"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca do Alt Empordá, no cabo de Creus (1.852 h [1996]). Porto pesqueiro na súa orixe, as actividades náuticas deportivas convertérono nun centro turístico de gran relevancia internacional nos anos cincuenta e sesenta, potenciando o carácter de lugar de veraneo das clases burguesas catalanas, que adquirira dende comezos do s XX. Tamén, grazas á residencia do pintor Salvador Dalí, converteuse nun gran centro de atracción para pintores e escritores vangardistas como André Breton, García Lorca, Paul Éluard, Man Ray e Max Ernst, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Corda que se lles pon ás vacas, atando conxuntamente os cornos e as pernas para que non escapen ou para que permanezan quietas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anaco de monte que, despois de incendiarse, aínda conserva en pé os talos chamuscados ou medio carbonizados das plantas, especialmente dos toxos.
-
-
Apelido que ten a súa orixe no topónimo Cadaval que remite á abundancia de cádavos. Documéntase no s XV: “Alvaro de Cadabal” (doc ano 1459 en X. Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, II, 1967, p 359). Unha variante gráfica deste é Cadabal, e outro que ten o mesmo significado é Cadaveiro.
-
Liñaxe natural dos arredores de Tui, que emparentou con ilustres familias de Galicia como os Soutomaior, Goyanes, Ozores, etc. As súas armas levan, en campo de ouro, dous piñeiros de sinople sobre unha terraza da mesma cor, dúas cabras de sable empinadas, unha a cada tronco, e entre os piñeiros unha flor de lis de azul; no xefe as ás e a cola dun voitre da súa cor natural. Algúns traen en campo de ouro, dúas árbores de sinople e dous lobos da súa cor, empinados un a cada tronco, e entre as árbores unha flor de lis de azul; no xefe dúas ás de sable. Outra variante ostenta, en campo de ouro, unha árbore de sinople e dous lobos da cor empinados ao tronco, e superando a árbore dúas flores de lis de azul, postas en pao; no xefe dúas ás de sable. Algúns heraldistas aínda reseñan outro escudo que leva, en campo de azul, dúas follas de parra de sinople con cadanseu acio da súa cor.
-
-
GALICIA
Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Humanista. Foi catedrático de Gramática na Universidade de Santiago de Compostela e, probablemente, abriu un estudo en Ourense onde tivo como discípulos os poetas Arrojo, Cuquejo e Rojo. En 1565 trasladouse a Lisboa onde puido impartir clases na Universidade de Coimbra. Publicou varias obras en prosa e en verso escritas en latín e asinadas co pseudónimo de Cadalvalus Gravius Calydonis Tydensis. En 1568 publicouse en Lisboa un tomo que incluía catro cadernos con varias das súas obras: Caderno I que recolle Triumphalis tumulus, Epitaphium, dous Encomiasticon carmen e De platano extempore carmen; Caderno II que recolle Branchyologia, Monocolon encomiasticonque carmen e dous Distrophon carmen; Caderno III que recolle Monocolon encomiasticonque carmen e Poeticae comendatio; e Caderno IV que recolle o poema Pithyografia. Ademais escribiu: De obitu et apotheosi invitis. Joan III Lusitaniae et Algarbiorum regis...
VER O DETALLE DO TERMO -
DUCADOS
Título portugués concedido en 1648 a Nuno Álvares Pereira de Melo, considerado o máis importante de Portugal despois dos títulos da casa real; leva engadido o tratamento de sobriño do rei.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Cadaval Ayaso.
-
GALICIA
Parroquia do concello de Pastoriza, a. baixo a advocación de San bartolomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite entre as parroquias de Pousada (concello de Baleira) e Pedrafita de Camporredondo (concello de Baralla). O seu cumio atópase a 785 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cadaval.
-
-
Corpo morto dunha persoa ou dun animal. Despois da morte, nun primeiro momento, hai unha parada das funcións vitais, seguida dunha serie de transformacións durante as primeiras horas (arrefriamento, rixidez, lividez, inicio da putrefacción); finalmente, ten lugar a descomposición do cadáver coa licuefacción das vísceras, a destrución por diferentes microorganismos e insectos necrófagos e a esqueletización. En determinadas circunstancias este curso normal pode sufrir modificacións, xa sexa por causas naturais (momificación, adipocira, corificación) ou por causas artificiais (embalsamamento). As lexislacións regulan o destino dos cadáveres (inhumación, incineración, etc) e o seu establecemento definitivo (sepultura), unha vez certificada legalmente a defunción e despois de transcorrer un tempo normal de observación (24 horas); sen embargo, en casos especiais, como os de morte violenta ou sospeitosa, se as actuacións xudiciais o esixen, os cadáveres custodiados polos servicios de medicina...
-
Persoa que presenta un aspecto pálido porque perdeu o seu bo estado físico.
-
Xogo colectivo practicado polos escritores, pintores e debuxantes surrealistas, principalmente entre os anos 1925 e 1930, encamiñado á creación artística. Trátase dun exercicio no que se compón un escrito ou un debuxo entre varias persoas nun mesmo papel, dobrado para que ningún participante teña acceso ás colaboracións que o preceden ata o final, momento no que se descobre o conxunto e se valora o resultado. O xogo recibiu o seu nome da primeira frase obtida mediante esta técnica: Le cadavre exquis boira le vin nouveau. Baséase na libre asociación de ideas, o mesmo que a escritura automática, neste caso, colectiva, e supón, sobre todo, unha distracción mental que relega o xuízo crítico en favor da exploración das capacidades creativas do subconsciente, reivindicando o principio do pracer. Orientado á posta en común do pensamento colectivo, ilustra a fórmula de Lautréamont “La poésie sera faite par tous. Non par un”. Entre os seus cultivadores cóntanse André Breton, Paul Éluard,...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cadáver.
-
Que ten as propiedades, a cor ou o aspecto dun cadáver.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diamina de cadea lineal, fumegante e semellante a un xarope, que se fonde a 9°C e é soluble nos disolventes orgánicos. Prodúcese na putrefacción dos organismos, como produto final da descomposición dalgúns aminoácidos (ornitina e lisina) e, en xeral, das albuminas. É a causa do fedor nos cadáveres.
-
-
Resto leñoso de toxo que queda ergueito tras un incendio.
-
Pao seco e delgado empregado como leña.
-
abrótega.
-
Peixe que, durante os primeros estadios, xusto despois da eclosión e antes do estado de larva, depende nutricionalmente do vitelo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación de santa María Madalena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que leva os paos aos xogadores de golf.
-
-
Relativo ou pertencente aos caddos ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo caddo.
-
Pobo orixinario do NL de Texas que se estendeu polo SO de Arkansas. A súa sociedade estruturábase en clases e dedicábase maioritariamente á agricultura. A maior parte deste pobo reside en reservas situadas no oeste de Oklahoma. A súa poboación ascende a 1.800 individuos repartidos nas tribos Cahinnio, Hasinai, Kadohadacho, Nanatsoho, Upper Nasoni, Upper Natchitoches e Upper Yatasi.
-
Lingua de América do Norte que conta con 141 falantes no O de Oklahoma. Antigamente se estendía ata o noroeste de Texas e o sudoeste de Arkansas, pero hoxe en día está en claro retroceso.
-
-
-
Fechadura non fixa provista dunha barra que se introduce nas argolas dunha caixa, armario, porta, etc. Consiste nunha caixa que contén os mecanismos de fechadura e da que saen os dous extremos dunha barra, polo xeral en forma de U, un articulado e o outro provisto dunha fenda onde encaixa o pasador. Os mecanismos de fechadura poden ser substituídos por unha combinación que, por medio dun xogo de fendas e saíntes, traba o brazo articulado da barra.
-
-
Sucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.
-
Obxecto formado por unha serie de aros de ferro que vai pendurado na lareira e leva un gancho no extremo inferior para colgar potes ou caldeiros metálicos sobre o lume.
-
Conxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.
-
Sucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento. Ademais das cadeas ordinarias existen as articuladas; dentro destas cómpre distinguir as de roletes, as sinxelas, as dentadas e as Galle. As cadeas de roletes están formadas por dúas clases de elos: unhas compostas de dous porlóns suxeitos por dúas platinas en forma de oito, e outras compostas de dous elos, sobre os que xira lixeiramente un rolete tubular, suxeitos por dúas platinas iguais ás anteriores. As cadeas sinxelas diferéncianse das anteriores porque non teñen roletes. Nas cadeas dentadas, o parafuso sostén un gran número de platinas en forma de dente e a metade destas platinas pertencen ao elo seguinte. As cadeas Galle son cadeas de roletes reforzadas por medio de platinas múltiples.
-
Disposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.
-
cadea de agrimensor
Cadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.
-
cadeas antiescorregantes
Conxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.
-
-
-
...
-
-
-
-
-
Sucesión de aneis enlazados entre si, xeralmente de metal.
-
Obxecto formado por unha serie de aros de ferro que vai pendurado na lareira e leva un gancho no extremo inferior para colgar potes ou caldeiros metálicos sobre o lume.
-
Conxunto de elos metálicos co que se une a áncora á embarcación.
-
Sucesión de elos de formas moi diversas, dunha gran resistencia, enlazados un a continuación do outro, que se emprega para aguantar, arrastrar, levantar cargas ou para transmitir o movemento. Ademais das cadeas ordinarias existen as articuladas; dentro destas cómpre distinguir as de roletes, as sinxelas, as dentadas e as Galle. As cadeas de roletes están formadas por dúas clases de elos: unhas compostas de dous porlóns suxeitos por dúas platinas en forma de oito, e outras compostas de dous elos, sobre os que xira lixeiramente un rolete tubular, suxeitos por dúas platinas iguais ás anteriores. As cadeas sinxelas diferéncianse das anteriores porque non teñen roletes. Nas cadeas dentadas, o parafuso sostén un gran número de platinas en forma de dente e a metade destas platinas pertencen ao elo seguinte. As cadeas Galle son cadeas de roletes reforzadas por medio de platinas múltiples.
-
Disposición dos urdidos para o seu transporte, imitando os elos dunha cadea.
-
cadea de agrimensor
Cadea formada por barras de ferro que se unen por medio de aneis, de dous metros de lonxitude, e que se emprega para medir terreos.
-
cadeas antiescorregantes
Conxunto de cadeas utilizadas nos pneumáticos dos vehículos para ter máis adherencia cando se circula sobre xeo ou neve.
-
-
-
Conxunto de emisoras de radionavegación que emiten uns sinais que indican a posición dun barco ou dun avión.
-
...
-
-