"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Convois periódicos que efectuaban todo o tráfico comercial entre a Coroa de Castela e os territorios americanos. Foron anuais entre 1543 e 1563, despois bianuais e moito menos frecuentes desde a segunda década do s XVII. As flotas, que saían dúas veces ao ano, estaban compostas por unha nave de guerra que abría a marcha, a continuación os mercantes en fila e outra nave de guerra que os protexía a barlovento. Precedíanas nuns días ou semanas unha serie de naves lixeiras, denominadas avisos, que anunciaban a súa chegada. Os seus itinerarios eran fixos. Á ida seguían a corrente das Canarias e despois o arco dos alisios desde os 28° de latitude N ata chegar ás Pequenas Antillas, actualmente a illa de Trinidad. Desde 1564, ao chegar a este punto a flota dividíase: a flota de Nova España dirixíase cara ao golfo de México, mentres que os galeóns de Terra Firme se dirixían cara aos territorios de Venezuela. Á volta ían buscar os ventos de SO a NL ao NL das Bahamas ata o N das Bermudas,...
-
-
Calidade de flotable.
-
Forza resultante do empurrón da auga, experimentada polo volume do corpo somerxido nun líquido, oposta ao peso total deste corpo. Se esta diferenza é grande, o corpo queda sobreauga; se é pequena a cara de auga, se é nula permanece indiferente, a flor de auga ou a media auga, e se é negativa vaise ao fondo. A flotación dun barco debe ser tal que, ben somerxido o buque ata a liña de flotación superior, quede suficiente volume fóra da auga a fin de poder navegar con mal tempo. É o que se denomina reserva de flotabilidade.
-
-
-
Que é capaz de flotar ou de manterse flotando.
-
Aplícase a un río por onde pode transportarse algo a flote.
-
-
-
Acción de flotar.
-
Situación en que a paridade dunha moeda respecto doutras se determina libremente en función da oferta e da demanda. Pode tratarse de flotación limpa, cando non intervén en ningún momento o banco central do país correspondente, e flotación sucia, cando si intervén comprando ou vendendo para estabilizar a moeda.
-
-
centro de flotación
Centro de pulo.
-
liña de flotación
Liña que sinala a superficie da auga no casco do buque e que separa a parte somerxida da que emerxe; é dicir, separa as obras vivas (carena), das obras mortas, cando o buque leva o seu máximo de carga.
-
liña de flotación en lastre
Intersección da superficie da auga co casco dun buque sen carga, auga nin combustible.
-
centro de flotación
-
Operación que se fai para separar un ou máis compoñentes dunha mestura de minerais, de compostos químicos, etc, en suspensión acuosa, por medio dunha corrente de aire que se introduce no seo do fluído e que arrastra selectivamente o compoñente que se quere separar. Este comportamento selectivo débese á distinta afinidade superficial dos materiais fronte á auga ou ao aire. Emprégase a flotación para concentrar o mineral extraído das minas, do que elimina unha parte da ganga.
-
-
-
-
Corpo flotante.
-
Obxecto flotante, macizo ou inflado de aire, que se emprega para sosterse sobre a auga e que está destinado normalmente a manter flotando algún corpo.
-
Corpo flotante co que se mide a velocidade dunha corrente líquida. Foi o primeiro aparello empregado polos oceanógrafos para estudar as correntes mariñas.
-
Cámara estanca, chea de aire, destinada a facer insomerxible un bote.
-
-
Cada un dos elementos destinados a soportar os esforzos que actúan sobre a estrutura do hidroavión durante as manobras de inicio do voo e amaraxe, e que serven para conseguir a flotación da aeronave.
-
Boia pequena, dun material lixeiro, empregada na pesca, que se fixa ao sedal para manter o anzol a nivel constante.
-
-
-
Que flota.
-
Que está sometido a variación.
-
Aplícase ao peixe, alción ou nave, cos aparellos e as velas estendidas, que se representan sobre as ondas.
-
-
-
Manterse un corpo sobre a superficie dun líquido.
-
Manterse un corpo en suspensión no interior dun medio líquido ou gasoso.
-
Sentir unha sensación de mareo ou similar á de flotar no aire.
-
Deixarse notar algo inmaterial no ambiente producindo certa sensación.
-
-
PERSOEIRO
Actor e director teatral. Iniciou as súas actividades teatrais na ADB e en 1959 pasou a Francia, onde se formou o Centro Dramático do Leste de Estrasburgo. Ocupou o primeiro lugar no Théâtre de la Ville, en París. Acadou importantes galardóns, como o de Chevalier de l’Orde des Arts et des Lettres en 1979 e, un ano máis tarde, o premio da crítica ao mellor actor do ano. Este mesmo ano integrouse na Comédie Française, onde protagonizou numerosas obras, entre outras Don Juan, de Molière (1982). Volveu a Barcelona e en 1984 formou a súa propia compañía, con sede no Teatro Poliorama, onde dirixiu e tamén interpretou diversas obras, como Una jornada particular, de Ettore Scola (1984), Cyrano de Bergèrac, de Edmon Rostand (1985, Premio Nacional de Interpretación da Generalitat de Catalunya), El despertar de la primavera, de Frank Wedeking (1986), Per un sí o per un no (Por un si ou por un non, 1896), de Nathalie Sarraute, El dret d’escollir...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gotas pequenas de saliva que se emiten coa tos, o espirro ou cando se fala. As máis finas poden permanecer suspendidas no aire durante bastante tempo e pódense inhalar por outras persoas; por esta razón, poden constituír un vehículo de infección ao transmitir xermes dunha persoa a outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á fototaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fototaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dunha célula ou de calquera organismo móbil en resposta a un estímulo luminoso. Este movemento pode ser tanto de atracción como de repulsión. Un exemplo é o das algas Chlamydomonas que se dirixen cara a rexións onde a concentración luminosa é maior para realizar mellor a fotosíntese.
-
-
-
Conxunto de barcos de guerra, pesqueiros, mercantes, etc, dun Estado ou dun mesmo armador ou empresa armadora.
-
Conxunto de embarcacións dunha mesma provincia marítima.
-
Conxunto de embarcacións que navegan nas mesmas augas ou que desenvolven unha mesma actividade.
-
Conxunto das embarcacións de regatas ou de deporte dunha mesma serie que adoitan navegar por unhas augas determinadas.
-
-
Unidade estratéxica constituída pola reunión de diferentes escuadras concentradas para realizar unha misión principal. Está integrada pola forza de combate, formada por portaavións, acoirazados e cruceiros cos seus destrutores; a forza de seguridade e de vixilancia, formada por cruceiros lixeiros, destrutores e submarinos; e o tren naval, constituído por barcos de carácter loxístico, como petroleiros e barcos hospital. Para realizar operacións de desembarco, engádese a forza anfibia, composta de lanchas con todo o material das tropas que van saltar a terra.
-
Conxunto de vehículos da mesma clase, como os avións ou camións, pertencentes a unha empresa ou país.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
gaivota tridáctila [port: gaivota-tridactila; cast: gaviota tridáctila; ingl: kittiwake] [Rissa tridactyla, Fam dos láridos]
Ave de 30 cm de longo, de aspecto menos robusto ca outras gaivotas do xénero Larus, co dorso gris claro e cunha franxa negra dende o extremo das ás, ventre, ás e cola brancos cunha franxa negra no extremo da cola lixeiramente gallada. Peteiro fino amarelo e patas negras. Cría en colonias nas beiras dos cantís. É a especie máis peláxica das nidificantes en Galicia. As colonias de cría en Galicia, nas illas Sisargas e Cabo Vilán, chegaron en anos recentes a sumar unhas 200 parellas, sendo unha especie que presenta nestas latitudes grandes oscilacións nas súas poboacións, polo que se estima que na actualidade hai unhas 50-60 parellas nidificantes. Estas dúas localidades, xunto coas illas Berlengas, son as únicas colonias de cría ibéricas.
-
Ave mariña da familia Laridae de entre 30 e 71 cm de lonxitude. Xeralmente de tons cincentos no dorso e brancos no ventre nos adultos, sen aparente dimorfismo sexual e que acadan a plumaxe adulta aos 3 ou 4 anos; nos máis novos e inmaduros a plumaxe é habitualmente parda. Son especies de hábitos costeiros coa excepción da gaivota tridáctila. A maior parte das especies realizan movementos de dispersión dende as áreas de cría. A maior parte das especies son moi adaptables á actividade humana, polo que resulta habitual o aproveitamento dos recursos humanos, tanto para a alimentación como para a nidificación.
-
gaivota biquistreita [cast: gaviota picofina; ingl: slender-billed gull] [Larus genei, Fam dos láridos]
Ave de 40 cm de lonxitude, nidificante en pequeno número no Mediterráneo, similar a L. ridibundus; nos adultos non presenta a cabeza negra no verán, bico longo e estreito, nos máis novos patas claras e unha soa mancha auricular. En Galicia é visitante ocasional.
-
gaivota cabecinegra [port: gaivota-de-cabeça-preta; cast: gaviota cabecinegra; ingl: mediterranean gull] [Larus melanocephalus, Fam dos láridos]
Ave de 39 cm. Nos adultos presenta un dorso gris claro, cola e puntas das ás brancas, cabeza negra no verán, e cun antiface negro no inverno, peteiro e patas encarnadas. Os máis novos posúen dorso escuro, listado de branco, e patas e peteiro negros. A súa presenza é invernal, e aumenta o número en Galicia.
-
gaivota chorona [port: guincho; cast: gaviota reidora, gaviota común; ingl: black-headed gull] [Larus ridibundus, Fam dos láridos]
Ave de 36 cm de lonxitude, gris pálido, uniforme polo dorso, bordo exterior das ás branco, patas e peteiro vermellos, cabeza marrón no verán, e branca con dúas manchas escuras no inverno, nidificante colonial máis habitual en augas interiores. A presenza desta gaivota en Galicia é fundamentalmente invernal e no período posreprodutor. A presenza estival da especie en humidais do interior non é rara, aínda que non se pode constatar ata o momento a súa reprodución.
-
gaivota escura [port: gaivota-de-asas-escuras; cast: gaviota sombría; ingl: lesser black-backed gull] [Larus fuscus, Fam dos láridos]
Gaivota de 52 cm de longo, con dorso e ás escuros, cabeza, ventre e cola brancos, e patas rosas. Os máis novos e inmaduros son moi semellantes aos de L. Cachinnans. Especie que nidifica en colonias, en Galicia é menos abundante cá gaivota patimarela. Ten a súa principal colonia de cría nas illas Sisargas.
-
gaivota gallada [cast: gaviota de Dabine; ingl: Sabine’s gull] [Larus sabini, Fam dos láridos]
Ave de 33 cm de lonxitude, de paso ou invernante nas costas galegas, xeralmente afastada da costa. Presenta un aspecto esvelto, no que destaca a cola gallada co extremo negro en individuos novos e inmaduros, dorso gris, máis escuro nos novos, ás brancas con franxa alar negra debuxando un deseño en M, peteiro e patas escuras coa punta do peteiro amarela nos adultos. A parte superior da cabeza e o pescozo gris escuro nos adultos en inverno e cabeza tirando a negra no verán.
-
gaivota papoia [port: gaivota-parda; cast: gaviota cana; ingl: common gull] [Larus canus, Fam dos láridos]
Ave cunha lonxitude de 43 cm; cría en colonias ao N de Europa, na costa e nos humedais do interior. Nos adultos ten dorso gris, punta das ás negras cunha mouta branca no bordo das ás, cola e partes inferiores brancas. Peteiro amarelo e patas verdosas. Nos máis novos e inmaduros o bordo da cola é negro, e as patas e peteiro rosas coa punta negra. É invernante e de escasa presenza en Galicia.
-
gaivota patiamarela [Larus cachinnans, Fam dos láridos]
Gaivota de 54 cm de longo, co corpo robusto, dorso e ás gris claro, coas puntas das ás negras, cabeza, ventre e cola brancas, patas amarelas, e peteiro amarelo cunhan mouta vermella na punta. As máis novas e inmaduras son pardas tirando a negro, e adquiren progresivamente tons brancos e grises. Especie nidificante en colonias, amplamente distribuída por cantís da costa de Galicia, que ten nas illas das Rías Baixas a maior colonia de cría do mundo con máis de 25.000 parellas. A súa adaptación á actividade antrópica fai que existan colonias de cría urbanas, con cerca de 1.000 parellas nas cidades da Coruña e Vigo. Recentemente, constatouse a súa nidificación na comarca da Limia.
-
...
-
gaivota tridáctila [port: gaivota-tridactila; cast: gaviota tridáctila; ingl: kittiwake] [Rissa tridactyla, Fam dos láridos]
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na primavera de 1989 en Oleiros. Subtitulouse “Revista do centro de formación e emprego do concello de Oleiros. Fundación municipal de Cultura”. Trátase do voceiro do devandito centro, no que se tenta ofrecer información sobre emprego, drogas, ou marxinación social.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación semellante á galera, pero de menor tonelaxe. Tiña entre dezaseis e vinte remos por banda e un só home en cada remo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
galvanotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno táctico no que o factor estimulante é a corrente eléctrica.
-
-
Cada unha das pezas de madeira ou de ferro, curvadas, que van firmes no xogo principal e que forman o casco da embarcación pola parte de popa.
-
Cada rama das pezas que, á maneira das de popa, forman a carcasa e reforzan a proa.
-
-
-
Liliácea de máis dun metro de altura, presente nas zonas altas de Galicia, en pastos e campos incultos. Florece a finais do inverno e primavera. Aparece en grupos numerosos e rebrota vivamente tralos incendios.
-
Póla pequena dunha planta.
-