"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de remo fundado en Moaña en 1993 tras a fusión dos clubs San Xoán e Nosa Señora dos Remedios. Gañou tres campionatos de España de traiñeiras (1961, 1996 e 1997) e dous de traiñeiriñas (1997 e 1998).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación fundada en 1912 na Guarda coa finalidade de protexer o monte de Santa Tegra e dotalo de infraestruturas. Promoveu a escavación dos restos arqueolóxicos a partir de 1914 e a construción do museo. En 1929 ampliouse a agrupación para fundar o Patronato do Monte de Santa Tegra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SABENA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria suíza fundada en 1872 con sede en Basilea. En 1997 fusionouse coa Union des Banques Suisses no Banque Unie de Suisse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade financeira belga constituída pola fusión en 1965 do Banque de la Société Générale de Belgica (1822), a Société Belge de Banque e o Banque d’Anvers. En 1988 acordou a súa fusión progresiva co Amrobank dos Países Baixos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía estatal francesa que ten o monopolio do transporte ferroviario de persoas e mercadorías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación secreta romana, fundada por Umberto Benigni en 1909 e posta baixo a advocación de San Pío V, que reunía persoas e grupos autodenominados integralmente católicos, con vista a recoller información sobre a ortodoxia e a disciplina de católicos sospeitosos de modernismo. O seu fundador foi expulsado da secretaría de estado polo cardeal Merry del Val, e a asociación pasou a depender da Congregación Consistorial (1911). Autodisolveuse en 1914, á morte de Pío X. Restablecida en 1915, foi definitivamente suprimida por Benedito XV en 1921.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico sueco. Ministro luterano (1893), foi pastor da comunidade sueca de París (1894). Bispo de Uppsala e primado de Suecia (1914), traballou pola colaboración interconfesional, orixe da Conferencia de Estocolmo (1925), onde foron representadas trinta e unha igrexas. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1930 pola súa acción en favor dos refuxiados tras a Primeira Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa rusa. Escribiu en sueco e introduciu o expresionismo na literatura sueca. Destacan Dikter (Poemas, 1916), Septemberlyran (A lista de setembro, 1918) e Rosenaltaret (O altar de rosas, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (6.062 km2; 256.033 h [estim 2000]). A súa capital é Nyköping.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Laxe. De orixe románica, remodelouse no s XVIII. Ten unha soa nave de planta rectangular, cunha capela lateral moi estreita. Cóbrese con bóveda de canón, reforzada con arcos faixóns no presbiterio, a nave susténtanse con arcos de medio punto rebaixados. No muro sur destaca a espadana de dous vans rematada nun frontón triangular con pináculos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Prusia e electora de Brandeburgo, filla de Ernesto Augusto I de Hannover e de Sofía do Palatinado. Casou en 1684 co futuro Federico I de Prusia (Federico III de Brandeburgo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir romana. Foi nai das tres virtudes: Fe, Esperanza e Caridade, coas que fixo moitas conversións. Viste de dama patricia romana, co manto cubríndolle a cabeza para indicar que era unha muller casada. Acostuma representarse dando sepultura as súas fillas ou rezando ante ela. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Damasco 560? - Xerusalén 638) Relixioso e escritor. Foi monxe en Exipto (580?) e Palestina (619) e patriarca de Xerusalén (634-638). Autor de numerosos escritos contra o monotelismo, destacaron tamén os seus sermóns e algúns dos poemas de Nadal, Epifanía ou Venres Santo, que pasaron á tradición litúrxica bizantina. A súa festividade celébrase o 11 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga provincia do Imperio Persa, en Asia central, comprendida entre Syr-Darja e Amudarja, fronteira natural con Bactriana e Margiana. Falábase o sogdiano. Sometida por Ciro II de Persia (s VI a C), foi conquistada por Alexandre o Grande. Despois pasou sucesivamente a mans dos seleúcidas, dos reis de Bactriana, dos partos, novamente dos persas, dos árabes (ss VII-VIII) e, finalmente, dos turcos.
-
-
Relativo ou pertencente á antiga Sogdiana, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante da antiga Sogdiana.
-
Lingua irania oriental do phylum indoeuropeo. É a lingua propia dos sogdianos, pero converteuse en lingua franca de todos os pobos de Asia central desde o Mar Caspio ata Mongolia. Eliminado polo persa, non foi descuberto ata o s XIX, e subsiste un vestixio no yagnabi falado ao L de Samarcanda. Escrita en caracteres de orixe aramea, os primeiros documentos datan do s IV e a maior parte deles (ss XVIII-XIX), constitúen unha importante colección de textos búdicos e maniqueos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (18.620 km2; 107.300 h [2001]). A súa capital é Hermansverk (1.280 h [2001]).
-
PERSOEIRO
Relixiosa. De nome Soledad Torres Acosta, fundou a Congregación das Servas de María, comunidade de monxas que atendían aos enfermos a domicilio. Canonizouna Paulo VI en 1970. A súa festividade celébrase o 11 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO