Salon d’Autome

Salon d’Autome

Exposición anual celebrada en París desde 1903 como alternativa ao Salon oficial e ao Salon des Indépendants. Fundado por P. Bonnard, A. Marquet, H. Matisse e G. Rouault, déronse a coñecer nel os fauvistas, con Matisse como pintor mais destacado, a partir da mostra de 1905.