Cabezas de San Juan, Pronunciamento de Las
Cabezas de San Juan, Pronunciamento de Las
Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.