"Alicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 418.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual editada en Ourense a partir de 1883. Cesou a súa edición ao ano seguinte. Subtitulouse “Revista de ciencias, artes y literatura” e tomou o nome dun parladoiro que fundou Vesteiro Torres en Madrid. Dirixida por Xoán Neira Cancela, contou coa colaboración de destacados poetas e intelectuais galegos. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Antonio Otero. Ademais de notas biográficas e das achegas literarias, ofreceu información sobre os Xogos Florais de Vigo de 1883.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada a partir de 1893 en Bos Aires. Cesou a súa edición aos catro ou cinco meses. Dirixiuna Manuel Nóvoa Costoya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álbum de estampas de Castelao publicado en València en 1937, xunto co álbum Atila en Galicia, no que describiu a represión durante a Guerra Civil. Inspirouse nos cartóns para tapices de Raemaekers e, do mesmo xeito que fixera Goya en Los desastres de la guerra, a súa denuncia non se limitaba neste caso á Guerra Civil senón a todo tipo de barbarie. Cada debuxo, no que predomina o claroscuro, vai acompañado dunha lenda de carácter irónico que lle dá título. Está formado polos debuxos: Este é o deus dos feixistas; Queiman, rouban e asesinan no teu nome!; Arriba os probes do mundo!; Así aprenderán a non ter ideas; Cobardes! Asesinos!; A derradeira lección do mestre; Non enterran cadavres, enterran semente; Van a matarnos, pero venceremos; Esta door non se cura con resiñación; e Superviventes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1913. Cesou a súa edición en 1918. Subtitulouse “Revista de Medicina Clínica y Experimental”. Dirixírona R. Novoa Santos, A. Novo Campelo, S. Martínez Gómez, N. Carrero Goyanes e L. Blanco Rivero. Dedicada aos especialistas do sector, tiña unha tiraxe de 500 exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico mensual aparecido en Santiago de Compostela a partir de 1995. Subtitulouse “Guía máxica de Galicia”. Editado pola Asociación de Maxia e Ocultismo de Galicia e dirixido por Manuel Aneiros Loureiro, tentaba servir como medio divulgativo do mundo da astroloxía, a quiromancia e o tarot. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Ademais, incluíu información sobre seminarios de maxia galega tradicional e filosofía celta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario de carácter económico editado na Coruña a partir de 1902.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semestral editada en Vigo a partir de 1983. Cesou a súa edición posiblemente en decembro de 1991. Dirixida por Luís Carballo e pioneira no seu sector, tentaba converterse nun referente para publicitar a moda galega en toda España. Prestou unha atención especial aos desfiles que tiñan lugar en Galicia, especialmente á organización de Luada. Ademais incluíu información sobre a Pasarela Cibeles de Madrid e o Salón Gaudí de Barcelona, xunto con resumos das principais pasarelas internacionais. Dedicou outros apartados ao deseño, ás artes plásticas, á arquitectura e á literatura. No seu segundo número distribuíu un caderno titulado Galicia cultural, no que se facían referencias á novela e ao teatro galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en La Habana a partir do 3 de maio de 1885. Cesou a súa edición en 1888. Dirixido por Xosé Novo García, incluíu información de actualidade e colaboracións da Sociedad de Beneficiencia de Naturales de Galicia, ademais de artigos sobre filosofía, historia e literatura. Co pasamento de Rosalía de Castro en 1885, dedicáronlle un número especial e contribuíron a promover a construción dun mausoleo en Galicia para a autora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Pontevedra a partir do 1 de maio de 1897. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 (nº 30). Subtitulose “Revista mensual ilustrada”. Dirixida por Enrique Labarta Pose, contou con Xerardo Álvarez Limeses como redactor xefe. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico estudantil editado en Santiago de Compostela a partir de xaneiro de 1909. O seu director literario foi Luis Vilardefrancos Calé. Trátase posiblemente da primeira publicación universitaria que se rexistra en Galicia. Na súa elaboración participaron Antonio F. Tafall, Manuel Lustres Rivas, Eduardo Dieste e Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido a finais dos anos setenta do s XX en Madrid por Radio Cadena Española. Dirixido e presentado por Manuel Lombao, incluía entrevistas a autores, músicos, pintores e intelectuais galegos que eran noticia na capital de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico presentado a partir de 1988 por Luís Rial. Emitíase ás veces en conexión con diversas emisoras espalladas por Europa e América como Radio Nacional de Panamá, Radio Mar del Plata, Radio Excelsior de Bos Aires, Radio Carve de Montevideo, Radio Universidad Católica de Santiago de Chile, Radio Nacional de Costa Rica, Radio La Exitosa de Panamá e outras emisoras de Laussanne, Marsella, Barcelona e Las Palmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter societario editada polo Centro Galego de Vitoria-Gasteiz a finais do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición de arte galega celebrada no mosteiro de San Martiño Pinario (Santiago de Compostela) en 1991. Promovida pola Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia, o Arcebispado de Santiago de Compostela e as dioceses galegas, revitalizou o conxunto monumental de San Martiño Pinario, que sufriu unha ampla remodelación e restauración. Constituíu un amplo percorrido polas manifestacións artísticas galegas, escultura e ourivería, dende a prehistoria ata o s XX. Estruturouse en catro bloques: As Raíces, que abrangueu a arte dende a prehistoria ata a romanización; O Camiño, referido ao mundo medieval tomando como eixe o Camiño de Santiago; O Esplendor, dedicado á arte moderna; e A Nova Identidade, que recolleu a arte dos últimos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico emitido dende 1990 por Radio Mollet, no concello de Mollet del Vallés, en Barcelona. Dirixido por Montse Vilas, pertence ao circulo da ERGaC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación liberal editada en Vilagarcía de Arousa a partir do 15 de marzo de 1907. Cesou en 1938. Subtitulouse “Periódico regional. Primer diario de Villagarcía”. Dirixírono sucesivamente Francisco Cano e Xoán Gándara. A partir de 1918 o xornal pasou a ser propiedade de Xosé B. Fernández Peón, quen tamén exerceu como director. No período 1923-1929 foi dirixido por Delfín Meis. Malia que as súas vendas descenderan dende 1918, coa chegada da Segunda República colleu certo pulo. Coa Guerra Civil converteuse en voceiro franquista. Ademais da información xeral, incluíu artigos históricos, textos literarios e poemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico semanal editado na Coruña a partir de 1910. Cesou probablemente en decembro de 1915. Subtitulouse “Semanario, órgano de Juventud Católica”. A súa tendencia era católica e sindicalista. Incluíu, ademais de artigos políticos, poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación política editada en La Habana a partir do 5 de xuño de 1916. Dirixida por Eugenio Mañach, converteuse no voceiro dun grupo opositor á Caixa de Aforros. Nos seus artigos loitou contra o caciquismo e denunciou a corrupción da entidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Montevideo a partir do 15 de setembro de 1918. Cesou a súa edición o 11 de xaneiro de 1919. Subtitulouse “Semanario regional”. Dirixida por Xosé María Barreiro, foi o continuador de Tierra Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Montevideo a partir do 22 de febreiro de 1931. Subtitulouse “Semanario popular da colectividade galega no Uruguai”. Fundado por X. Silva Barros e A. San Román, contou coa colaboración de destacados intelectuais e escritores galegos. Incluíu artigos sobre literatura hispanoamericana, teatro e información xeral de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO