"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

  • Familia nobre italiana orixinaria de Siena. O Papa Paulo V pertencía a esta familia. O seu sobriño, Marco Antonio Borghese (morto no 1658), foi nomeado príncipe de Sulmona, no Reino de Nápoles-Sicilia (1607). No 1633 herdou dos Savelli o Ducado de Poggio-Nativo, o Papa Urbano VIII dooulle o Ducado de Palombara (1636), e no 1637 concedéuselle o título de Grande de España. Nos ss XVII e XVIII a familia Borghese incorporou aos seus dominios os principados de Rossano (1681) e Meldona (1723), e o Ducado de Giuliano (1768); así mesmo, entroncou mediante enlaces matrimoniais con ilustres familias como os Aldobrandini (1638) e Salviati (1768). Camillo Borghese, sexto príncipe de Sulmona (morto no 1832), e marido de Paulina Bonaparte, foi gobernador do Piemonte francés (1807-1814). O seu irmán Francesco Borghese, príncipe de Aldobrandini, logo da morte de Camillo, dividiu as herdanzas dos Borghese, Aldobrandini e Salviati entre os seus fillos Marco Antonio, Camillo e Scipione Borghese, dos que descenden...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga vila fundada en Roma a principios do s XVII polo cardeal Scipione Caffarelli Borghese. A construción é obra de Jan van Santen (Vasanzio) e os xardíns foron deseñados por Domenico Savino. Transformada parcialmente nos ss XVIII e XIX, no 1902 foi adquirida polo estado italiano e actualmente é parque público de Roma. Contén a Galleria Borghese, que posúe a gran colección de obras de arte reunida polos príncipes Borghese: pinturas de Botticelli, Antonello da Messina, Raffaello Sanzio, Correggio, Caravaggio; e estatuas de Bernini e Canova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma italiana coa que é xeralmente coñecida a familia Borja.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador italiano. Foi director do Centro Studi d’Arte Preistórica de Pinarelo. Dedicado ao estudo da arte rupestre, colaborou co Instituto Padre Sarmiento na análise das manifestacións rupestres galegas. Entre as súas obras salientan: La mappa litica di Rocio Clapier (O mapa lítico de Rocio Clapier, 1969), Studio metodico-cronologico del repertorio di sculture préhistorice della zona de Fentáns-Galicia, Spagna (Estudio metódico-cronolóxico do repertorio de esculturas prehistóricas da zona de Fentáns-Galicia, España, 1973). Foi distinguido polo Padroado do Pedrón de Ouro co Pergameo de Honra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e moralista italiano. Da orde dominicana, foi bispo de Bitonto e, despois, de Cervia, e médico de tres papas. Utilizou narcóticos para as operacións e mercurio para as doenzas da pel, así como alcohol vínico para as feridas. Autor de diversas obras, dedicoulle ao bispo de València Andreu d’Albalat a súa Chirurgia, amais dun tratado de veterinaria e outro de falcoería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de diversas entidades xeográficas, políticas e administrativas que se sucederon dentro da área xeral dos vales do Rhône superior e do Saône, penetrando dabondo, con diferente profundidade, dentro da conca do Sena e estendéndose ocasionalmente polo Rôhne abaixo ata o mar, ou ao pé mesmo dos Alpes ata penetrar nas concas do Rin e do Po. É unha rexión na que se distinguen diversas áreas: a setentrional, denominada Baixa Borgoña, drenada polos ríos Yonne e Armançon; a occidental, que se estende sobre unha parte do macizo do Morvan; a área oriental ou Alta Borgoña, que descende ata as terrazas do río Saône; e a meridional, onde se atopa a rexión industrial de Montceau-les-Mines e Le Creusot. Co nome xenérico Borgoña desígnanse os diversos viños producidos no NO francés, na Alta Borgoña (Côte d’Or), na Baixa Borgoña (Chablis, Irancy), no Mâconnais e no Beaujolais, e que están protexidos por un complexo sistema de Denominación de Orixe (tanto se aplica a unha comarca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga provincia de Francia, limitada ao N por Champagne, ao O polo Nivernés e o Borbonés, ao S polo Lionés e a Bresse, e ao L por Savoia e o Franco Condado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia que abrangue os departamentos de Ariège, Côte d’Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne (31.582 km2; 1.623.900 h [estim 1995]). A capital é Dijon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casa ducal que foi rexida por tres dinastías sucesivas: a primeira, inaugurada por Ricardo o Xusticeiro, conde de Autun, reinou dende o 877 ata o 943; a segunda, dos robertianos e capetianos, orixinou a primeira dinastía real portuguesa ao casar Enrique coa filla de Afonso VI, que lle outorgou o condado de Galicia (1090), do que se escindiu o condado de Portugal, e que durou dende o 943 ata 1361. En 1363 o Rei Xoán II creou o Ducado de Borgoña para o seu fillo Filipe II o Ousado, quen iniciou a terceira dinastía, a dos Valois, que durou ata a morte de Carlos I o Temerario (1477). O monarca francés confiscoulle o ducado a María, filla do último duque e muller de Maximiliano I de Austria. Os sucesores, os reis de España, continuaron titulándose duques de Borgoña. O título foi incorporado definitivamente á coroa francesa por Luís XIV e, dende o 1682, empregárono os primoxénitos do delfín de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canal de Francia que enlaza as concas do Sena e do Saône, construído entre 1775 e 1832. Esténdese dende a confluencia do Armançon e do Yonne, afluente do Sena, seguindo o curso do Armançon e despois o do río Ouche. Pasa por Dijon e desemboca no Saône, en Saint-Jean-de-Losne. Ten unha lonxitude total de 242 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Círculo formado polo Franco Condado e as provincias dos Países Baixos (Brabante, Limburg, Luxemburgo, Flandres, Artois, Hainaut, Holanda, Zelanda, Namur, Anveres, Frisia, entre outras). É a zona do ducado de Borgoña que, trala morte de Carlos o Temerario (1477), quedou baixo a soberanía dos Habsburgo. O círculo acadou entidade xurídica no 1512, na dieta de Colonia, onde o Imperio foi dividido en dous círculos. En 1551 Carlos V cedeuno á rama austríaca española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Philippe Biguerny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Exerceu a súa obra artística a partir de 1494, sobre todo en Toledo. Trala morte de Pedro Berruguete rematou o retablo maior da catedral de Ávila (1508). Na catedral de Toledo traballou na decoración da sala capitular (1509-1511); para a capela mozárabe pintou La conquista de Orán (1514). A súa obra representa a transición entre o Gótico e o Renacemento. Realizou encargos tamén para o cardeal Cisneros na Universidad de Alcalá de Henares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión de Francia situada entre os Vosgos e o Jura, paso estratéxico entre os vales do Rin e do Saôna. Por este paso construíronse as vías de comunicación (estradas, ferrocarril, canle Rin-Rhône) que unen eses dous vales.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Borgoña, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Habitante ou natural da Borgoña.

    3. Dialecto francés que se estendeu pola antiga Borgoña, o Nivernais e parte da Champagne.

    4. Individuo do bando francés, inimigo dos armañagueses, que seguiu as directrices dos duques de Borgoña.

    5. Arte desenvolvida na rexión borgoñona. A historia da arte borgoñona debeuse iniciar na época galo-romana, aínda que sen unhas características locais propias baixo o dominio imperial. O establecemento dos burgundios supuxo a introdución da arte xermánica (sepulturas de Charnay-lès-Chalon). Do dominio carolinxio queda unha obra moi importante: as criptas de Saint-Germain de Auxerre (mediados do s IX). Co Románico xurdiu a verdadeira arte borgoñona. Os seus edificios dos ss XI e XII responden a tres esquemas construtivos: un primeiro grupo con Cluny III e as catedrais de Langres, de Autun, de Paray-le-Monial; o segundo coa Madeleine de Vézelay, Anzy-le-Duc, e Saint-Lazare e Saint-Martin-du-Bourg en Avallon; e o terceiro, Fontenay. Na escultura, un só estilo unifica capiteis (Cluny, Autun ou Saulieu) e tímpanos (Autun, Vézelay ou Anzy-le-Duc), caracterizada pola espiritualización da figura humana e o delicado sentido do movemento. A pintura presenta certas peculiaridades (murais de Berzé-la-Ville)...

    6. Arte musical de diferentes tendencias estéticas cultivada na corte de Borgoña no s XV. Compositores de diferentes países como Binchois, Dufay, Ockeghem e Busnois, encontráronse na corte de Borgoña e influíron na formación da linguaxe musical internacional propia da Europa do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do Benin (51.000 km2; 816.278 h [1992]). A capital é Parakou (106.708 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade de Noruega, no fylke de Sogn og Fjordane, coñecida pola súa stavkirke (igrexa de madeira, 1150?), a máis antiga das conservadas no país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca e fábrica alemá de vehículos automóbiles fundada no ano 1938 en Bremen por Carl F. W. Borgward e a empresa automobilística Hansa-Lloyd Werke. O modelo de máis éxito foi a Isabella, automóbil de turismo construído entre 1954 e 1961.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de marsupiais fósiles propios da Patagonia. Eran plantigrados, de ata 1,5 m de lonxitude, corpo groso, cola longa e dentición similar á dos carnívoros placentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lucrecia Borja González de Riancho.

    VER O DETALLE DO TERMO