"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Papa (468-483). Sucesor de santo Hilario, presenciou a derrota do Imperio Romano a mans de Odoacro (476). Interveu sen éxito na cuestión do monofisismo, arrepoñéndose aos emperadores León I e Zenón. A súa festividade celébrase o 2 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer simultáneas dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de simultáneo.

    2. Realización de dous sucesos ou de dous fenómenos no mesmo instante. Pensábase que a noción de simultaneidade era absoluta ata que Einstein, na teoría da relatividade, probou que dous sucesos A e B poden ser simultáneos para un observador, pero ocorre A antes ca B para outro observador, e B antes ca A para un terceiro observador, todos eles inerciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación simultánea nun mesmo plano de varios acontecementos ou aspectos dun obxecto sen transición entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que sucede ao mesmo tempo ca outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sinafobránquidos.

    2. Peixe da familia dos sinafobránquidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos angüiliformes, á que pertence a especie Synaphobranchus kaupi (anguía abisal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operacións militares efectuadas na península do Sinaí polo exército israelí nas Guerras Árabe-israelís. A primeira (1956) implicou a práctica ocupación do deserto (120 km de profundidade en tres días) polas columnas blindadas comandadas por Moshé Dayan. As forzas da ONU restableceron (1956) as liñas anteriores do armisticio de 1949. En 1967 as forzas blindadas israelís chegaron ata o canal de Suez na Guerra dos Seis Días. Ocuparon este territorio ata 1973, cando un súbito ataque exipcio obrigou os israelís a retirarse uns 20 km no interior do Sinaí, abandonado por Israel a raíz do tratado con Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da península de Sinaí situado na vertente NL do djebel Mūsā. Construído por Xustiniano (530?) para protexer os numerosos solitarios do deserto, está rodeado por unha enorme muralla e ateigado de construcións, das que destacan a basílica xustiniana co seu campanario, a mesquita (s XIV), a hospedaría e a biblioteca. A igrexa, de tres naves separadas por columnas de granito, está dedicada á Transfiguración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto turco. Construíu a mesquita de Solimán en Istambul (1550-1557) e a de Selim II en Adrianápolis (1570-1574).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten estames máis ou menos concrescentes.

      1. Relativo ou pertencente ás sinandras.

      2. Planta da antiga orde das sinandras.

      3. Antiga orde de plantas herbáceas ou arbustivas, dicotiledóneas e simpétalas, con follas en xeral simples e alternas, flores pentámeras, epíxinas e sinantéreas, e froitos habitualmente en aquenio ou en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restos fósiles humanos que apareceron nos xacementos de Zhoukoudian, nas proximidades de Pequín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de esporanxios concrescentes presente nas marattiáceas e noutras pteridófitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Lourenzo de Siabal (Paderne de Allariz). En 1160 o Rei Fernando II doouno ao bispo de Ourense, Pedro Seguín. Afonso IX confirmou a doazón en 1228.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actor. Coñecido como Frank Sinatra, a partir de 1939 acadou o éxito actuando en directo acompañado por diversas orquestras. Da súa discografía destacan Swing Easy (1955), Come Fly with Me (1958), Strangers in the Night (1966) e Frank Sinatra Duets (1993). No cine limitouse nun primeiro momento ao xénero musical, pero co tempo demostrou o seu talento dramático. Destacan os filmes From Here to Eternity (1953), The Man With the Golden Arm (1956), The Detective (1967) e Listen Up: The live of Quincy Jones (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adhesión que se produce do globo ocular aos tecidos orbitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída a finais de 1933 e integrada polos mineiros das explotacións de estaño e wolframio de Lousame. Afiliouse á CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro agrónomo e político. Profesor de economía agraria na Universidade de Santiago de Compostela, foi director territorial do ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (1987-1990). Deputado no Parlamento galego polo PSdG-PSOE (1989-2005), foi conselleiro de Agricultura, Gandaría e Montes (1987-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO