"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado á dereita do Júcar (1.789 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei visigodo (631-636), duque da Narbonesa ou Septimania. Rebelouse contra o Rei Suintila e destronouno (631), despois de invadir a Tarraconense ata Zaragoza. No IV Concilio de Toledo (633) demandou a confirmación do seu título real e fíxose unxir por insinuación de Isidoro de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador e economista suízo. Defensor da intervención estatal nos asuntos económicos, foi precursor da política social en prol dos traballadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe xermánica formado por un segundo elemento, nanths ‘valente, ousado’. O primeiro elemento procede de sisu ‘encantamento, bebedizo’, e isto daría ‘valente por un bebedizo’, ou de sis ‘queixarse, preitear’, e, polo tanto, ‘valente nos preitos’. En calquera caso parece estar na base do topónimo Sernande e quizais de Cernán e Cernande.
-
PERSOEIRO
Bispo de Santiago de Compostela. Recibiu importantes doazóns do Rei Afonso III. Conseguiu a construción dun novo templo para o Apóstolo Santiago (899) e a dos mosteiros de San Paio de Antealtares, San Martiño Pinario e San Fiz de Lovio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Iria, fillo dos condes Hermenexildo e Paterna. Foi elixido baixo o reinado de Ordoño III, pero coa subida ao trono de Sancho I o rei substituíuno por san Rosendo. Volveu de novo ocupar o seu posto e morreu en loita contra os normandos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cospeito. Construíuse entre mediados do s XVIII e o s XIX. O edificio, de cachotaría de granito e cuberta de lousa a dúas augas sobre a nave, a catro sobre o presbiterio e a tres sobre o pórtico semipechado da entrada, ten planta de cruz latina, cos brazos ocultos polas sancristías anexadas. Na fachada principal destaca a porta alintelada e o campanario de dous corpos. No seu interior destacan dúas lápidas sepulcrais da familia Verdes--Montenegro, así como o retablo maior do s XVIII e os laterais dos brazos do cruceiro (s XVIII) e da nave (s XIX). No atrio atópase a antiga casa reitoral e un cruceiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio fronteirizo situado entre Irán e Afganistán e constituído por unha depresión desértica entre os lagos Daryācheh-ye Hāmūn e Gaud-e Ziräh (30.000 km2; 250.000 h [estim 1995]). A poboación dedícase ao pastoreo nómade e á agricultura. Antiga Drangiana, tomou o nome medieval (Sakastān) e moderno (Sistān) dos invasores escitas ou saka en 128 a C. Formou parte do Imperio sasánida e, desde o s VII, do islámico. Rexida por efémeras dinastías locais, foi devastada por Tamerlán (1388). Obxecto de disputa entre Persia e Afganistán, foi partida (1872) por medio dunha arbitraxe británica que favorecía o goberno qajarita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostan de Irán (178.431 km2; 2.018.178 h [estim 2001]. A súa capital é Zāhedān.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo rexional intergobernamental de consulta, cooperación e promoción económica e social creado o 17 de outubro de 1975 en Panamá por representantes de vinte e seis estados do Caribe e de América Latina. Ten a súa sede en Caracas e dos seus organismos internos destacan o Consejo Latinoamericano, os Comités de Acción e a Secretaría Permanente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada polo Banco Central Europeo e os bancos centrais nacionais dos Estados membros da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda. O Tratado da Unión Europea atribuíulle as funcións de deseño e execución da política monetaria destes países así como a de manter a estabilidade dos prezos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Roma 125) Papa (115-125). Coñeceuse a súa existencia a través da lista de papas de santo Ireneo de Lyon, segundo a que foi o sexto sucesor de Pedro. A súa festividade celébrase o 6 de abril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Grecia? - Roma 6.8.258) Papa (257-258). Restableceu as relacións coa Igrexa de África e de Asia Menor, que foran quebradas baixo Estevo I, a raíz da controversia sobre a validez do Bautismo dos herexes e a readmisión dos lapsi. Morreu vítima do segundo edicto de Valeriano (258). A súa festividade celébrase o 5 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Roma? - 440) Papa (432-440). Sacerdote romano, tivo fama de favorecer a Pelaxio, pero unha vez nomeado Papa, mantívose neutral nos asuntos do pelaxianismo e o semipelaxianismo e mostrouse conciliador cos nestorianos. A súa festividade celébrase o 28 de marzo.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Dozón. Realizada en cantaría de granito, presenta planta rectangular e cuberta a dúas augas. A zona do presbiterio atópase máis elevada e, ao lado N deste, anexouse a sancristía. Na fachada destaca a portada alintelada, sobre a que se abre unha pequena fiestra abucinada e a espadana de dous vans. Colocáronselle contrafortes nas esquinas, aínda que con carácter decorativo e rematados por pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia de Laos, existente ata 1975. A capital era Muan Không.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sitomanía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bulimia de orixe psíquica que se manifesta por unha necesidade imperiosa de inxerir alimentos.
-
ILLAS
Illa de Dinamarca, a principal do arquipélago danés (7.450 km2; 2.248 h [estim 2001]). Situada entre o mar do Norte e o estreito de Kattegat, está separada de Suecia ao L polo estreito de Øresund e da illa de Fun, ao O, polo Gran Belt. É a zona máis poboada de Dinamarca, concentra case a metade da súa poboación e nela atópase a capital, Copenhaguen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Caudillo albanés. De nome Gjergj Kastriota, ocupou Croia (Epiro) e promoveu o alzamento dos seus súbditos contra os dominadores. Converteuse en xefe da Liga dos Pobos Albaneses (1444). Resistiu os continuos ataques dos turcos e aliouse cos venecianos (1463). En 1466 recibiu a bendición e a axuda do Papa Paulo II.
VER O DETALLE DO TERMO