"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Adriaan van den Spiegel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Xeneral (1966), foi comandante en xefe do exército na Guinea portuguesa (1968-1973) e xefe adxunto do estado maior (1973-1974). Foi destituído polo seu desacordo coa política colonial de M. Caetano, expresado en Portugal e o futuro (1974). Representante do Movimento das Forças Armadas, encabezou o novo réxime xurdido da Revolução dos Cravos e converteuse en presidente da república (15 de maio-30 de setembro de 1974). En 1975 intentou sen éxito dar un golpe de estado. Exiliado durante un tempo (1975-1976), en 1978 foi rehabilitado na condición de xeneral e en 1981 ascendeu a mariscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das orquidáceas, con raíz tuberosa, follas ovais ou elípticas e flores brancas ou verdosas, de pequeno tamaño e dispostas en espiral. En Galicia pódense atopar en lugares húmidos as especies S. aestivalis e S. spiralis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Partidario do sionismo, escribiu Le mouvement sioniste (1894-1918) e Quelques juifs et demi-juifs (1928). Da súa obra poética destacan La cité présente (1903), Poemas de Loire (1929) e Poemes juifs (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Participou nos Xogos Olímpicos de México (1968), onde obtivo dúas medallas de ouro nas probas de remudas 4x100 e 4x200 m libres, unha de prata en 100 m bolboreta e unha de bronce en 100 m libres. Nos Xogos Olímpicos de Múnic (1972) acadou sete medallas de ouro en 100 e 200 m libres, 100 e 200 m bolboreta, 4x100 e 4x200 m libres e 4x100 m estilos por remudas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico estadounidense. Estudou a materia interestelar, a estrutura dos cúmulos de estrelas, as diversas propiedades das atmosferas estelares e analizou as teorías sobre a formación do Sistema Solar. Destaca o seu estudo da física do plasma e da fusión nuclear controlada, e a construción do telescopio espacial Hubble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Washington, EE UU, situada á beira do río homónimo, afluente do Columbia (195.629 h [2000]). Centro comercial dunha rexión agrícola e mineira de chumbo e zinc, ten numerosas industrias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, psicólogo e pedagogo alemán. Investigou os diversos tipos humanos (home teórico, económico, estético, social, relixioso e de poder) e creou unha filosofía dos valores e unha pedagoxía como ciencia do espírito. Destacan as súas obras Lebensformen. Geistwissenchaftlicheit (Formas de vida. Psicoloxía das ciencias humanas e ética da personalidade, 1914), Kultur und Erziehung (Cultura e educación, 1919), Der geborene Erzieher (O educador nato, 1958) e Menschenleben und Menchsheitsfragen (A vida humana e a cuestión da humanidade, 1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de interpretación vogal en que se leva a termo unha síntese de canto e recitación. Empregado por vez primeira por E. Humperdinck, converteuse nun procedemento característico da escola de Viena, en particular de Schönberg (Pierrot Lunaire). OBS: Tamén se denomina sprechstimme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e botánico alemán. Estudou a acción dos insectos no fenómeno da polinización das flores, polo que está considerado como o fundador da ecoloxía floral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico alemán. Fixo investigacións sobre a gravidade, os explosivos e a expansión dos líquidos, aínda que é coñecido polos seus estudos sobre o baleiro e por idear unha bomba de baleiro (1856) que se empregou na fabricación de lámpadas eléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Asia situado no Océano Índico, a uns 80 km ao SL de India (65.610 km2 ; 19.410.000 h [estim 2001). A capital administrativa é Colombo e a lexislativa Sri Jayawardenapura (ou Kotte).
    Xeografía física
    Separada de India polo golfo de Mannar e o estreito de Palk, a illa de Sri Lanka quedou enlazada ao continente mediante un conxunto de arrecifes e bancos de areas denominado ponte de Adams. No N do país esténdese unha fértil e ampla meseta onde nace o río Mahawelli. No sector meridional existe un extenso núcleo montañoso, con cristas cuarcíticas (Pidurutalagala, 2.524 m), onde nacen os principais cursos de auga. As chairas costeiras están especialmente desenvolvidas ao O e ao S, con numerosas lagoas e cordóns litorais; ao N e ao L, a costa faise máis abrupta. Presenta un clima tropical chuvioso modificado polos monzóns. As temperaturas experimentan poucas oscilacións. A illa está regada por numerosos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sri Lanka ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sri Lanka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Coñecido como Cecco d’Ascoli, ensinou astroloxía en Boloña e Florencia, onde foi queimado acusado de herexía. Escribiu o poema alegórico-didáctico Acerba, no que se opuxo a Dante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político austríaco, conde de Stadion. Ministro de Asuntos Exteriores (1806-1809), declarou a guerra a Francia (1809). Tras a derrota de Wagram e a Paz de Schönbrunn foi substituído por Metternich.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico austríaco. Amigo de Haydn e Mozart, do que terminou algunhas das súas obras inacabadas, destacou como organista e compuxo música sagrada e instrumental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor sueco. Bispo de Kalmar, escribiu Vladimir den store (Vladimir o Grande, 1817) e Liljor i Saron (Liris de Sarón, 1821).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Ucraína (113.000 h [estim 1994]). Núcleo de industria pesada de Donbass, destaca a extracción de carbón e a industria química de coque. En 1992 volveu adoptar o nome de Kadijivka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de intensificación da produtividade do traballo, baseado na análise de cada proceso concreto de produción, para aplicar cada traballo específico na forma e no momento adecuado e reducir daquela, ata onde sexa posible, os tempos mortos. Orixinouse nas prácticas de traballo en equipo, que se aplicaron nunha fábrica de carbón da URSS da década de 1930, por iniciativa dos obreiros, en especial de A. G. Stakhanov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Xefe do partido agrario búlgaro, foi encarcerado pola súa oposición á Primeira Guerra Mundial. Ao seu remate foi nomeado xefe do Consello de Ministros (1919). Derrocado por un golpe de estado (1923), foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO