"Alón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 299.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición organizada polos membros da Académie Royale de Peinture et de Sculpture desde 1667, no Salon d’Apollon do Musée du Louvre. Desde o s XIX apareceron varias exposicións rivais que foron restándolle prestixio e perdeu o apoio gobernamental a finais de século. A súa organización foi emulada noutros países ata a segunda metade do s XX, cando deron paso ás bienais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual celebrada en París desde 1890 como alternativa ao Salon oficial. Creouse co nome incial de Societé Nationale de Beaux-Arts. Algúns dos seus membros fundadores foron E. Carrière ou F. A. Rodin.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual celebrada en París desde 1844 pola Societé des Artistes Indépendants, formada por G. Seurat e P. Signac como alternativa ao Salon oficial. Converteuse no principal escaparate da pintura postimpresionista ata a Primeira Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición celebrada en París en 1863 por mandato de Napoleón III para acoller a mostra das obras que foran rexeitadas polo Salon oficial. Expuseron nela E. Manet, P. Cézanne e C. Pisarro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual do cómic de carácter internacional que se celebra na Coruña. Dirixida por Miguelanxo Prado e Carlos Portela, coa colaboración do Concello da Coruña, a primeira edición celebrouse en 1998. Nas súas diferentes convocatorias contou coa participación de destacados ilustradores, como Denis Deprez, Manel Fontdevilla, Stuart Immonem, Bruce Jones e Ana Miralles, entre outros. As diversas mostras e actividades teñen lugar no Kiosco Alfonso, no Palacio Municipal e no edificio Salvador de Madariaga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exposición anual celebrada en París desde 1903 como alternativa ao Salon oficial e ao Salon des Indépendants. Fundado por P. Bonnard, A. Marquet, H. Matisse e G. Rouault, déronse a coñecer nel os fauvistas, con Matisse como pintor mais destacado, a partir da mostra de 1905.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga colonia de Dalmacia, situada preto do actual lugar de Solin, Croacia, centro de convenios mercantís entre os elementos indíxenas, os colonizadores gregos e os comerciantes romanos. Durante o Imperio Romano, foi a capital da provincia de Dalmacia.
-
CAPITAIS
Capital do nomós homónimo, Macedonia, Grecia (377.951 h [1981]). Está situada no centro do golfo de Tesalónica. É un núcleo industrial moi desenvolvido con industrias téxtiles e metalúrxicas. Ata a Idade Media foi coñecida co nome de Tesalónica. Fundada en 315 a C por Casandro, preto da antiga Therme, para adorar a súa muller Tesalónica, irmá de Alexandre o Grande, deseguido foi o porto militar por antonomasia de Macedonia e, despois da conquista romana, un centro comercial e de comunicacións de primeira orde. Converteuse na cidade máis importante da península dos Balcáns e non cesou de medrar ata o momento da fundación de Constantinopla. Sé episcopal desde o s I, durante o s III sostivo diversos ataques e sitios dos godos (252, 262, 269). Teodosio I castigou duramente a revolta de 390 e, gradualmente, foi decaendo e converteuse nun centro de importancia menor, ameazado continuamente polos búlgaros, eslavos, godos, hunos, ávaros e normandos. Conquistada polos croatas latinos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Macedonia, Grecia (3.683 km2; 947.864 h [1991]). A súa capital é Salónica.
-
-
Relativo ou pertencente a Salónica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Salónica.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse en Flandres con Antonio Moro e foi pintor de cámara de Filipe II (1560). Os seus retratos áulicos seguen o esquema compositivo do seu mestre e mostran unha gran cromática e unha pincelada solta. Cultivou tamén a pintura relixiosa. Destacan Isabel de Valois, El príncipe don Carlos, Ana de Austria e Los desposorios místicos de santa Catalina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cosmógrafo. Expedicionario das costas suramericanas, traballou na confección de mapas na Casa de Contratación de Sevilla, onde foi mestre de astronomía e cosmografía. Escribiu El libro de las longitudes (1551) e Islario general del mundo (1560).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e mestre. Director do Centro de Educación Especial “Marqués de Vallejo” (1981-1989), foi membro fundador da Asociación Promotora del Deficiente Mental Adulto de La Rioja. Militante do PP, como membro do goberno rexional de La Rioja ocupou o posto de director xeral de Benestar Social (1989), o secretariado xeral (1990-1993) e a presidencia, desde 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Italia e Mallorca, onde pintou, con Pere Terrencs, a táboa de San Sebastián (1488). Fixo retablos en Montenegro de Cameros e nos Balbases, e colaborou no retablo maior da catedral de Burgos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e conquistador. Participou nas campañas de Flandres, e en 1583 Filipe II nomeouno gobernador de Chile. Loitou contra os araucanos e fortificou as rexións fronteirizas, pero non puido vencer a resistencia india.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Nobre. Membro da liñaxe dos Deza, en 1318 encabezou a rebelión contra o arcebispo compostelán Berenguel de Landoira. Morreu no castelo da Rocha Forte, durante o cerco do arcebispo á cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Parte posterior do pé formada polo óso calcáneo.
-
Parte do calzado ou do calcetín que cobre o talón do pé.
-
Documento de crédito que conta cun comprobante.
-
-
Parte inferior e posterior de certos obxectos.
-
Parte extrema do arco dos instrumentos de corda, oposta á punta, que se agarra coa man do executante.
-
Extremo oposto á punta, onde está o ollo, nunha agulla de máquina de coser.
-
-
Base dunha lasca.
-
Moldura composta por dous arcos de círculo, un cóncavo e outro convexo.
-
Punto vulnerable ou feble dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Caderno do que se van separando os talóns e no que queda unha parte que serve como comprobante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Salónica.
-
-
Relativo ou pertencente a Tesalónica ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tesalónica.
-