"EGU" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 415.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Tui. Datada en época medieval (s XII), pertencía a un antigo mosteiro xa desaparecido. Do templo medieval consérvase a nave. Na fachada occidental destacan tres arquivoltas de directriz semicircular con xambas e columnas monolíticas cos capiteis decorados. A portada norte ten capiteis decorados e a do sur posúe unha chambrana de billetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Trobo (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 841 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino, sobriño e fillo adoptivo de Plinio o Vello. Coñecido como Plinio o Mozo, formouse con Quintiliano, exerceu como avogado e ocupou diversos cargos civís e militares. Autor do Panegyricus Traiano ditus, protexeu a algúns literatos da época e os cristiáns, que previamente condenara ao suplicio. Amigo de Tácito, estimou a elocuencia e proclamouse seguidor de Cicerón e Demóstenes, pero a súa oratoria foi artificial, como tamén as súas máis de 350 Epistulae, ordenadas en dez libros, que constitúen a parte máis importante da súa obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor latino. Coñecido co nome de Plinio o Vello, autor segundo o seu sobriño de obras históricas e gramaticais, cun estilo máis científico ca literario. Membro da clase dos equitas, cando subiu ao poder Vespasiano recibiu cargos de confianza. Redactou entón unha historia de Roma, hoxe perdida, e a Naturalis Historia, dedicada a Tito e publicada no ano 77, a súa única obra conservada, en que constan moitos datos. Conselleiro de Tito, estaba considerado un dos homes máis eruditos da Roma da época. Partiu o 24 de agosto do ano 79 para tomar notas da erupción do Vesubio e morreu nesta empresa, sepultado pola corrente volcánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (2.789 h [2001]). A agricultura, dedicada principalmente a forraxe, prados e cereais, viuse minguada co desenvolvemento da industria, onde destacan os sectores agroalimentario, hidroeléctrico, téxtil e da madeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Aguións (A Estrada). Ten planta en forma de L, con planta baixa e piso. Destaca a cheminea e a decoración da fachada, cun pórtico formado por tres arcos rebaixados e porta arquitrabada á que se accede por unha escaleira. Ten capela anexa, hórreo e pombal. O recinto está amurallado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten preguiza.

    2. Que dá preguiza.

    3. Mamífero da orde dos xenartros, cunha lonxitude desproporcionada das extremidades en relación ao corpo, cabeza de moi pequeno tamaño e un dobre pelame de cor gris, con algas unicelulares incrustadas que lle dan unha cor verdosa para camuflarse. Son animais solitarios que pasan case todo o día durmindo, con movementos moi lentos e que se desprazan colgados polas ramas das árbores. Pertencen aos xéneros Bradypus, con tres dedos nos pés e nas mans, e a cola curta, e Choloepus, con tres dedos nos pés e dous nas mans e sen cola. Os dedos son sindáctilos, con unllas longas e curvadas que empregan para pendurarse das ramas.

    4. Derradeiros reis da dinastía merovinxia que a partir de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austrasia, abandonaron o exercicio do poder en mans dos mordomos de palacio. Os outros reis foron Clodoveo III, Khildeberto III de Neustria-Borgoña, Dagoberto III, Khilperico II, Teodorico IV e Khilderico III, quen foi destronado por Pipino I o Breve en 751.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repugnancia ou aversión ao traballo ou á vida activa.

    2. Falta de ganas, ánimo, interese ou vontade para realizar algo.

    3. Lentitude na realización de algo.

    4. Sétimo e derradeiro dos pecados capitais, oposto á dilixencia, segundo o catecismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preguiceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de preguntar.

    2. Palabras con que se pregunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pregunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formular ou demandar a alguén unha cuestión ou unha información.

    2. Pedir información sobre algo.

    3. Ter dúbida sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Furco (Carballedo). O seu cumio acada os 1.063 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.395 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Baroña (Porto do Son).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pregunta moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de pregustar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Probar unha comida por adiantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Nigrán baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO