"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Nome dado ao cromóforo -N = N- enlazado xeralmente a dous radicais hidrocarbónicos.

    2. Nome xenérico dos compostos intensamente coloreados que teñen o cromóforo azo, unido xeralmente a radicais arilo.

    3. Nome xenérico dos colorantes que teñen o cromóforo azo. Obtéñense fundamentalmente por diazotación ou copulación e son abundantes e variados. Os máis usuais son os monoazo (sudan I, alaranxado de metilo, etc), os diazo (negro ácido ou naftol, etc) e os triazo (verde directo, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo empregado nos nomes de compostos que conteñen nitróxeno, especialmente os que conteñen o grupo azo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imposibilidade das células hepáticas de almacenar unha cantidade normal de glicóxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encordiar a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Madeira da árbore africana Lophira alata, de cor castaña violácea, que destaca pola súa resistencia á podremia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto obtido por redución do nitrobenceno, que contén o cromóforo azo. Emprégase para a obtención da bencidina e tamén como fumigante e acaricida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos compostos intensamente coloreados que resultan de aparear un sal de diazonio cun fenol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja (365 h [1996]) situado no Camiño Francés a Santiago, entre Nájera e Santo Domingo de la Calzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proterozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Azoico.

    2. Dise dunha rocha sedimentaria, dunha capa ou dunha serie, que non contén ningún fósil.

    3. Relativo ou pertencente ao azo.

    4. nítrico.

    5. Colorante azo empregado para tinguir o algodón de cores brillantes e resistentes á luz solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera dos compostos aromáticos heterocíclicos caracterizados por un anel de pirrol no que un ou máis dos seus átomos de carbono son substituídos por un de nitróxeno, osíxeno ou xofre. Algunhas penicilinas e colorantes son derivados de compostos deste grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal potásico de azolítmico, pouco soluble en auga, pero si moi soluble en álcalis diluídos, hidróxidos ou carbonatos. Encóntrase na tintura de tornasol. Emprégase como indicador e para a preparación de medios bacteriolóxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos acuáticos boiantes, de rizoma curto, delgado e con raíces pequenas. As frondes teñen cavidades interiores nas que viven cianófitas simbiontes do xénero Anabaena. Esta asociación de fento e alga aprovéitase nos cultivos tropicais para nitroxenar e estercar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Base de Schiff.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Referido ao solo ou do tipo de vexetación que non é de distribución limitada a unha zona climática.

    2. Aplicado ao solo pouco evolucionado que conserva a maioría de caracteres da rocha nai, o que non lle permite adquirir os caracteres zonais da rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia de esparmatozoides maduros no esperma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de rapina de ata 63 cm de lonxitude e 120 cm de envergadura na femia, que é bastante máis grande ca o macho. O azor é de cores escuras no dorso e esbrancuxadas no ventre, cunhas pequenas franxas transversais marróns, e presenta unha lista branca por riba do ollo. Aliméntase principalmente de aves de tamaño medio, que captura á espreita dende un pousadeiro ou perseguíndoas nun voo potente e áxil entre a vexetación. Habita nos bosques, xeralmente de coníferas, de Eurasia e Norteamérica. En Galicia é unha rapina común. Foi empregada como ave de cetrería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de azorar ou azorarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar ou sentir turbación.

    VER O DETALLE DO TERMO