Gandarón, pazo de ou Pazo da Carballeira
Gandarón, pazo de ou Pazo da Carballeira
Construción situada en San Martiño de Salcedo (Pontevedra). Sede da Misión Biolóxica de Galicia, foi propiedade de Sebastián Malvar Pintor, arcebispo de Santiago, que o mandou construír a finais do s XVIII. Destaca a balconada da primeira planta apoiada en ménsulas con molduras e con varandas de ferro, e a decoración de placas. Conserva na fachada posterior a capela, con tres arcos na porta de entrada, sobre a que se sitúa un escudo, e rematada cunha espadana, e un hórreo.