (ambos os dous da comarca de Vigo), ao L de novo con Gondomar e, ao O co Océano Atlántico. Abrangue unha superficie de 34,8 km 2 c unha poboación de 17.668 h (2007), distribuídos nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue e A Ramallosa. A súa capital é Nigrán, situada na parroquia homónima, localizada a 49 km de Pontevedra e 107 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Tui-Vigo e ao partido xudicial de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo caracterízase pola presenza, na área oriental e setentrional, dos contrafortes da serra do Galiñeiro, que actúan como divisoria local de augas e como fronteira cos concellos veciños, mentres que na área occidental, se sitúa na beira do Océano Atlántico.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nigrán. Datada no s XVII, trátase dun edificio con planta en forma de L e escaleira no ángulo. Conta con patio interior e solaina na fachada sur. Experimentou reformas a finais do s XX, en que se engadiu unha galería nova na fachada lateral.