"Aïr" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 288.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e matemático francés, barón de Prony. Transformou moitos canais e portos, construíu o porto da Concorde, de París e ideou o freo de Prony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosa tectónica percorrida polo Rin entre Basilea e Bingen. Ten uns 300 km de longo por uns 45 de ancho, enmarcado entre o Jura ao S e o macizo xistoso Renano ao N. Á súa dereita e esquerda álzanse os restos hercinianos da Selva Negra e Odenwald, por unha banda, e os Vosgos e Hardt pola outra, entre os que tivo lugar o afundimento iniciado no Oligoceno. O fondo desta fosa é un sistema de terrazas sobre materiais terciarios fértiles, pero ademais é un antigo camiño de paso entre o mar do Norte e a cunca mediterránea. Isto explica a poderosa industria e a gran densidade humana instalada na chaira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza aérea inglesa formada en 1918 pola fusión do corpo aeronáutico co servizo aéreo naval. Durante a Segunda Guerra Mundial salvou a Reino Unido da invasión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de América do Norte, situado na rexión dos Grandes Lagos, que pertence a EE UU e Canadá. Cunha extensión de 1.103 km2, ten como inmisario o río Saint Clair e como emisario o Detroit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento de Loire Atlántico, na rexión de País do Loire, Francia, situada na desembocadura do río (65.874 h [1999]). Unida a Nantes mediante unha canle, é o anteporto desta cidade e ten os estaleiros máis importantes de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico francés. Estudou as disociacións a altas temperaturas de diversas substancias e as propiedades do silicio e do boro e obtivo o aluminio (1857). Analizou substancias orgánicas, como a resina, a creosota e o tolueno.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pasar algo ou alguén de dentro dun lugar para fóra.

      2. Irse algo ou alguén dun lugar a outro.

      3. Marchar dun lugar nun momento determinado.

      1. Ir a lugares de diversión e entretemento.

      2. Manter unha relación sentimental ou de amizade con alguén.

    1. Deixar de estar nunha situación determinada.

    2. Ter unha persoa semellanza con algún familiar do que descende.

    3. Nacer ou comezar a xurdir algo.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Aldurfe (Riotorto). O seu cumio acada os 541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Arbosa e a enseada da Barda, na parroquia de Brantuas (Ponteceso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiso baixo a advocación de Santaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor estadounidense. Integrado no movemento socialista ata 1933, interveu en política e foi candidato a gobernador de California polo partido demócrata. Das súas obras destacan The Jungle (1906), Oil (1927), Boston (1928) e The Dragon’s Teeth (1942, Premio Pulitzer).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ser unha persoa ou cousa máis alta ca as que ten ao seu lado.

    2. Resaltar unha cousa ou parte dela ao estar nunha posición máis avultada ca o resto.

    3. Superar alguén aos demais nunha calidade ou don.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que ofrece protección contra o vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita por Luís Pimentel, publicada postumamente en 1959, que recolle a súa poesía en galego. A escolma foi realizada por Celestino Fernández de la Vega, que recolleu corenta e dous poemas, inéditos ou publicados con anterioridade en xornais ou revistas, ademais da reprodución de Triscos. A súa poética xira ao redor do silencio e a morte, cunha simboloxía sinxela e moi particular, de carácter impresionista, que reforza o intimismo e o existencialismo da súa obra. A maioría dos textos son cancións, aínda que tamén se poden localizar estampas, himnos, oracións ou elexías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia xaponesa descendente do Emperador Kwammu (s VIII), que ostentou o poder en Xapón entre os ss X-XII. A súa figura máis representativa foi Taira Kiyomori (1118-1181). Mantiveron o poder ata 1185, cando foron exterminados polos Minamoto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teatro estatal fundado en París en 1920. O seu primeiro director foi o actor Gremier, que ostentou o cargo ata 1933. Creouse coa finalidade de ofrecer espectáculos de calidade a uns prezos accesibles, especialmente para un público popular. Foi dirixido por notables personalidades, das que destaca Jean Vilar (1951-1963), co que a compañía acadou un gran prestixio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía estadounidense de transporte aéreo. Foi fundada en 1930 mediante a fusión da Western Air Express e a Trans Continental Air Transport. Participou directamente na construción do Douglas DC3 e do Constellation, primeiro avión de transporte intercontinental. A súa rede internacional cobre os cinco continentes. A partir de 1967 diversificou as súas actividades (absorción da cadea de hoteis Hilton e da de restaurantes Canteen Corp) e, despois dunha importante crise financeira, foi adquirida por American Airlines en 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Coñecido como Johannes Aventinus, foi o autor dunha gramática latina e fundador da Solidaritas Litteraria Angilostadensis. Historiador da Corte (1517), redactou os Annales Baiorum, publicados en Alemaña co título de Bayerische Chronik (1526-1533), un tratado sobre filosofía e música que simpatiza con algunhas ideas da Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun río polo que a auga discorre máis lentamente.

    2. Construción feita para deter o paso da auga e poder utilizala para outros fins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao Buda supremo no budismo mahāyāna. Adoita ser representado en actitude meditativa, co xesto característico dos seis elementos, que expresa coa man dereita pechada (os cinco dedos representan o mundo material: terra, auga, lume, aire e éter) por riba da esquerda, da que agarra o índice (que representa a consciencia).

    VER O DETALLE DO TERMO