"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

    1. Situar nalgún lugar.

    2. Estar unha cousa ou un lugar situado dentro doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encravar.

    2. Aplícase ao escudo partido ou cortado que encrava unha peza cadrangular noutra partición. Segundo a dirección deste saínte pode ser encravado en pal, encravado en faixa, encravado en banda e encravado en barra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encravar.

    2. Conxunto de cravos que se empregan para ferrar un animal.

    3. Lesión ou enfermidade que presentan os animais nos pezuños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fixar algo mediante cravos.

    2. Atravesar algo dunha parte á outra cun cravo ou algo similar.

    3. Ferir o animal que se está a ferrar ao cravarlle mal un cravo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de engravatar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha gravata a alguén.

    2. estir de maneira elegante a alguén.

    3. Poñer alguén unha gravata.

    4. estir alguén con elegancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1270-1274) e conde de Champagne, fillo de Teobaldo I. Rexente do seu irmán Teobaldo II, sucedeuno como rei. O seu goberno supuxo un intento de conservar a paz. Negouse a participar na insurreción nobiliaria que dirixiu Filipe, infante de Castela, contra Afonso X o Sabio (1269-1270). Deixou como herdeira a súa filla Xoana I de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra e conde de Foix (1518-1555), de Bigorre e de Armagnac, vizconde de Béarn, fillo de Catarina I de Navarra e de Xoán II de Albret. En 1521 tentou restablecer a unidade do seu reino, que rompera Fernando o Católico en 1512. Ocupou as cidades de Saint Jean-Pied-de-Port, Pamplona e Estella, pero a derrota fronte aos exércitos de Carlos I en Quirós fixérono abandonar as súas conquistas. Acompañou a Francisco I de Francia nas súas expedicións italianas e foi apresado na Batalla de Pavia. Casado con Margarida de Valois, sucedeuno a súa filla Xoana III de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cava lixeira e pouco profunda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavar a terra lixeiramente sen afondar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Escandinavia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de escavar.

    2. Burato que se escava ao redor dunha planta ou árbore para que reteña mellor a auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de escavar.

      2. Traballo de campo sistemático, propio do arqueólogo, que consiste no desenterramento, recuperación, exame, rexistro e interpretación dos depósitos, estruturas, artefactos, restos orgánicos ou inorgánicos ambientais, e outros restos dentro dunha área, sitio ou terreo arqueolóxico no medio terrestre ou acuático. Para o seu desenvolvemento é necesaria, en primeiro lugar, a prospección da área que se quere escavar para determinar o lugar exacto da escavación; despois, iníciase o proceso de escavación cos materiais necesarios para a limpeza do terreo e remoción da terra, que permiten a aparición dos achados e da secuencia estratigráfica que debe ser fotografiada, estudada topograficamente, rexistrada, deseñada e, finalmente, conservada; no caso dos achados, estes deben almacenarse.

    1. Lugar en que se está a escavar ou en que se escavou.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de escavar.

    2. Ornamentación e técnica característica do esmalte que obtén a superficie que se quere esmaltar mediante o baleirado do metal a través de medios químicos ou cun buril e que, trala fusión, ten que se pulir co esmeril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen escava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina empregada na escavación de terreos para remover grandes cantidades de terra. Consta basicamente dun chasis montado sobre rodas ou eirugas e provisto dunha pa, unha culler ou unha roda de alcatruces. O elemento de escavación vai montado sobre a pluma e móvese mediante cables ou por un circuíto oleohidráulico. Os tipos máis correntes son: a escavadora de culler frontal, empregada sobre todo na escavación de terreos non rochosos e para noiros verticais; a escavadora de culler retroactiva, tamén coñecida como retroescavadora, en que a culler fai o esforzo de escavación en sentido cara á máquina e traballa por debaixo do nivel desta, que se emprega en gabias e cimentos, e a escavadora bivalva, utilizada en terreos brandos, en gabias estreitas e profundas, cando hai moita diferenza de cota entre o nivel de escavación e o de descarga. Outro tipo de escavadoras son as dragalinas. Nas escavacións en terreos moi disgregados ou baixo a auga empréganse...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer buratos, galerías ou gabias, retirando a terra que houbese nese lugar.

    2. Facer que quede oca unha cousa sólida, quitándolle parte da súa masa.

    3. Tratar de averiguar algo dun asunto escuro ou oculto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pulseira en forma de cadea cunha lámina en que, normalmente, vai gravado o nome de quen a leva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de formación dos oficiais dos distintos corpos da Armada Española situado en Marín. A súa orixe está na Real Compañía de Guardias Marinas creada por J. Patiño en 1717 e instalada no castelo da Villa de Cádiz, e nas dúas compañías creadas en 1776 con sede en Ferrol e Cartagena. En 1824 as tres compañías departamentais xuntáronse no Colegio Real y Militar de Guardias Marinas con sede no Arsenal de La Carraca (Cádiz) que funcionou ata 1828. En 1842 creouse o Colegio Naval en San Carlos e en 1870 a Escuela Naval Flotante na fragata Asturias, con sede en Ferrol e que permaneceu aberta ata 1909. A Escuela Naval Militar creouse en 1913 en San Fernando (Cádiz) e en 1943 trasladouse a Marín, onde se creara en 1931 a Escuela de Artillería y Tiro Naval. Entre as distintas actividades formativas cómpre destacar o cruceiro de instrución a bordo do buque-escola J. S. Elcano, realizado no terceiro curso e cunha duración non inferior a seis meses. A festividade do Carme, o 16 de xullo, celébrase...

    VER O DETALLE DO TERMO