Cabezas
Cabezas
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe castelá que se espallou por toda a Península. Gonzalo Fernández Altamirano, logo de estar no sitio de Córdoba, engadiu ás súas armas, coa autorización do Rei Fernado III o Santo, un bordo de goles con catro cabezas de mouro; a partir daquela, os seus descendentes de Andalucía tomarían Cabezas por apelido. Estendeuse a León, Zamora, Asturias, Aragón e Galicia, e unha rama pasou, mesmo, a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, trece besantes de prata, postos de tres en tres e un de non; bordo de goles con catro cabezas de mouro, ao natural, con turbantes brancos.