"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou en Barcelona e París. Das súas obras para piano destacan Danse ibérienne (1926), Chaîne de valses (1927), Message à Debussy (1929) e Berceuse pour les orphelins d’Espagne (1939). Tamén compuxo música de cámara, obras para canto, o ballet L’écharpe bleue (1937) e escribiu os libros Pour l’art (1909) e Idées et commentaires (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor, fillo de Joaquín Nin Castellanos. Estudou en París e deu clase en EE UU. Da súa produción destaca o Concierto para piano (1946), 12 cançons populars de Catalunya (1957), El burlador de Sevilla (1957) e a ópera La Celestina (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento metálico que pertence ao grupo VIII da táboa periódica, entre o cobalto e o cobre, de número atómico 28 e peso atómico 58,6934. O produto natural está formado por cinco isótopos estables (58, 60, 61, 62 e 64). Puidéronse obter sete isótopos radioactivos. O metal foi atopado en 1751 por A. F. Cronstedt, a partir da niquelina (NiAs). A súa abundancia na codia terrestre é dun 0,018%. Os minerais máis importantes son a polidimita e a pentlandita. O níquel está presente en todas as terras de cultivo (de 2 a 17 ppm); con todo, non é indispensable, como o cobalto, para a vida das plantas, para as que un exceso de níquel é incluso tóxico. Obtéñense no laboratorio pequenas cantidades de níquel que se emprega como catalizador. O níquel reducido, utilizado por P. Sabatier e J. B. Senderens nas hidroxenacións orgánicas, prepárase reducindo o óxido ou hidróxido de níquel por hidróxeno entre 300°C e 500°C. O ácido clorhídrico, o ácido sulfúrico, o ácido nítrico, o ácido fosfórico, a augaforte,...

    2. Sal hexahidratada de cor verde esmeralda, lixeiramente eflorescente, que se funde a 100°C. Emprégase nos baños de niquelado e como mordente nas fábricas de tinguidura e de estampados.

    3. Composto de estrutura especial, moi tóxico, refrinxente e dun olor desagradable, que se obtén polo paso do monóxido de carbono sobre níquel finamente dividido. Os vapores producen irritación, conxestión e edema pulmonar. Unha exposición longa pode producir cancro de pulmón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de niquelar.

    2. Que está recuberto de níquel.

    3. niquelaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar un baño de níquel a unha superficie, xeralmente metálica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en recubrir cunha capa fina de níquel un metal ou un plástico, para protexelo da corrosión, para reparar partes gastadas ou ben con finalidades decorativas. Realízase por procedementos electrolíticos, que se efectúa mediante o paso dunha corrente eléctrica a través dunha solución de sulfato, sulfamato ou fluoroborato de níquel e cloruro de níquel en ácido bórico, ou por procedementos químicos, que se efectúa por submersión do obxecto que cómpre niquelar nun baño quente de sales de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao níquel.

    2. Que contén níquel.

    3. Aplícase aos compostos de níquel en que este ten un número de oxidación de +3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rocha ou ao mineral que contén níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniuro de níquel, de fórmula NiAs. É un mineral que cristaliza no sistema hexagonal e que se presenta normalmente en masas irregulares. Dunha cor vermella de cobre e de brillo metálico, ten unha dureza de 5-5,5 e unha densidade de 7,78. OBS: Tamén se denomina pirita vermella de níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao níquel.

    2. Que contén níquel.

    3. Aplícase especialmente aos compostos de níquel en que este ten unha valencia ou un número de oxidación de +2.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de vestir interior, normalmente de punto, confeccionada con algodón, flanela ou outros materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco e sobre a que se pon unha camisa ou calquera outra roupa.

    2. Peza de vestir exterior feita con diversos materiais, con ou sen mangas e sen colo, que cobre o tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘nada’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, marqués de Cáceres e barón de Antella. Foi avogado da Audiencia de València (1781), alcalde do crime (1787) e oídor da chancelaría de Valladolid. En 1811 presidiu as Cortes de Cádiz. Escribiu, entre outras, as notas aos libros terceiro e noveno da Historia general de España de J. de Mariana (1783-1796). Foi membro da Real Academia da Historia (1795).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión territorial do nomós baixo as ordes dun nomarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que presenta follas simples e enteiras, flores pequenas de cor azul agrupadas en cimas e froito en aquenio. Atópase principalmente en lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nudibranquios.

    2. Molusco da orde dos nudibranquios.

    3. Orde de moluscos gasterópodos, da superorde dos opistobranquios, que se caracterizan pola presenza no dorso de papilas de forma variable que funcionan como branquias externas. Os adultos non teñen cuncha. A coloración destes animais é moi variada e dunha gran beleza. Habitan entre as algas na zona infralitoral de todos os mares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo portugués. Realizou estudos eclesiásicos e foi ordenado sacerdote. Desde 1889 exerceu como capelán militar e tivo como destino Lagos, Santarém e Beja. Paralelamente, comezou a desempeñar a súa carreira docente. En 1910 abandonou o sacerdocio e pasou a dedicarse definitivamente á docencia. Participou nas deliberacións da Comisión para a Reforma Ortográfica, da que foi secretario. En 1913 foi nomeado socio correspondente da Academia de Ciências de Lisboa e, ao ano seguinte, profesor extraordinario de filoloxía clásica da facultade de Letras de Lisboa -en 1929 ocupou o cargo de director-. Foi un dos impulsores da filoloxía portuguesa; destacan, sobre todo, as investigacións dialectolóxicas, os estudos de gramática histórica e as edicións de textos medievais. Da súa produción destacan Chrestomatia archaica (1906), Compêndio de gramática histórica portuguesa (1919), Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928), Evolução da língua portuguesa (1926),   Digressões lexicológicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘nunca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en escudo tronzado: primeiro, en campo de ouro, dúas aspas de goles, e segundo, en campo de prata, unha banda de goles engolada en dragantes de sinople.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos cabos, arames ou cables de aceiro que, fixados á parte superior dun mastro e á amurada ou antigamente a unha cofa, fan que o pau poida soportar os esforzos laterais aos que é sometido e quede dereito.

    VER O DETALLE DO TERMO