"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo neutro aquilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo masculino aqueloutro(s) ou o feminino aqueloutra(s).
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (3.002 h [2001]). O sector máis montañoso está ocupado por piñeiros e matogueiras, mentres que o resto, por cultivos de secaño, onde a ervella de Ceratonia é o cultivo que predomina, seguido polas amendoeiras e os viñedos. O regadío con agua de pozo dedícase sobre todo aos cítricos. Hai canteiras de basalto para a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma contracta que agrupa a preposición en + o demostrativo neutro aquilo.
-
-
Espectáculo que na Antigüidade clásica, sobre todo en Roma, reproducía un combate naval. Representados a partir de César (46 a C), foron moi frecuentes durante o s I, con Claudio, Nerón, Tito e Domiciano.
-
Edificio especialmente construído e adaptado para a celebración das naumaquias. Semellante ao anfiteatro, tiña a area máis ampla e as gradas máis baixas. Destacan as de Augusto, Domiciano e Filipo o Árabe.
-
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor. Estudou en Sant Carles de València e nun principio traballou como pintor, pero desde 1972 dedicouse á escultura. Fixo construcións imaxinarias coas que evocou elementos arquitectónicos, máquinas e mobles, entre outros, que agrupou con intención de recrear a paisaxe urbana, utilizando materiais como metais ou cerámica. Tamén realizou escenografías teatrais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e voceiro da Santa Sé. Fundador e vicedirector da revista Diagonal, foi correspondente de ABC no Vaticano e presidente da Asociación de Prensa Estranxeira en Italia. Desde a década de 1980 encárgase da dirección da Sala de Prensa da Santa Sé. Publicou os libros La manipulación publicitaria (1970) e Fumata blanca (1978). Recibiu o Premio Internacional de Xornalismo (1985) e a Gran Cruz de la Orden al Mérito Civil (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao pé da serra de Malagón, delimitado ao L por Madrid (4.381 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e diversas industrias alimentarias, serradoiros e de elaboración de resinas. É un centro de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Financeiro suízo. Foi director xeral do Tesouro (1776) e de Facenda (1777). Publicou Compte rendu au Roi (1781), onde denunciou os inxustificables gastos da corte. O escándalo forzouno a dimitir, pero foi chamado novamente polo rei en 1788 e en 1789, aínda que renunciou definitivamente en 1790. Publicou obras de economía política onde defendeu a necesidade dun sistema reglamentarista e criticou o liberalismo económico, como en Essai sur la législation et le commerce des grains (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Coñecido co pseudónimo de doctor Malatesta, foi un dos iniciadores do rexurdimento literario galego. Colaborou con diversos xornais, galegos e madrileños, como El Tío Vivo, El Imparcial e El Recreo Compostelano, neste último xunto a Antolín Faraldo, e fundou e dirixiu El Eco de Galicia. Escribiu estudos históricos, políticos e literarios sobre a instrución pública en España. Da súa produción destacan El día 24 de julio de 1840 (1840?), El Moribundo (1841) e Infracción periodística (1843), a colección de artigos Las ferias de Madrid (1843), La Marquesa de Camba y Rodeiro (1845) e Monografías de Santiago (1850), e a novela romántica Un ángel caído (1848), posible biografía de Mariano José de Larra. Foi membro da Real Academia de la Historia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cidade de Nova York, ao estado de New York ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da cidade de Nova York ou ao estado de New York.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘xastre’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Quersoneso, actual Crimea? - ?) Mártir. Morreu xunto con outros 8 mártires. A súa festividade celébrase o 4 de marzo.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Neuquén, Arxentina, situada na confluencia dos ríos Neuquén e Limay (327.374 h [1999]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do O de Arxentina, na fronteira con Chile, situada no macizo paleozoico da Patagonia (94.078 km2; 471.825 h [2001]). A súa capital é Neuquén. Os Andes bordéana polo O, e nela abundan lagos de orixe glacial. O clima é temperado frío e bastante seco. A economía baséase na gandaría da la, e os seus cultivos principais son de cereais e árbores froiteiras. Destaca a explotación forestal para a fabricación de celulosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do endoesqueleto dos vertebrados que recobre e protexe o sistema nervioso central.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Médico que está especializado en neuropsiquiatría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade médica que se ocupa do conxunto das afeccións nerviosas, mesmo daquelas que non teñen unha base orgánica demostrable. Esta especialidade é froito da existencia de teorías organicistas que propugnan unha rigorosa asimilación das enfermidades mentais a afeccións encefálicas. O progreso das ciencias médicas permitiu unha delimitación cada vez máis grande de ambas as dúas especialidades, que diferencian tanto o obxecto de estudo como os métodos de análise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da bioquímica que se encarga do estudo das substancias químicas que interveñen nas reaccións nerviosas responsables da transmisión do impulso nervioso. Estuda a interacción que se produce entre os distintos neurotransmisores, así como a acción protectora que diferentes substancias teñen sobre os efectos neurotóxicos que se producen en distintas condicións fisiolóxicas e toxicolóxicas.
-
GALICIA
Produtor e director de animación. Emigrado a Cuba, realizou as curtametraxes El gallito de papel (1963) e La saladomaquia (1965). En 1965 trasladouse a París para dirixir o programa infantil da RTF Le manege enchantée, un clásico da animación infantil en Francia e Reino Unido. Director e creador das personaxes de Barrio Sésamo para TVE, en 1983 impulsou, como director de La 2 a realización de programas como Documentos TV ou Metrópolis. Foi presidente de Organización Mundial das Televisións Públicas (INPUT) e colaborou coa UNESCO na difusión de programas de televisión de carácter internacional. En 1998 produciu e realizou a serie Federico García Lorca, retrato de familia.
VER O DETALLE DO TERMO