"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Administrador solidario da Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Pertence aos consellos de administración da Fábrica de Cerámicas do Castro e do Instituto Galego de Información e á Fundación Galicia-Empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda etapa e idade do Lías (Xurásico Inferior), situada sobre o Hettanxiano e baixo o Pliensbaquiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do grego, latinizado coa forma Symphorianus ‘apropiado’. Con este nome destaca san Sinforiano, mártir en Roma. A súa festividade celébrase o 7 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Singapur ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Singapur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palabra que se usa só en singular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Abram Terc, exiliouse en París (1973). O seu ensaio Cto takoje socialističeskij realizm (Que é o realismo socialista, 1959) amosa o sinal da disidencia. Tamén destacan a novela L’ubimov (1963) e os relatos recollidos en Fantastičeskije provesti (Relatos fantásticos, 1961), inspirados por Hoffmann.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a China e a Tibet, conxuntamente, e ás linguas sino-tibetanas.

    2. Phylum de linguas do SL de Asia. Comprende linguas como o chinés, o tibetano, o birmano, o bárico e o carénico. Algúns autores tamén inclúen nela as linguas miao e yao, faladas en diversos lugares do SO de China. OBS: Tamén se denomina linguas indochinesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Brabante, Bélxica, situada ao O de Bruxelas (72.380 h [2001]). Ten industrias mecánicas, químicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Irlanda, o máis importante da illa (365 km). Nace nun val morénico, nos territorios fronteirizos de Irlanda co Ulster. Desemboca no Océano Atlántico nun esteiro que, desde Luimneach, ten 112 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Siracusa.

    2. Natural ou habitante de Siracusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de cabalaría, unha das máis populares da literatura árabe. É un conxunto de aventuras fantasiosas no tempo das cruzadas e protagonizadas polo poeta preislámico ‘Antara ibn Šaddād.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Tenor. Cantante de zarzuela e ópera, actuou en numerosas cidades, tanto europeas coma americanas. En 1999 realizou diversas actuacións con motivo da celebración do Xacobeo 99, en que interpretou o seu himno, O Cantar do Pelegrino. En 2002 RTVE-Música editou o seu disco Mis arias favoritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo neoplatónico grego. Discípulo de Plutarco, sucedeuno na dirección da escola de Atenas. Fixo un comentario crítico a catro libros da Metafísica de Aristóteles e un comentario sobre Hermóxenes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (384-399). Sucedeu a san Dámaso I coa oposición de Ursino. Afirmou a supremacía do bispo de Roma sobre todo o Occidente no sínodo de 386 e atraeu Iliria á órbita romana. A súa carta a Himerio, bispo de Tarragona (384), referente ao tratamento benigno dos penitentes, constitúe a primeira decretal. Condenou a Xoviniano (392), que negaba o valor da virxindade e da ascese. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria.

    2. Cristián pertencente ao patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria.

    3. Rito propio do patriarcado de Antioquía da Igrexa Siria. Practícano os cristiáns pertencentes a este patriarcado (que non hai que confundir cos patriarcados homónimos melquita ou maronita) que habitan en Siria, Iraq, Líbano e o S de Turquía, e polos cristiáns xacobitas do Malabar (India) e os seus irmáns católicos chamados malankares. Emprega a lingua siria, aínda que na práctica litúrxica é moi frecuente a utilización do árabe e, en India, a do malaialam.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo. Discípulo de san Pedro ou de san Hermágoras de Aquileia, foi o primeiro bispo de Pavia. Segundo a lenda, tivo un papel importante na multiplicación dos pans que fixo Xesús. Represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo persoal un pan na man. A súa festividade celébrase o 9 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ribadumia baixo a advocación de san Clemenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO