"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Profesor e micrógrafo. Ocupou en 1881 a cátedra de Física e Química do Instituto de Pontevedra onde tamén exerceu como director ao tempo que dirixía a fábrica da luz, a estación meteorolóxica e o laboratorio municipal. Realizou traballos micrográficos (microscopía e microfotografía), e mantivo unha estreita relación con Baltasar Merino e Víctor López Seoane, con quen quixo levar a cabo o primeiro estudo das diatomeas de Galicia. Colaborou cos científicos Santiago Ramón y Cajal e Odón del Buen, e coa Sociedad Española de Historia Natural, o Museo de Ciencias Naturales de Madrid, o Laboratorio Español de Oceanografía e a Junta para la Ampliación de Estudios. Impartiu cursos para a formación de especialistas nas técnicas microscópicas e de preparación de mostras. . En 1893 publicou La fotomicrografía e en 1897 Técnicas de las preparaciones microscópicas sistemáticas. En 1911 publicáronse dez láminas con 171 especies de diatomeas fósiles de Morón no libro La diatomología...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor teatral. Pertenceu á chamada Xeración dos 80 do teatro español. Titulado pola Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, na que exerceu como profesor. Autor das pezas como Y todo por nada (1986), Querido Ramón (1992) ou Squasch (1988), esta última representada pola Compañía de María en 1995, en versión de Xepe Casanova, con dirección de Quico Cadaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción española rodada en 1972 en exteriores e interiores da Escola Naval de Marín e nas cidades de Pontevedra e Vigo. Foi dirixida por Ramón Torrado e interpretada por Peter Lee Lawrence, Maribel Martín, Alfredo Mayo, Ramón Pons, Pepe Ruíz, Rafael Hernández e Adoración Vázquez, entre outros. Tres amigos, alumnos da Escola Naval de Marín, estragan a súa amizade por mor dun malentendido ocasionado polas relacións que un deles, Carlos, mantén con dúas mulleres. A axuda dun dos seus profesores será fundamental para recuperar esa amizade perdida. Cando todo volvía á normalidade, Enrique, un dos tres amigos, no intento por salvar un barco que naufragaba, morre. Ao finalizar o curso, no desfile final, xa como alféreces, lembran o seu compañeiro falecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no verán de 1928 en Baiona, da que só saíron dous números. Realizado por veraneantes desa vila, tiña uns contidos fundamentalmente humorísticos e satíricos que se desenvolvían ao longo das oito páxinas das que constaba. Entre os seus colaboradores figuraban Toñuco, Copio, Be y Ce, Plete, Mirta, El Bachiller de Balchagia e Margot, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e sacerdote. Na súa obra máis importante Icones et descriptiones plantarum, quae aut sponte in Hispania crescuunt, aut in hortis hospitantur (Imaxes e descricións das plantas, que ou ben crecen espontaneamente en Hispania, ou ben viven nos campos, 1791-1801) chega a describir e debuxar 712 plantas da Península Ibérica, América, Filipinas e Australia. En 1801 foi nomeado catedrático e director do xardín botánico de Madrid, onde se conserva o seu legado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de caber.

    2. Espacio dun continente ou recipiente en relación co que é capaz de conter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarín e gaiteiro. Coñecido como Polo, en 1958 ingresou no grupo Vento das Cíes, sendo o seu mestre José Iglesias Nieto, máis coñecido como Melitón. Aos dezaseis anos comezou a impartir as súas primeiras clases de baile galego e en 1966 participou no Festival Danzas de España de TVE, no que obtivo o terceiro premio co grupo Coros y Danzas de Vigo. En 1986 incluíu o grupo Coros y Danzas na Escola de Danza do Concello de Vigo, da que era director dende 1979. Impartiu clases de baile galego e percusión en institucións, colexios, asociacións e nos centros galegos de México, Venezuela, Chile e Lisboa; dirixiu o grupo Coros y Danzas da Sección Femenina de Vigo (1965-1986), Baiona (1970-1985), Redondela (1973-1983) e Tui (1972-1973); actuou en Galicia, Francia, Italia, Suíza, etc, e organizou o Día da Muiñeira e a Mostra do Traxe Tradicional. Gravou discos con Os Cruceiros (1970 e 1971), Airiños do Parque de Castrelos (1972-1979), Antón Corral e Carlos Núñez (1987), Ricardo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Vilamor, no concello de Folgoso do Courel. O seu cumio acada os 984 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Organista e compositor renacentista. Realizou estudios musicais en Palencia e posteriormente foi músico de cámara de Carlos V e de Filipe II. Mestre na técnica do contrapunto, innovou o campo da harmonía e desenvolveu novas formas musicais. Compuxo tientos, diferencias, glosas, himnos e outras composicións baseadas en melodías litúrxicas cun estilo contrapuntístico moi rico. Algunhas das súas composicións están recollidas na obra Libro de cifra nueva para tecla, harpa y vihuela (1557), colección de pezas de diferentes autores realizada por Luis Venegas de Henestrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e médico. Colaborador da prensa liberal e republicana no primeiro cuarto do século, a partir de 1916 incorporouse ao movemento galeguista. Publicou o escrito de vindicación político-social Despertad gallegos! (1908), o poemario Versos gallegos: cantigas e cousas da nosa terra (1919), o estudo La Universidad gallega (aportaciones para su autonomía) (1924) e a novela Semprenoiva (1925?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do Atlántico do norte, entre as illas de Terranova e do Cabo Bretón, que comunica o golfo de San Lourenzo co Océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e explorador. En 1496 obtivo de Enrique VII de Inglaterra permiso para realizar, xunto aos seus tres fillos, unha viaxe de descubrimento e ocupación. Aínda que quería establecer unha ruta polo norte para chegar a Xapón, na súa viaxe chegou á costa oriental de Grenlandia e á Península de Labrador. O rei concedeulle o monopolio comercial das terras conquistadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante e cartógrafo. Fillo de Giovanni Caboto, participou canda el nas expedicións de América do Norte. Foi cartógrafo de Enrique VIII e no 1518 Carlos V nomeouno piloto maior. En 1544 fixo o planisferio que se conserva na Bibliothèque National de París. Foi o primeiro en penetrar no estreito e na baía de Hudson. Descubriu o río de la Plata e explorou parte dos ríos Paraná e Paraguay. En 1548 volveu a Inglaterra ao servizo de Eduardo VI, fundou en Londres (1551) unha compañía para o comercio con Moscova e organizou expedicións para chegar a Oriente polo nordeste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, na Comunidad Autónoma de Andalucía (2.280 h [1996]), situado ao SL da provincia, na aba de Sierra Cruzada, no límite con Granada. As canteiras e as manufacturas de esparto son a súa principal actividade económica, complementada cunha pequena produción agrícola de cereais e legumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • João Cabral de Melo Neto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mastozoólogo. Entre 1902 e 1925 traballou na ordenación, conservación e estudo das coleccións de mamíferos do Museo Nacional de Historia Natural. No 1914 publicou Fauna Ibérica. Mamíferos e o Código de Nomenclatura Zoológica en español, e en 1922 Manual de Mastozoología, onde cuñou o termo “mastozooloxía” para designar a ciencia que estudia os mamíferos. Trasladouse en 1925 á Arxentina onde exerceu como xefe do departamento de Paleontoloxía do Museo de la Plata ata 1947, profesor de zooloxía na Universidade de Bos Aires e director do Instituto de Zooloxía. Dende 1930 a 1960 foi membro de Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica. Foi académico da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Madrid (1931) e da Academia Nacional de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de Bos Aires (1950), membro de honra da American Society of Mammalogists (1947) e da Zoological Society of London (1947). Publicou 218 traballos científicos, 27 libros e máis de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMIOS

    Cumio da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). Acada os 1.453 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría da cabra, alimentada exclusivamente co leite materno. A súa carne, tenra e saborosa, consómese principalmente asada ou guisada.

    VER O DETALLE DO TERMO