"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • Relativo ou pertencente ao sistema nervioso vexetativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é de orixe nerviosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio do desenvolvemento embrionario, posterior á gastrulación, onde se forma o tubo neural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso embrionario que conduce á formación da néurula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao N de Europa ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do N de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario francés de información xeral fundado en 1964 en París por C. Perdriel e J. Daniel. Mantén unha liña política próxima ao Partido Socialista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política que fundou en Berna, en 1834, Giuseppe Mazzini, cunha doutrina parecida á da Nova Italia. Reunía teoricamente todos os partidarios nacionalistas europeos e buscaba rexenerar o continente. Foi disolta en 1836, cando o goberno suízo expulsou a Mazzini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral editada en Vigo a partir da primavera de 1994. Subtitulouse “Boletín do departamento de patrimonio histórico e medio ambiente do Concello de Vigo”. Cesou ao redor da primavera de 1995. Dirixido por Rafael Ojea Pérez, contou coa asistencia técnica de Gonzalo López Márquez. Nos seus apartados, sempre cunha perspectiva de respecto ao medio natural, tratou temas relacionados coa arqueoloxía, a etnografía, a mellora ambiental, a natureza urbana, a historia, a inspección ambiental, a biodiversidade e as directivas e normativas europeas. Destacou polo seu rigor científico e a súa capacidade divulgativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido do ácido cafeico (C9H8O4) esterificado cun polifenol. Ten sabor amargo, atópase nas olivas e destrúese con álcalis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera de Ch. W. Gluck estreada en 1762 en Viena. Dividida en tres actos, pretendeu incorporar a antiga traxedia grega e a estrita e elexíaca aproximación do teatro grego ás correntes da ópera vienesa daquela época. Gluck, aconsellado polo libretista R. Calzabigi, fixo unha reforma da ópera, suprimindo as incongruencias e a supeditación absoluta do texto que se introducira na época barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado en 1948 en París para administrar o Plan Marshall. Composto inicialmente por Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Reino Unido, Grecia, Holanda, Irlanda, Islandia, Italia, Luxemburgo, Noruega, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía, en 1949 incorporouse a República Federal de Alemaña e en 1959 España. Promotora da liberación dos intercambios comerciais e da integración rexional en mercados, a creación da CEE e da EFTA forzaron unha renovación, motivo polo que foi disolta en 1961 para converterse, ampliada, na OCDE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución intergobernamental que se fundou en 1954 co nome de Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire por Alemaña, Bélxica, Dinamarca, Francia, Grecia, Italia, Iugoslavia (retirada en 1961), Noruega, Países Baixos, Reino Unido, Suecia e Suíza para a investigación, fundamentalmente no campo da física das altas enerxías. Posteriormente incorporáronse Austria (1959), Bulgaria (1999), Eslovaquia (1993), España (1961, retirouse en 1969 e volveu incorporarse en 1983), Finlandia (1991), Hungría (1992), Polonia (1991), Portugal (1985) e República Checa (1993). A sede e as instalacións están preto de Xenebra, na fronteira francosuíza, e componse dos emprazamentos de Meyrin e Prevessin. Son importantes os seus aceleradores de partículas e os aneis de colisión. Dos feitos acadados destacan o descubrimento das correntes neutras (1973) e a detección dos bosóns intermediarios (1983). Neste centro tamén se crearon as especificacións básicas da World Wide Web dentro de Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en Budapest o 6 de decembro de 1994, herdeira da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa (CSCE). Nela participan 55 países de Europa, Asia e América do Norte, e ten a súa sede en Viena. Os seus obxectivos son o fomento da paz, da seguridade, da xustiza e da cooperación en Europa. A CSCE era unha organización rexional creada co obxectivo de defender a seguridade en Europa e fomentar a cooperación económica, científica, tecnolóxica, cultural e do medio natural entre os países europeos. Naceu en 1972 dunha serie de conferencias que deron lugar á Acta Final de Helsinqui sobre as relacións Leste-Oeste firmada o 1 de agosto de 1975 na Conferencia de Helsinqui. Posteriormente tiveron lugar as conferencias de Belgrado (1977-1978), de Madrid (1980-1983) e de Viena (1986-1989). As áreas de competencia da CSCE incrementáronse coa Carta de París para unha nova Europa (1990), que transformou a CSCE nunha organización consolidada no Acordo de Helsinqui (1992)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engrosamento anormal da pleura, secundario á persistencia de derramos pleurais sanguinolentos ou supurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea lexislativa, con sede en Estrasburgo, que supervisa a acción dos órganos executivos da Unión Europea, como o Consello de Ministros e a Comisión Europea. Elixida de forma directa polos cidadáns dos estados membros desde as primeiras eleccións de 1979, o número de deputados variou en función dos estados membros. Así en 2004 (VI lexislatura) estaba composta por 732, dos que 54 lle corresponden a España. Está composta polo presidente, que dirixe o conxunto das actividades do Parlamento e dos seus órganos e preside as sesións plenarias, as reunións da Mesa e as da Conferencia de Presidentes; a Mesa, composta polo presidente, por 14 vicepresidentes e cinco cuestores, órgano directivo da institución no ámbito regulamentario, competente en materia do presuposto do Parlamento, das cuestións administrativas, de persoal e de organización; e a Conferencia de Presidentes, órgano de dirección política composto polo presidente do Parlamento e os presidentes dos grupos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Efecto que consiste na inhibición da glicólise (ou da fermentación alcohólica) dunha célula, debida á presenza de osíxeno, que permite, por contra, a respiración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biólogo francés. Doutorado en Ciencias (1847), ensinou física e química en Dijon, Estrasburgo e Lille. En 1857 foi nomeado administrador da École Normale Supérieure. Estudou cientificamente a fabricación do viño e as doenzas do verme de seda. En 1873 comezou a investigar as enfermidades infecciosas humanas, especialmente a rabia. Rebateu a teoría da xeración espontánea e realizou estudos sobre a fermentación e as novas técnicas de conservación do leite (pasteurización). Desenvolveu as primeiras vacinacións antirrábicas e a súa teoría microbiana inspirou medidas de asepsia e antisepsia. O instituto que leva o seu nome conformouse como un centro de ensino, investigación e elaboración de soros e vacinas de utilidade mundial. A obra escrita por Pasteur foi recollida e publicada integramente polo seu neto Louis Pasteur Vallery-Radot, e apareceu en París co título de Oeuvres completes (1924-1939), en sete volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias cocos gramnegativas da familia das pasteureláceas, inmóbiles, de forma alongada ou elipsoide, anaerobias facultativas, parasitos obrigados dos animais e patóxenos para o home (P. pestis é o axente causante da peste bubónica) e para os animais (P. multocida ataca os bóvidos, os porcos e as ovellas e provoca nos paxaros o cólera aviario).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das infeccións dos animais producidas por bacterias do xénero Pasteurella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para a conservación de alimentos, ideado por L. Pasteur, que consiste no seu quentamento a temperaturas variables (máis suaves ca na esterilización) durante un tempo determinado en función das temperaturas, e o inmediato arrefriamento. Así destrúense as formas vexetativas dos xermes patóxenos e dos xermes banais (de maneira que diminúe o número de xermes totais) e impídese a acción dos enzimas dos alimentos, de xeito que non sexan esenciais as modificacións sensoriais e nutritivas. Dado que non son esterilizados, os alimentos pasteurizados deben ser gardados en frío ou condicionados de maneira apropiada e sempre durante un tempo limitado. Pasteurízase a cervexa, o viño, os zumes de froita e, sobre todo, o leite e os derivados lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO