"Anda" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 490.
-
-
ida que leva a persoa que non traballa e que anda sempre de festa.
-
Feito que se fai para divertir ou divertirse.
-
Ruído que provoca un grupo de persoas que se divirten.
-
Persoa á que non lle gusta traballar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘testículo’.
-
RIOS
Río do Nepal e da India (700 km). Nace no Himalaia central pola unión de catro torrentes e penetra na India, onde, diante de Patna, conflúe pola esquerda co Ganxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Superficie plana que, debido a unha disposición topográfica endorreica e unha litoloxía impermeable, polo xeral de orixe sedimentaria, adoita estar asolagada.
-
Tronco queimado de xesta ou de urce.
-
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe oriúnda de Portugal que se estableceu en lugares como Allariz, Nogueiros (Ourense) ou Pontevedra. As súas armas traen, en campo de azul, un castelo de prata, sobre ondas de azul e prata, nas que nadan dous cisnes brancos, un a cada lado do castelo, enfrontados; á súa porta, unha ninfa de goles, cun escudo de prata embrazado e unha espada na man.
-
GALICIA
Patrón de embarcacións a vela. Participou nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984. Participou na regata volta ao mundo. Entre as distincións coas que foi galardoado, destaca a Medalla de Prata de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Membro dos agostiños, foi prior dos conventos das cidades de Santiago de Compostela e Arenas de Iguña. Nomeado en 1654 cronista xeral do Reino de Galicia, destacan as súas obras Tabla de libros y capítulos de la historia eclesiástica de Galicia (1646), Descripción, origen y descendencia de la mui noble y antigua casa de Calderón de la Barca [...] (1661), Origen y antiguedad de la casa de Oca (1673), Nobiliario, armas y triunfos de Galicia (1677) e El cisne occidental (1678).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Pasarín, cos que aprendeu as técnicas do debuxo, a pintura ao óleo, a xilografía, a linografía, a augada e a sanguina, entre outras. As súas pinturas, bodegóns e paisaxes, evolucionaron dende os valores impresionistas da primacía da luz e da cor ata os expresionistas, onde a pincelada se fai máis longa e na que a pasta de cor é máis grosa. Realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da parroquia de Xubia que constitúe a capital do concello de Narón.
-
GALICIA
Industrial. Foi propietario dun almacén de produtos coloniais en Vigo e fundador da conserveira Gándara y Haz (1903). Presidiu o Centro de Instrución Mercantil (1894) e en 1920 foi o seu tesoureiro. Foi secretario (1886) e presidente (1921-1924) da Cámara de Comercio, Industria y Navegación de Vigo e contribuíu á creación do Depósito Franco. Presidiu a Junta del Puerto y Ría de Vigo (1915-1919) e formou parte do consello de administración do Banco de Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Arnego (Rodeiro), Bidueiros (Dozón) e Coiras (Piñor). O seu cumio acada os 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dolores González Lorenzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estación arqueolóxica paleolítica da bacía do río Louro en San Salvador de Budiño (O Porriño). Primeiro xacemento paleolítico galego estudado con metodoloxía científica, caracterízase polos seus materiais exclusivamente líticos sobre seixos de orixe fluvial de cuarzo ou cuarcita encadrados no Acheulense. Trátase dun xacemento ao aire libre con sucesivos períodos de ocupación no que se localizaron restos de fogares asociados a enxovais líticos e lugares con concentracións de útiles, núcleos, lascas e fragmentos naturais. O estudo destes materiais permitiulle a M. D. Echaide elaborar un sistema clasificatorio de instrumental lítico, que tivo en conta as peculiaridades propias das bifaces galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación oficial que recibe, como espazo protexido da Rede Natura 2000, o conxunto de áreas húmidas das marxes do río Louro, aloxadas sobre o sector da Depresión Meridiana entre o Faro de Budiño e a serra do Galiñeiro. Este espazo natural abrangue unha superficie de 834 ha distribuídas entre os concellos do Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Constitúen unha área pantanosa que acolle diferentes ecosistemas naturais, onde se poden atopar unha gran parte das formacións vexetais características dos medios acuáticos continentais e de turbeiras da rexión Eurosiberiana: augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas (Littorelletalia uniflorae); lagoas eutróficas naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition; uceiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix; depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion; e bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior. Entre a súa fauna, destacan especies como...
-
PRAIAS
Praia da beira occidental da ría de Betanzos, no litoral da parroquia de Ouces (concello de Bergondo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.
-
PERSOEIRO
Político e pensador hindú. Coñecido co título de mahatma, estudiou dereito no University College de Londres e exerceu como avogado en Bombai. En 1893 aceptou un contrato de traballo en Sudáfrica, onde permaneceu durante 21 anos e iniciou un movemento de non violencia en defensa dos dereitos dos hindús emigrados, denominado satyagraha (‘abrazo da verdade’). En 1915 regresou á India e converteuse en líder do movemento en favor do autogoberno (swaraj), acompañou os seus postulados de resistencia pasiva cun sistema de vida ascético e de confraternización coas clases baixas. Entre 1921-1932 o Congreso Nacional Indio outorgoulle a autoridade executiva. Levou a cabo diversas campañas de desobediencia civil que lle supuxeron períodos de cárcere; na súa estancia en prisión en 1932 protagonizou una folga de fame co obxecto de erradicar a inxustiza social e económica do sistema de castes. Malia á súa oposición inicial, aceptou a separación de India e Paquistán cando se acadou...
VER O DETALLE DO TERMO