"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Recurso fonosemántico que consiste na suxerencia ou formación dunha palabra ou expresión malsoante, obscena ou degradante a partir da xustaposición ou da amalgama de sílabas pertencentes a palabras correlativas no discurso, nuns casos, e da división dunha palabra en dúas, noutros. Emprégase na literatura satírica e burlesca. É unha das figuras que se recollen na Arte de Trobar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal do ácido cacodílico, que se presenta en forma de pos brancos, amorfos ou cristalinos, de sabor desagradable e moi soluble en auga. Os cacodilatos foron empregados nas afeccións que requiren un tratamento a base de arsénico (anemia, neurastenia, enfermidades da pel, etc), debido á súa baixa toxicidade. Os máis usados son o sódico, o cálcico e o magnésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fedor da boca, que pode ser debida a unha carie dental, unha amigdalite, unha bronquite, un trastorno dixestivo, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas da familia das cactáceas, que comprende unhas 2.200 especies propias do continente americano e de ambientes desérticos ou áridos. Presentan numerosas adaptacións á escaseza de auga: talos engrosados con capacidade fotosintética e, xeralmente, cunhas costelas lonxitudinais que lle permiten á planta aumentar o seu volume para almacenar auga tralas escasas chuvias; follas, as máis das veces transformadas en espiñas ou escamas; un sistema radicular moi desenvolvido, especialmente de xeito horizontal; cutículas grosas e poucos estomas. Por outra banda son plantas tipo CAM, que fixan o carbono pola noite. As flores son hermafroditas, vistosas e inseridas directamente sobre o talo; polinizadas por insectos, aves ou morcegos, dan lugar a un froito en bago que, nalgunhas especies, é comestible polo home. En Galicia ademais das especies cultivadas en testos, no interior das vivendas ou en invernadoiros, empréganse en xardinería plantas dos xéneros Cereus, Nopalxochia e Opuntia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa de madeira ou doutros materiais onde se coloca o morto para enterralo.

    2. Antigamente, especie de angarellas nas que se transportaba os defuntos dende a igrexa ao cemiterio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego aparecida na vila de Foz despois de 1975. De carácter nacionalista, dedicábase á difusión da lingua e da cultura galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cineasta. Licenciado en Ciencias da Información e bolseiro da Academia de Belas Artes de Roma e da Fundación Juan March. Preocupado pola experimentación icónica   destacan as súas películas en super 8 dos anos oitenta. Dedícase preferentemente ao cine industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter fotográfico aparecida en Vigo no Nadal de 1996. Editada por Delmi Álvarez, principal responsable da publicación, durou cando menos ata finais de 1997. O seu consello editorial estaba formado por X. Marra, Jorge Lens, Xulio Gómez, Mónica F. del Río, Gerrit Horst, Mercedes Moralejo e Vari Caramés, entre outros. Trátase dunha escolma de fotografías en branco e negro, acompañadas dunha serie de artigos en galego referidos aos autores das mesmas nos que se esbozan algunhas das liñas que seguen no seu traballo profesional. Tal e como aparece reflectido no seu editorial, estes cadernos pretendían revitalizar o concepto de fotografía de autor, promocionar o traballo dos fotógrafos dedicados ao xornalismo e ás reportaxes, e procurar un discurso fotográfico coherente destes profesionais. Ao longo de varios números apareceron imaxes de Vari Caramés, Juantxu Rodríguez, José Luis Tejero, Antonio Espejo, Fernando Quintela e Carlos Lago, amais doutros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador de vídeo. Elaborou unha exposición titulada Aillados/Documentos, da que tamén editou un manual. Entre as súas obras en vídeo destacan: O Curro, Comedia Americana, Aillados e A Exposición Rexional Galega. Obtivo diversos premios nunha serie de certames celebrados en Vilagarcía, Cádiz e Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Pontevedra en 1895 e subtitulada como “Semanario satírico ilustrado”. Contou coa colaboración de Enrique Labarta Pose, Jaime L. Solá, Alberto García Ferreiro, Luís Taboada, Salvador Golpe e Manuel Amor Meilán. Editou numerosos relatos e poemas en castelán destes autores e unhas “Máximas” en galego da autoría de Carlos Pol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e guitarrista arxentino. En 1957 estableceuse en Salta, onde cantou no bar Madrid. Logo integrouse en Las Voces del Huayra, ata 1959, e formou parte de Los Cantores del Alba. Comezou como solista no ano 1961, actuando na radio, na televisión e en teatros. En 1972 viaxou a España, onde residiu ata 1976. O seu repertorio abrangue temas de Atahualpa Yupanqui, Aníbal Sampayo ou Osiris Rodríguez Castillejos, entre outros músicos e compositores. Realizou xiras por Arxentina, EE UU, España e diferentes países europeos. Gañou o segundo premio no Festival Odol de la Canción coa zamba Que seas vos, de Marta Mendicute. Un dos seus maiores éxitos foi Zamba de mi esperanza. Na súa discografía destacan, ademais, Labrador del canto (1971) e La historia de Jorge Cafrune (1973), entre outros títulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de cagar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha de bosta na parte traseira do gando vacún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro xeógrafo, barón de Cagniard de la Tour. Estudiou a resonancia, a vibración e a acción da calor e da presión sobre os líquidos. Inventou a sirena (1819) e demostrou que o son se produce por vibracións regulares dun medio líquido ou gaseoso. Probou que, sobrepasada unha temperatura determinada, un líquido contido nun recipiente hermeticamente pechado pódese transformar integramente en vapor. Determinou as temperaturas e as presións críticas do éter e do alcohol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás aves que teñen poucas plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da orde das caitoniais.

    2. Orde de pteridospermas constituída por plantas que viviron durante o Mesozoico, de follas palmicompostas e folíolos lanceolados. Os microsporófilos pinnados dan poliñas que comprenden entre 3 e 6 sacos polínicos. Os macrosporófilos, de orixe foliar, teñen forma de palma e dan lateralmente unhas cápsulas con ata 30 primordios seminais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade financeira constituída en Lisboa en 1876. En 1879 logrou a autorización para a concesión de empréstitos á administración local. En 1885, trala integración da Caixa Económica Portuguesa, instituíu as cartillas de aforros; nese ano, ademais, as oficinas de correos comezaron a funcionar como axencias da CGD. Reestruturouse en 1909 para ampliar as operacións realizadas e para iniciar a súa expansión por todo o territorio portugués; así mesmo, estableceu o réxime de participación do persoal nos beneficios da CGD, unha verdadeira innovación para a época. Trala reforma de 1929 consolidouse como entidade crediticia; nese ano fundáronse a Caixa Nacional de Crédito e a Caixa Nacional de Previdência, que concedía as pensións aos familiares dos funcionarios públicos falecidos dende 1934. A Caixa Económica Postal integrouse na CGD en 1936. En 1988 constituíuse o grupo CGD, o maior grupo financeiro portugués que englobaba institucións de crédito e empresas de todas as áreas do sector financeiro,...

    VER O DETALLE DO TERMO