"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista ilustrada e bilingüe editada en La Habana a partir do 5 de abril de 1936 e que cesou a súa publicación o 1 de marzo de 1940. Dende o número 82 titulouse Cultura Hispánica. Dirixida por Adolfo V. Calveiro Couto, contaba coa colaboración de Eladio Vázquez Ferro, subdirector da publicación, Jesús Peynó, Ramón Fernández Mato, Fuco G. Gómez, Constancio C. Vigil, Otero Pedrayo e Ramón Lemos. Ocasionalmente, contou coas sinaturas de Rubén Darío, V. Blasco Ibáñez, Wenceslao Fernández Flórez e Azorín. Aínda que nun principio mantivo unha liña ideolóxica republicana, coa defensa da República e do Estatuto de Autonomía para Galicia, co tempo, e cos diversos problemas económicos que tiña, perdeu rigor informativo e aproximouse á ideoloxía franquista. Incluía diversas seccións, como “Vida social de la Colonia”, “Centro Gallego” e “Hijas de Galicia”, nas que aparecían novas sobre Galicia, sobre as sociedades de emigrantes e actos culturais, ilustrados con fotografías de paisaxes e monumentos....
-
PERSOEIRO
Fisiólogo. Doutorouse na Universidade de Cambridge en 1909. Dirixiu os Wellcome Physiological Research Laboratories (1906-1914), nos que realizou estudios sobre a composición e os efectos do cornizó, e traballou no National Institute for Medical Research (1914-1942), centro do que foi director dende 1928 ata a súa xubilación. Foi presidente da Royal Society (1940-1945) e membro da Comisión de Enerxía Atómica. Descubriu a histamina e a acetilcolina, molécula implicada na transmisión nerviosa. No 1936 recibiu, xunto con Otto Loewi, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía polo descubrimento da acción dos neurotransmisores no impulso nervioso. No ano 1932 concedéuselle o título de sir e no 1944 a Orde do Mérito.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Val da Morte.
-
DIARIOS
Diario en castelán aparecido en Ourense a principios de 1918 e que cesou probablemente no mesmo ano. Subtitulouse “Diario de la mañana” e contou coa colaboración de Vicente Risco e doutros intelectuais galegos. Incluíu información de carácter xeral, un “servicio telegráfico” e novas do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desfacer ou librar un palleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario en castelán de carácter independente aparecido en Bos Aires o 8 de setembro de 1905. Dirixido por C. Rey e J. B. Fernández, contou coa colaboración de Vicente Medina, Luís Sánchez e Félix Guguerella. Trataba problemas da colectividade galega emigrada e realizaba un labor crítico coas asociacións galegas. No último número indican o seu interese por converterse nun semanario co título de El Despertar Hispano, que non chegou a publicarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo aparecido en xaneiro de 1922 en Bos Aires que cesou a súa edición ao redor de 1930. Subtitulouse “Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina”. Dirixido por Antón Alonso Ríos, exerceu como voceiro da Federación de Sociedades Gallegas. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Vanguardia. Contou coa colaboración de Xulio Sigüenza, E. Blanco Amor, Xesús Calviño, Luis Araquistain, Ramón Villar Ponte, Miguel Revestido, Lois Peña Novo, Waldo Álvarez Insúa e outros. Mantivo unha relación moi directa co xornal ourensán La Zarpa. Incluía novas referidas a cuestións económicas, políticas e sociais, ademais de debates políticos que xurdían entre as diferentes sociedades, información interna da Federación, algunhas colaboracións literarias e artigos de carácter anticaciquil, agrarista e liberal.
-
-
Particularidade que non é indispensable, pero que completa algo embelecéndoo.
-
Cada un dos datos ou circunstancias que axudan a comprender ou coñecer algo.
-
Aspecto parcial ou ampliado de algo.
-
Lista detallada con todas as especificacións.
-
Cousa que se dá ou se fai como mostra de atención cara a unha persoa.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade mensual que apareceu en xullo de 1988 na comarca do Val Miñor. Dirixida por Juan Miguel López Medina, contaba coa colaboración de Emilio A. Freiria, Víctor Iglesias Viqueira, Xoán do Tamuxe, Francisco González Martínez e Héctor Barreiro Troncoso, cronista oficial de Baiona. Incluíu información da comarca dirixida aos habitantes dos distintos concellos e á emigración galega no exterior. Dividiuse nas seccións: “Nigrán”, “Gondomar”, “Bayona”, “Tomiño”, “La Guardia”, “El Rosal”, “Humor”, “El Caminante”, “Historia del Valle”, “Cultura”, “Opiniones”, “Mujer”, “Pasatiempos” e “Deportes”. Na contraportada, titulada “Se ve, se oye, se comenta...”, inseriu novas de carácter breve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en La Habana a partir do ano 1966.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ramon Deodat Caballero i d’Urbina.
-
PERSOEIRO
Diplomático. Director da Central Intelligence Agency (CIA, 1953-1961), que combateu o comunismo, no contexto da Guerra Fría. Foi cesado tralo fracaso do desembarco de baía de Cochinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou nas universidades de Madrid, Estrasburgo e París. En 1934 acadou a cátedra de Xeofísica na Universidad de Madrid. En 1939 exiliouse a Inglaterra, onde exerceu como profesor de física nas universidades de Manchester e Londres (1939-1953). Ao finalizar esta etapa volveu a España para recuperar a súa cátedra. Destacou polas investigacións no eido da meteoroloxía e do magnetismo terrestre, e no estudo das radiacións cósmicas, materia que introduciu en España. Perfeccionou numerosos aparellos de medición que empregou nos seus experimentos. En 1958 foi nomeado académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou nas universidades de Columbia e Wisconsin. Traballou no Banco Interamericano de Desarrollo nos anos sesenta e foi alcalde de Quito (1970-1978). Presidiu o Banco Ecuatoriano Nacional de la Vivienda y Junta Nacional de la Vivienda. En 1992 accedeu á presidencia de Ecuador á fronte da Unión Republicana (UR). Emprendeu un programa económico neoliberal e austero, afrontou un conflito armado con Perú no Alto Amazonas e viuse afectado polo escándalo da apropiación de fondos do vicepresidente Alberto Dahik. Participou no IX Cumio do Grupo de Río (4 e 5 de setembro de 1995), onde os presidentes do hemisferio definiron o establecemento dunha área de libre comercio común para o 2005. En 1998 foi elixido deputado nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter económico aparecida na Coruña a partir de marzo de 1988. Editada por Galicia Económica S L e dirixida por Uxío Fernández Fernández, contou coa colaboración de Mª Luisa Martínez, Luis Caramés, J. Antonio Gaciño, Luis Pita e Antonio Grandío. Ademais de procurar solucións a problemas financeiros, incluíu información relativa a empresas públicas e privadas, e tratou especialmente os sectores da pesca, a construción, a agricultura, a moda e a creación en Galicia, e o comercio polo miúdo.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Juan Adán, formouse na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Foi primeiro escultor de cámara dende 1836 e director xeral da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1840-1843, 1850-1853). As súas obras mostran o carácter clasicista. Traballou na restauración escultórica do palacio de Aranjuez. Da súa produción destaca o grupo El reto de don Rodrigo Téllez Girón al moro Albayaldos delante de sus padrinos e os retratos de Jovellanos e Argüelles. Realizou a figura da Constancia do Obelisco do 2 de Maio de Madrid (1840) e, no terreo da obra efémera, participou nos cenotafios das raíñas Isabel de Braganza (1919) e María Xosefa Amalia de Saxonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de 1842 e subtitulada “Produciones económicas-administrativas dedicadas a la juventud escolar”. De periodicidade irregular, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Núñez Castaño. No seu equipo de redacción figuraba Bieito Amor Losada. Tratábase dunha publicación de carácter científico, partidaria da liberdade de ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Facer ou recoller a herba ou a palla no palleiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer a palleta a un instrumento musical.