"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político búlgaro. Deputado en 1881, accedeu á presidencia da cámara (1884) como xefe de partido nacional liberal. Rexente, logo da abdicación de Alexandre de Battenberg (1886), favoreceu a investidura de Fernando de Saxonia-Coburgo (1887), que o nomeou presidente do Consello de Ministros (1887-1894), onde executou unha política ditatorial no interior, e no exterior opúxose a Turquía e a Rusia. Destituído (1894), foi asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán, pai de K. P. Stamitz. En 1745 converteuse en kapellmeister da corte de Mannheim, o que lle permitiu experimentar novos efectos sonoros que foron o estilo característico da escola de Mannheim. Compuxo sinfonías, un concerto para clarinete, música de cámara e outras pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos establecidos en 1954 entre os países membros do Fondo Monetario Internacional, segundo os cales este pode concederlle créditos a prazo curto aos países membros que o soliciten para facer fronte a unha situación crítica da balanza de pagamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española fundada en Madrid en 1926 como filial de ITT. O seu obxectivo é a fabricación e venda de toda clase de elementos de telefonía e transmisión. Tivo un papel destacado na aplicación e automatización da rede telefónica en toda España e fixo da Compañía Telefónica un dos seus primeiros clientes. En 1987 pasou ao control de Alcatel NV, empresa constituída pola Compagnie Générale d’Électricité e ITT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Normas adoptadas pola ISO para a codificación estándar de documentos electrónicos con independencia do sistema informático empregado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa británica dedicada á fabricación de automóbiles. Fundada en 1903 por R. W. Maudslay, pechou en 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa petroleira estadounidense fundada en 1863 en Cleveland por J. D. Rockefeller. En 1873 asumiu o control da práctica totalidade das refinarías estadounidenses. En 1882 constituíu a Standard Oil Trust, que controlaba a refinación do petróleo e o seu transporte por ferrocarril e oleodutos por todo EE UU. En 1911 foi disolta en virtude das leis antitrust, e as súas actividades repartidas entre 33 filiais, malia que a pesar de todo continuase a actuar como un grupo homoxéneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pedagogo musical. Profesor no Royal College of Music, compuxo a ópera The Canterbury Pilgrims (1884), a obra coral The Revenge (1886) e numerosas cancións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, conde de Stanhope. Estudou en Oxford, pero decantouse pola carreira militar. Ascendido a xeneral, conquistou a illa de Menorca para Inglaterra (1708) e chegou a xeneral en xefe das forzas inglesas. En 1710 emprendeu unha campaña vitoriosa, xunto ao xeneral austríaco Starhemberg, e a súa vitoria en Almenara permitiulle ao arquiduque Carlos de Austria reconquistar Aragón. Foi secretario de estado de Xurxo I (1714) e membro do consello real. Interveu na formación da Tripla (1717) e Cuádrupla Alianza (1718).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu ata 1962 a cidade ucraína de Ivano-Frankisvs’ke.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director dramático. De nome Konstantin Sergejevič Aleksejev, fundou o Teatro Artístico de Moscova, con V. I. Nemirovič-Dančenko, onde puxo en práctica as súas concepcións dramáticas e desenvolveu o seu prestixioso método de interpretación. O actor ten que evitar toda afectación non motivada, e a obra, para el, é un conxunto orgánico formado pola vontade estruturadora do director en que nada queda solto. A loita contra o divismo e a educación dos actores e do público tamén forman parte do seu sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Malebo Pool.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tramo do río Lualaba (Congo), de 120 km de longo, onde hai unhas 45 cataratas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico, XIV conde de Derby. Formou parte da aristocracia whig e foi deputado (1820). Nomeado secretario para Irlanda (1830-1833), manifestou unha total incomprensión do problema irlandés. Como secretario de Colonias (1833-1834) conseguiu a abolición da escravitude. Foi primeiro ministro en diferentes ocasións (1852, 1858 e 1867-1868).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • John Rowlands.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico estadounidense. Foi o fundador e director do Instituto de Viroloxía da Universidade de California. Conseguiu cristalizar o virus do mosaico do tabaco (1935) e investigou e preparou unha vacina contra o virus da gripe. En 1946 recibiu, xunto con J. H. Northrop e J. B. Sumner, o Premio Nobel de Química, polos seus traballos sobre a preparación dos enzimas e das proteínas dos virus en forma pura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Belize (2.554 km2 ; 26.965 h [estim 1998]). A súa capital é Dangriga (74.390 h [estim 1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cordilleiras de Siberia Oriental, que van desde o curso medio do río Ol’okma ata o nacemento do Učur. Teñen unha lonxitude de 700 km, unha anchura duns 100 a 180 km e unha altitude que oscila entre os 1.500 e os 2.000 m. Fan de división entre os ríos do Océano Ártico e do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Feminista. Casada co abolicionista Henry Brewster Stanton (1840), en colaboración con Susan B. Anthony escribiu The Revolution (1868-1870), e con Matilde Gage The History of Woman Suffrage (1881-1922).

    VER O DETALLE DO TERMO