Salón do Cómic da Coruña
Salón do Cómic da Coruña
Exposición anual do cómic de carácter internacional que se celebra na Coruña. Dirixida por Miguelanxo Prado e Carlos Portela, coa colaboración do Concello da Coruña, a primeira edición celebrouse en 1998. Nas súas diferentes convocatorias contou coa participación de destacados ilustradores, como Denis Deprez, Manel Fontdevilla, Stuart Immonem, Bruce Jones e Ana Miralles, entre outros. As diversas mostras e actividades teñen lugar no Kiosco Alfonso, no Palacio Municipal e no edificio Salvador de Madariaga.